ASAMBLEA XERAL ORDINARIA -MERCORES 20 SETEMBRO
Dende a ANPA O Piñeiro queremos convocarvos á Asamblea Xeral Ordinaria que levaremos a cabo no salón de actos do cole o vindeiro mércores 20 de setembro ás 18.00 hs. en única convocatoria. A orde do día será a seguinte:
1. Lectura e aprobación da acta da Asamblea Xeral Ordinaria anterior.
2. Memoria de actividades levadas a cabo pola ANPA no anterior curso 2016-2017.
3. Estado actual das contas.
4. Actividades previstas para o presente curso.
5. Información acerca do futuro comedor escolar que se vai implantar no noso colexio e que será xestionado pola ANPA.
6. Renovación, baixas e posibles incorporacións á Xunta directiva.
7. Rogos e preguntas
0 comentarios