OBRADOIROS DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS ENTRE PAIS/NAIS E FILLOS/AS ADOLESCENTES
Dende a Área de Benestar infórmase do desenvolvemento do programa “ OBRADOIROS DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS ENTRE PAIS/NAIS E FILLOS/AS ADOLESCENTES ”. Os obxectivos que se perseguen a través da mesma van no eixe da prevención e intervención comunitaria co fin de favorecer un desenvolvemento integral das familias da nosa contorna:
- ensinar a definir con claridade a conducta problemática e resolvela
- aportar instrumentos que dificultan a aparición de comportamentos do/a adolescente que sexan conflitivos para os pais e nais.
Trátase de incrementar a satisfacción nas relacións familiares, a comunicación e o desenvolvemento autónomo do/a fillo/a adollescente.
O programa está dirixido a familias con fillos/as en idade adolescente ( a partir de 12 anos) e terá lugar no auditorio municipal os día 20, 27 de outubro, 3, 10, 17, 24 de novembro e 1 de decembro de 2010 en horario de 19:30h- 21:00h.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude, que poden recoller a través da páxina web do concello ou no propio departamento de Servizos Sociais, entre o 27 de setembro e o 8 de outubro de 2010 no Rexistro Xeral do Concello.
O programa conta cun total de 20 prazas e a admisión no mesmo realizarase por orde de inscrición.
0 comentarios