ANDAINA DOMINGO 15 NOVEMBRO 2015-Ruta da pedra e da Auga
ANDAINA pola Ruta da Pedra e da Auga. A mesma terá lugar este domingo 15 de novembro. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso cole (socias da ANPA ou non) unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira:
10.00 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.
10.15 hs.: Saída.
10.45 hs.: Chegada ao merendeiro próximo á Aldea de Pedra.
11.00 hs. aprox.: Comezamos a ruta a pé cara á Armenteira, ida e volta.
13.00-13.30 hs. aprox.:Chegamos ao noso destino, onde xantaremos na área recreativa.
Cada un levará a súa comida e bebida.Non hai establecida unha hora de regreso, cada quen voltará cando o estime oportuno.
Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza xantar con todos, poden unirse acudindo directamente ao merendeiro, tendo en conta o horario aproximado no que temos previsto chegar alí. ´
Ánimamos a todos a participar!!!!
0 comentarios