Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

CABALGATA DE REIS 2017

CABALGATA DE REIS 2017

Dende a ANPA poñémonos en contacto con vós para participar unha vez máis na Cabalgata de Reis que se celebrará o xoves 5 de xaneiro de 2017 polas rúas de Vilagarcía. Para elo contamos cos traxes de pastorciñ@s utilizados nos anos anteriores.     É imprescindible que os nenos menores de 7 anos (Ed. Infantil e 1º de Primaria) vaian acompañados durante todo o percorrido por un adulto. Os pais/nais dos demáis rapaces tamén poden ir no desfile.  Obrigatoriamente, todo aquel que participe deberá ir disfrazado, tanto nenos como adultos.      A Cabalgata sairá ás 19 hs. do Auditorio Municipal e terminará no Xardín de Ravella. Antes da hora de saída, os Reis Magos recibirán aos cativos que participen nela, poidendo ser acompañados na dita recepción por un número limitado de membros da xunta directiva da ANPA, que serán acreditados polo Concello de Vilagarcía. En ningún caso poderá acceder ningún adulto sen acreditación.       Pregamos que se estades interesados en participar, depositedes a ficha adxunta cuberta no buzón da ANPA que está situado a carón da porta de entrada do alumnado de 5 anos e 1º de Primaria ata o mércores 30 de novembro. Tamén podedes anotarvos a través do correo electrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, aportando os datos que pedimos na ficha.      A semana antes das vacacións de Nadal, os rapaces apuntados levarán unha bolsa cos traxes e unha nota avisando de cando se devolven, e da hora que hai que estar no auditorio. 
     Aproveitamos esta comunicación para lembrarvos que, por mediación da ANPA, Papá Noel fará entrega de chocolatinas a todo o alumnado durante a mañá do venres 23 de decembro, como ven facendo cada ano.       Xunta Directiva da ANPA "O Piñeiro"---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------                             Inscrición na Cabalgata de Reis 2017Nome, apelidos e curso dos nenos (coa letra do grupo. P.ex: 4ºB ou 3 anos A):

Nº teléfono:Marcar para enviar o traxe de adulto:1)Sen acompañante adulto    2)Acompaña a nai   3)Acompaña o pai   4)Acompañan ambos




0 comentarios