ORDE do 26 de marzo do 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
- Descrición:
Dirección Xeral de Familia e Inclusión: prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
Contía:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.Persoas beneficiarias:
Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Os estranxeiros que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, e os requisitos establecidos nesta norma e teñan a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
Prazo de solicitude: dende o día 2 de abril ao 11 de maio. - Requisitos:
Será requisito necesario para a concesión da prestación:
– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da
documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderáselles requirir para
que presenten documentación complementaria que o demostre.
– Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante. - Documentación necesaria:
1. Novas solicitudes:
A solicitude formalizarase no formulario normalizado, que figura como anexo I desta orde e
que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es,
xunto coa seguinte documentación:
a) Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de
cada un dos fillos/as menores de tres anos.
b) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
c) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e/ou do convenio regulador,
de ser o caso.d) Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa
que a declare.
e) Autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración
Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e DNI (anexo II).
Respecto do solicitante, poderá autorizar na solicitude a Consellería de Traballo e Benestar
para obter do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a verificación dos
datos do seu documento nacional de identidade. Así mesmo, a presentación da solicitude
comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban
emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade
Social e a Consellería de Facenda (artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia).
Para que o seu cónxuxe ou parella poida outorgar tamén as devanditas autorizacións á
Consellería de Traballo e Benestar, deberá cubrir o espazo destinado a tal fin no anexo II. No
caso de que o solicitante e/ou o seu cónxuxe ou parella non queiran dar estas autorizacións,
terán que achegar a copia compulsada dos documentos acreditativos de tales circunstancias.
2. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias:
Se a persoa solicitante recibiu a prestación familiar por fillo menor de tres anos no
ano 2012 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto,
só terá que presentar a solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I), sempre e cando
non se modificasen as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes
do dereito de prestación.
Aquelas solicitudes que se presenten eliminando delas algún dos proxenitores que
figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental correspondente:
– En caso de nulidade, separación ou divorcio: copia da sentenza e do convenio regulador,
de ser o caso.
– No caso de parellas de feito: convenio regulador ratificado polo xulgado, que poderá
substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
– En caso de falecemento: certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia
onde figure esta circunstancia.3. Solicitudes para persoas que non foron anteriormente beneficiarias e solicitaron a
prestación.
– Deberán achegar a documentación establecida no artigo 5.1 desta orde para as
novas solicitudes.
4. No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, a persoa solicitante
deberá presentar copia dixitalizada dos documentos necesarios indicados nos puntos
anteriores.
5. En calquera dos casos anteriores, se a solicitude non está debidamente cuberta ou
non se presenta a documentación sinalada, requirirase o interesado para que no prazo
de 10 días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de
que, se así non o fai, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que
deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,
de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.Forma presentación
Presencial
0 comentarios