EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES-Domingo 15 de xuño
A excursión será GRATUITA PARA OS/AS NENOS/AS SOCIOS/AS DA ANPA, OS SEUS IRMÁNS E DÚAS PERSOAS ADULTAS POR FAMILIA, ainda que terán que confirmar a súa reserva de praza cubrindo a ficha que aparece máis abaixo e depositándoa na urna que estará colocada na entrada do colexio a tal efecto antes do 6 de xuño.
No caso de que quedaran prazas libres abriráse a inscripción aos NON SOCIOS/AS E A FAMILIARES E AMIGOS DE SOCIOS/AS. Neste caso o prezo da viaxe será de 15€ por persoa (os menores de 3 anos non pagan).
Para formalizar o pago e enterarse de se quedan ou non prazas valeiras, deberán achegarse ao colexio (porche de entrada de Ed. Infantil) o día luns 9 de xuño en horario de 9.30 hs. a 10 hs. As anotacións se farán por estricta orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.
No caso de adversidade meteorolóxica intentaráse establecer unha data alternativa, do cal avisaríamos a todos os viaxeiros mediante correo electrónico, no tablón da ANPA do cole, no noso blogue (anpaopineiro.blogia.com) e no Facebook (Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño). Só se devolverán os cartos en caso de anulación da excursión por non ter posibilidades de trocar a data.
O barco sairá do Peirao de Portonovo (a carón da lonxa), tendo cada viaxeiro que chegar alí no seu medio particular de transporte. A hora de embarque será ás 9.15 hs. O regreso está previsto para as 18.45 hs. (hora en que sairá de Cíes). A duración estimada da travesía é de pouco máis dunha hora.
Pregamos aos socios da ANPA que SÓ SE APUNTEN NO CASO DE ESTAR SEGUROS DE ACUDIR, xa que así facilitaremos que os que non sexan socios e queiran ir poidan facelo. Asemade, no hipotético caso de que no último momento non puidese acudir un socio que xa se apuntara, pedimos que no-lo faga saber (en persoa, a través de e-mail a anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no Facebook) para avisar a posibles viaxeiros que quedasen anotados en lista de agarda.
Para poder viaxar a Cíes é TOTALMENTE IMPRESCINDIBLE que nos facilitedes os nomes e apelidos de todos os viaxeiros e os D.N.I.s de todos aqueles maiores de 14 anos.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRIPCIÓN EXCURSIÓN DAS ILLAS CÍES
NOMES E APELIDOS DOS NENOS/AS E DNIs SE É O CASO:
NOMES, APELIDOS E DNIs DOS ADULTOS (ata dous):
TELÉFONO: E-MAIL:
0 comentarios