- DESTINATARIOS
- Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita a praza.
- Nenos/as nacidos entre os anos 1998 e 2003 (ambos incluídos).
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A documentación deberase entregar nas ofcinas da Cidade Infantil Príncipe Felipe ata o 7 de marzo: Á/A: Dirección Xerencia-Campamentos Avda. Montecelo, 12, 36161 Pontevedra - PREZO
O prezo será de 68 € por neno/a. - EQUIPO MÍNIMO
- 4 camisetas deportivas / 2 pantalóns de deporte
- 2 pares de zapatillas deportivas / 1 fanequeiras
- 4 pares de calcetíns de deporte / 1 chándal
- 1 prenda de abrigo / 1 chuvasqueiro
- 2 pixamas / 4 mudas
- 2 traxes de baño / toalla de praia
- útiles de aseo persoal (toalla, xabón, pasta e cepillo de dentes, crema protectora solar, etc.)
- 1 bolsa de tea para a roupa sucia marcada co número que se lle dará a cada rapaz coa concesión da praza e co que tamén marcarán a roupa
- 1 saco de durmir / 1 lanterna
- 1 cantimplora / bloc, bolígrafos e rotuladores
- ANOTACIÓNS PARA TER EN CONTA
Os nenos dormen en tendas de campaña de 5 prazas (mínimo) cada unha. En cada quenda de campamentos realízase unha excursión á Illa de Ons. O billete custa 12 €, que cada neno deberá entregar no campamento o primeiro día. En canto ós cartos para o acampado son sufcientes 5 € (para un xeado, un refresco, chamar por teléfono…). Poden levar teléfono móbil pero gardarano os monitores e daránllelo ós nenos os días e as horas sinaladas para chamar á casa. Tamén poden levar cámaras dixitais pero o campamento non se fará cargo do seu extravío. Informamos os pais de que a Deputación tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamentos así como das actividades que realicen os nenos. Despois publicaranse na páxina web da Deputación. - DATAS
- 1ª Quenda: do 23 de xuño ó 29 de xuño
- 2ª Quenda: do 30 de xuño ó 6 de xullo
- 3ª Quenda: do 7 de xullo ó 13 de xullo
- 4ª Quenda: do 14 de xullo ó 20 de xullo
- 5ª Quenda: do 21 de xullo ó 27 de xullo
- 6ª Quenda: do 28 de xullo ó 3 de agosto
- 7ª Quenda: do 4 de agosto ó 10 de agosto
- 8ª Quenda: do 11 de agosto ó 17 de agosto
- 9ª Quenda: do 18 de agosto ó 24 de agosto
- 10ª Quenda: do 25 de agosto ó 31 de agosto
- 11ª Quenda: do 1 de setembro ó 7 de setembro
A incorporación ó campamento terá lugar entre as 10:00 e as 11:00 h en todas as quendas e a saída ás 10:00 h. Solicítase máxima puntualidade para recoller os rapaces xa que as instalacións do centro se pecharán á hora sinalada. Fuente:www.depontevedra.es |
1 comentario
tamara -