O Encontro dos Axóuxeres permitirá ás crianzas menores de 3 anos familiarizarse coa música e a lingua galega
O Auditorio de Vilagarcía acollerá o domingo 20 de febreiro, ás 18.30 horas, o ‘Encontro dos Axóuxeres’, un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga a música, as cantigas, o teatro e os xogos en galego das festas nun formato máis reducido, e queestá dirixido a nenos menores de 3 anos.
Os bebés de 0 a 3 anos e as familias que participen nestes Encontros terán ocasión de axudar o avó de Eli (papel que interpreta o actor Xosé Manuel Olveira ‘Pico’) a atopar o caderno onde garda os debuxos, as cantigas, os xogos e as adiviñas de cando el era neno. Eli e o seu avó realizarán unhadivertida viaxe para recuperar o caderno acompañados de Totó, un boneco de cor azul que está a aprender as súas primeiras palabras. Mentres buscano caderno, o avó, Eli e Totó cantarán cos nenos e nenas e as súas familiascantigas tridicionais como “A vaca Marela” ou “A saia da Carolina” e gozarán aprendéndolles aos máis pequenos divertidos xogos populares cos que terán ocasión de entreterse despois nas súas casas.
Con esta iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística preténdese axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión da lingua e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar a propia actividade.
Obradoiro en marzo
O programa dos Encontros dos Axóuxeres inclúe tamén un obradoiro no que ten lugar un pequeno curso de técnicas de masaxe infantil, música, cantigas de arrolo tradicionais galegas e xogos de iniciación. Este obradoiro está centrado na transmisión do afecto, tan importante no desenvolvemento dos bebés: as miradas, os aloumiños, a música e a palabra poden ser vías complementarias para afondar na relación entre pais e fillos.
Este obradoiro celebrarase na sala de conferencias do Auditorio Vilagarcía durante dúas xornadas, o 11 e o 13 de marzo. Os interesados poden inscribirse no teléfono 630 230 338.
Fuente:ivilagarcia.com
0 comentarios