Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

NOVO CONTO 2º TRIMESTRE

NOVO CONTO 2º TRIMESTRE

Como sabedes, a ANPA e os profes do Colexio,estamos a levar adiante un Grupo de traballo Contacontos para facilitar que as nais e pais que así o desexen,poidan dun xeito sinselo e sen moito stress,leerlle un conto a seu nen@ no salón de actos do cole.

No pasado 1º trimestre, preparamos e leemos o conto "Os nenos que falaban cos golfiños", e saiu bastante ben.

Gracias ao bo facer de tódalas nais e pais participantes e gracias,tamén por suposto, ao traballo dos profes Germán,Román, a participación de todolo profesorado e a continua atención de Lolo.

Neste 2º trimestre pensamos preparar o conto "Severino, o pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada",e como no anterior conto, as nais e pais poden participar leendo unha parte do conto diante da clase do seu nen@.Esto farase na semán anterior a Semana Santa e xa vos avisaremos con tempo dos horarios de cada clase.

Pero si queredes participar máis,todos os mércores, as 18:30 h, no salón de actos do cole, se reúne o Grupo de Contacontos para preparar a lectura, ver como os nosos músicos levan as cancións e ir mellorando todo o posible este segundo conto.Si vos animades a participar !Estupendo! E para calquera dúbida podedes falar con calquer membro da ANPA, nai-pai do Grupo de Contacontos ou deixa o teu comentario neste blog.

Neste segundo conto pensamos mellorar algunhas cousas. Así faremos unha versión máis curta para os pequenos e máis complexa para os nen@s máis maiores. Queremos mellorar tamén o tema das cancións e a información a tódolas nais e pais.

E por suposto recibiremos con moito gusto calquera aportación que nos queirades transmitir.

0 comentarios