Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2016.

Andaina Marismas e Salinas de Ulló

20161006204836-53909556.jpg


    Dende a ANPA “O Piñeiro” convidámosvos a visitar xuntos as marismas e as Salinas de Ulló no concello de Vilaboa, o domingo 16 de outubro. Alí levaremos a cabo unha visita guiada, onde nos ensinarán os restos arquitectónicos e naturais que se conservan da actividade de explotación de ditas salinas entre os séculos XVII e XIX.     Os que saibades onde queda, podedes aparecer alí directamente ás 11.15 hs. Os que non, xuntarémonos no colexio O Piñeiriño (cada cal no seu coche particular) para saír puntualmente ás 10.30 hs.    Como a actividade guiada, ainda que é de balde, ten un límite de 50 prazas, precisamos que vos apuntedes, única e exclusivamente, enviando un correo electrónico á nosa dirección: anpa.opineiro@nontedurmas.org onde se faga constar nome e número de teléfono da persoa solicitante, número de adultos e de nenos que participan.          Confirmaremos a admisión respostando ao mesmo e-mail, xa que a adxudicación de praza farase por orde de inscrición.    Agardamos os vosos mails.    Xunta directiva da ANPA.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

20161021154213-img-cuales-son-las-mejores-actividades-extraescolares-para-mis-hijos-21324-600.jpg

Informamos que xa temos a autorización pertinente para que nenos doutros centros educativos acudan ás actividades extraescolares xestionadas pola nosa ANPA. Todas elas estánse levando a cabo no recinto escolar.Os interesados poden poñerse en contacto a través do correo elctrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no noso facebook.Lembramos cales son:
  LUNS, 16. 30 A 18 HS.: BAILE MODERNO. Prezo: 12€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.  MARTES, 17.30 A 18.30 HS: TENIS. Alumnado de Ed. Primaria. Prezo: 12€/mes.  MÉRCORES, 16.30 A 17.30 HS: CAPOEIRA. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria. Prezo: 15€/mes.  MÉRCORES, 16.30 A 17.30 HS: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Prezo: 15€/mes (MATERIAIS E INGREDIENTES INCLUIDOS). Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.  XOVES, 16.30 A 17.30 HS: ZUMBA KIDS. Prezo: 12€/mes. Alumnado de Primaria.  VENRES, 16.30 A 18 HS: TEATRO EN INGLÉS (profesora nativa inglesa). Prezo: 15€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

NIN LOMCE NIN REVALIDAS

20161025224031-1.jpg

Mañá mércores temos dúas citas na nosa vila para amosar o noso rexeitamento á LOMCE e ás "reválidas": ás 12:00 hs e ás 20:00hs en Vilagarcía

NON Á LOMCE-NON ÁS REVÁLIDAS

20161025224250-2.jpg

Mañá mércores temos dúas citas na nosa vila para amosar o noso rexeitamento á LOMCE e ás "reválidas": ás 12:00 h e ás 20:00 en Vilagarcía

FESTA SAMAÍN 2016 VENRES 28 OUTUBRO 17:30 H

20161025223744-halloween-picture.jpg

 A ANPA O Piñeiro imos celebrar o Samaín cunha festa na que contaremos cos xogos tradicionais que forman parte da colección que ten o Concello de O Grove, o cal está a facer unha intensa  laboura de recuperación e recopilación destos xogos populares cos que gozan tanto adultos coma pequenos, e a quen lle agradecemos moitísimo que no-los cedese.

 Terá lugar o venres 28 de outubro de 17.30 hs. a 20 hsno patio de abaixo (o de Educación Infantil) e poderedes vir disfrazados. 

  Haberá premios para amellores cabazas, que poderedes traer para ambientar a festa. 

  Para poder levala a cabo precisamos da axuda de varios pais e nais que vixilen os xogos para evitar a perda dalgunha peza e poder devolvelos en perfectas condicións. 

  Agardamos que participedes! 

  Xunta Directiva da ANPA  

  

FOLGA 26 OUTUBRO

20161026192334-img-20161026-wa0001.jpg

Informamos que hoxe mércores 26, día da folga educativa, NON asistiu a clase o 78,4% do alumnado do noso colexio. Vémonos nas concentracións convocadas para hoxe na nosa vila: ás 12 hs e ás 20 hs, ámbalas dúas na Praza de Galicia.