ANDAINA PONTEARNELAS ATA PONTE DE BARRANTES
Dende a ANPA O Piñeiro queremos propoñervos unha andaina que percorrerá dende Pontearnelas ata a Ponte de Barrantes, incluida na Senda fluvial do Río Umia. A mesma terá lugar o domingo 17 de maio. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso colexio unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira (salvo a saída dende colexio, o resto de horarios son orientativos):
10.30 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.
10.45 hs.: Saída.
11.15 hs.: Chegada á Ponte de Barrantes (previa parada en Pontearnelas para que baixen os nen@s e as persoas adultas que non vaian como conductores). Deixaremos os coches aparcados, agás algúns que levarán aos conductores ata Pontearnelas de volta.
11.45 hs.: Comezaremos a ruta a pé.
13.15 hs.: Chegaremos ao noso destino, onde hai unha zona recreativa para poder xantar ao aire libre. A comida corre por conta de cada quen.
Non hai establecida unha hora de regreso conxunta, cada un voltará cando estime oportuno.
Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza xantar con todos, poden unirse chegando directamente á Ponte de Barrantes.
¡Agardamos que vos animedes!
0 comentarios