REUNIÓN COMEDOR ESCOLAR- LUNS 29 XANEIRO ÁS 20:00H

Queridas familias:
Como xa sabedes, en breve poñeremos en marcha o COMEDOR ESCOLAR. Para explicarvos as súas características, o seu funcionamento e dar resposta as dúbidas que poidades ter ao respecto, convidamos a todos os interesados, a unha xuntanza que se vai levar a cabo o vindeiro luns 29 de xaneiro ás 20 hs, na sala de usos múltiples.
Para poder solicitar as mesas e as cadeiras do comedor á Consellería, antes de levar a cabo a inscrición formal, precisamos ter un número aproximado de nenos preinscritos. Por iso, se desexades que os vosos fillos sexan usuarios deste servizo, depositade a ficha cuberta no buzón da ANPA que está colocado na entrada dos nenos de 5 anos e 1º de Primaria, ou ben enviade unha mensaxe privada ao noso facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, ou un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org. Tamén podedes levar a ficha cuberta á reunión.
O periodo de preinscrición queda aberto dende XA ata o día 31 de xaneiro.
Xunta directiva da ANPA O Piñeiro.
(recortar pola liña)
PREINSCRICIÓN NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017-2018.
NOME, APELIDOS E CURSO CON LETRA (p.ex. 2ºA, 5 anos B…) DOS NENOS:
MARCAR O Nº DE DÍAS SEMANAIS QUE PRECISAN DO SERVIZO: 1 2 3 4 5
TELÉFONO DE CONTACTO:
0 comentarios