Acción de Verán 2014
Acción de verán
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre.
Para favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, a consellería convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2014 que ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.
Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e as demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.
Con base nestes criterios, tanto a Secretaría Xeral de Política Social como a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado acordan integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de xeito que neste ano 2014 as mozas e mozos galegas/os con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das mozas e mozos con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.
Acción de verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN
CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta pola natureza, actividades de multiaventura....
Só tes que animarte a participar!
- Condicións xerais (autorización para a publicación de imaxes, servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, protección de datos)
- Campamentos en Galicia
- Campamentos fóra de Galicia
- Anexo I
- Presentación telemática de solicitudes
- Consulta de solicitudes
- Resultas
- Anexos e documentación
- Consulta a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí
Consulta aquí o PDF
CAMPOS DE TRABALLO
- Campos de traballo en Galicia.
- Campos de traballo noutras comunidades autónomas.
- Campos de traballo no estranxeiro
- Condicións xerais
- Información e teléfonos
- Documentación a entregar
ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.
- Programación de actividades de 18 a 30 anos (programa completo, e separado por actividades)
- Reserva de prazas e actividades
Consulta aquí o PDF
OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
A Consellería de Traballo e Benestar é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2014.
A través da Oferta Concertada, a Consellería de Traballo e Benestar oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 30 de setembro.
Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí
Fuente:http://xuventude.xunta.es/
0 comentarios