CABALGATA REIS 2015
Poñémonos en contacto con vós para participar unha vez máis na Cabalgata de Reis que se celebrará o luns 5 de xaneiro de 2015 ás 19 hs. polas rúas de Vilagarcía. O camiño faráse a pé. Para elo contamos cos traxes de pastorciñ@s utilizados noutros anos.
. É imprescindible que os nenos menores de 7 anos (Ed. Infantil e 1º de Primaria) vaian acompañados durante todo o percorrido por un adulto. Aos máis pequenos poderedes levalos na silla se considerades que non van aguantar todo o camiño andando. Os pais dos nenos de 7 anos en diante tamén poden ir ao seu carón, se así o desexan. Temos traxes de adultos para deixarvos se queredes ir disfrazados.
Dende o Concello ainda non confirmaron se a saída do percorrido será o Auditorio Municipal ou Vista Alegre como o ano pasado. O que si temos é o seu compromiso de que os Reis Magos recibirán aos nen@s que vaian participar na Cabalgata antes de que dea comezo nunha zona que se habilitará única e exclusivamente para eles. En próxima comunicación concretaremos cómo organizaremos o préstamo dos traxes, así como o lugar e a hora na que teredes que estar c@s pequen@s o propio día do evento.
Pregamos aos que esteades interesad@s en participar que depositedes a ficha adxunta cuberta cos datos que se vos solicitan na urna que atoparedes no lugar de costume (a mesa que está a carón de secretaría) ata o mércores 3 de decembro. Tamén podedes anotarvos a través do correo electrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño aportando os datos que pedimos na ficha.
Recibide un saúdo da Xunta Directiva da ANPA "O Piñeiro"
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Inscrición na Cabalgata de Reis 2015
Nome, apelidos e curso (coa letra do grupo. P.ex: 4ºB ou 3 anos A) d@ s nen@s:
Teléfono de contacto:
Necesitades traxe de adulto? (arrodeade a opción que elixides):
NON Sí, feminino Sí, masculino Sí, masculino e feminino
0 comentarios