Severino, o Pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada : Horarios
CALENDARIO-HORARIO
Para as nais e pais do CEIP O Piñeiriño que desexen colaborar
contando un conto a seus fill@s no cole.
Tal como explicamos na pasada asamblea, a ANPA e o profesorado do CEIP O Piñeiriño, temos constituido un pequeno grupo de traballo para montar contos que se podan leer e cantar aos nen@s no horario escolar e deste xeito facilitar a participación das nais e pais que por as razóns que sexan, non poden ir a contar directamente eles, un conto ao cole.
¿Cómo sería esta participación?. O grupo de traballo ten feito xa o texto a leer das diversas partes do conto, as cancións que se cantarían ao final de cada parte (as nais e pais poden axudar a cantar si así o desexan, xa hai persoas e instrumentos preparados para facilitar que os nen@s canten). En cada parte do conto están separados os diversos parrafos da historia. Cada nai/pai que quera colaborar pode leer un destes parrafos. A leitura de cada parte do conto vai acompañada dun fondo en Powerpoint e musica para facer máis facil a atención e o pequeno stress que poda supoñer leer ese parrafo. Esta vez teremos tamén monecos-mascotas do Pavo Severino.
O conto que temos preparado é :
Severino, o Pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada :
Para que cada nai e pai poda participar na leitura do conto na clase de seu fill@, temos feito un calendario dos diversos días, clases e horas que se leería o conto no cole. Mirade este horario e marcade (xunto cos vosos datos e medio de avisaros) que opción escolledes para que podamos organizar a participación das nais/pais que así o desexedes
Graciñas pola vosa atención. Grupo Contacontos.
CEIP O Píñeiriño
(parte para recortar e entregar a ANPA (depositar na URNA) ou ben aos profes Germán e Román)
Nai / Pai : Nome e apelidos :...............................................................................................
Medio de poñernos en contacto e avisarnos : Tfo, email .
Calendario Mes Marzo 2012: (subraiar-Marcar a sesión que podades-querades ir)
Día 27 1ª Sesión--: 12.50-13.20 NEN@S 3 anos (A + B) e 4 anos (A)
2ª Sesión--: 13.20-13.50 NEN@S 5 anos (A + B) e 4 anos (B)
3ª Sesión--: 13.50-14.20 - 3º Ciclo Primaria ( 5º e 6º)
Día 28 1ª Sesión--: 13.00-13.30 - 2º Ciclo Primaria ( 3º e 4º)
2ª Sesión--: 13.30-14.00 - 1º Ciclo Primaria ( 1º e 2º)
0 comentarios