Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/2018

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/2018

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ofertadas pola nosa ANPA, realízanse no colexio, comezan o 1 de outubro e ríxense polo calendario escolar (os días non lectivos tampouco impártese a extraescolar). A estas actividades pode asistir alumnado doutros centros, aportando 10€ en concepto de inscrición. O pago das cuotas xestiónanse directamente cos monitores das mesmas. Son as seguintes:

 

LUNS, 16. 30 a 17.30 hs.: CAPOEIRA.15€/mes. Ed. Infantil e Primaria. Tamén hai a posibilidade de acudir tres días á semana ao ximnasio Dojo Berserkers (rúa Escardia,7) abonando 30€/mes.

MARTES, 16.30 a 17.30 hs: TENIS.12€/mes. Ed. Primaria.

MARTES, 16.30 a 17.30 hs: MINI ROBÓTICA (iniciación).Ed.Infantil+1º Primaria.12€/mes.

MARTES, 17.30 a 18.30 hs: ROBÓTICA (programación, funcionamento e construcción de robots con material de reciclaxe, física, electrónica, etc.). A partir de 2º Primaria. 12€/mes.

MÉRCORES, 16.30 a 17.30 hs: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Ed. Infantil e Primaria.15€/mes (con materiais e ingredientes incluidos).

MÉRCORES, 17.30 a 18.30 hs: EDUCACIÓN EMOCIONAL CON CANS. Utilízanse cans de terapia (da raza “Labrador”) para potenciar as fortalezas en lugar das carencias dos nenos, aprender a identificar e xestionar emocións, traballar o autoconcepto, previr o acoso, resolver conflictos de forma positiva, mellorar a expresión emocional, aprender técnicas de relaxación, etc. Ed. Infantil e Primaria. 15€/mes.

XOVES, 16.30 a 17.30 hs: MÓVETE DANCE (zumba, bailes, xogos…). Ed. Infantil e Primaria. 12€/mes.

XOVES, 17.30 a 18.30 hs: CIENCIA DIVERTIDA (achegamento á física, química e bioloxía a través de experimentos). De 5 a 12 anos. 12€/mes.

VENRES, 16.30 a 18.00 hs: TEATRO EN NGLÉS (profesora nativa). Ed. Infantil e Primaria. 15€/mes.

 

PLAN MADRUGA: Desenrólase no ximnasio e na pista exterior anexa (cando o tempo o permite), e débese acceder a el a través do portal de arriba entre as 8.30 hs. e as 9.05 hs., hora na que se pecha o portal. A cuota abonarase á monitora dentro dos 3 primeiros días de cada mes.

O servizo comeza o xoves 14 de setembro (o mes de setembro cobrarase a metade do importe).

Prezos:

- No caso de que se xunten máis de 10 nenos: Mes completo: 25€. Medio mes (quincenas, semanas alternas ou dous días á semana): 15€.

 

- No caso de que se reúnan menos de 10 nenos: Mes completo: 30€. Medio mes: 20€.

 

- Días soltos: 2,50€. Neste caso, o importe pagarase no mesmo momento de deixar o neno neste servizo. Non fai falla avisar con antelación, xa que pódese usar por posibles causas imprevistas na familia.

 

Se estades interesados nalgunha actividade, pregamos que depositedes o seguinte impreso de inscrición na urna que atoparedes na entrada do colexio ata o luns 25 de setembro. O mércores 27 avisaremos no taboleiro da entrada e vía Facebook (Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño) que actividades acadaron grupo.

Un saúdo.

Xunta directiva da ANPA O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOME DO ALUMNO: CURSO:

 

TELÉFONO:

 

ACTIVIDADES ESCOLLIDAS:

 

0 comentarios