Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014

Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014
Ven, 31/05/2013 - 09:00

Obxecto da convocatoria e procedemento

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

 

Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)

0 comentarios