Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2019.

FESTA FIN DE CURSO 2019

20190618150637-1.jpg

Na ANPA seguimos coa despedida deste curso. Despois das excursións a Ons e ao parque acuático de Amarante, temos as dúas últimas actividades:

 

1) A festa de fin de curso!!!Terá lugar no colexio o venres día 21 de 17:15 a 20:15 hs.Se accede a ela polo portal de arriba. Haberá inchables, xogos, obradoiros, merenda... Para os socios da ANPA a entrada é de balde. O prezo para os que non sexan socios é de 5€.

 

2) Nos derradeiros días de clase, como é habitual, a ANPA repartirá xeados a todos os nenos do cole.

 

Lembrade que os que están admitidos no comedor para o vindeiro curso teñen que formalizar a matrícula os días 25 ou 26 de xuño en horario de 11 a 13 hs.

 

A directiva deséxavos un bó verán.