Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2016.

ENTROIDO 2016

20160127204706-1.jpg

    Dende a ANPA “O Piñeiro” poñémonos en contacto para comentervos dúas cousas:    1)Precisamos saber cantos de vós estades interesados en participar no desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Vilagarcía o martes 9 de febreiro.    O disfrace co que iremos será o de “científico” que levará todo o alumnado do cole. Tod@s @s nen@s de Educación Infantil e 1º de Primaria deberán ir acompañad@s dun adulto (que tamén irá disfrazado). Por suposto, todos aqueles pais e nais que desexen sumarse ó grupo poderán facelo sempre e cando vaian ataviados coa vestimenta de “científico”.    Como requisito para participar como grupo, pedimos un mínimo razoable de persoas, polo cal @s que esteades interesad@s debedes apuntarvos antes do mércores 3 de febreiro, depositando no buzón da ANPA (que se atopa ao lado da porta pola que entra e sae o alumnado de 5 anos e 1º) a seguinte ficha cuberta cos datos que se vos solicitan, ou enviando un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org,  ou unha mensaxe privada ao noso facebook  Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, aportando ditos datos.     Dependendo do número de apuntad@s, decidiremos se participar ou non, do cal avisaremos o xoves 4 a través do facebook, no tablón de entrada do colexio e no corcho da entrada de arriba. Estade pendentes!     2) O venres 5 de febreiro entre as 17 hs. e as 20 hs. no patio de Infantil,  terá lugar a Festa de Entroido da ANPA. Estades convidados a pasar un rato divertido. Haberá agasallos, música, merenda, xogos … Animádevos! 

------------------------------------------------------------------------------------------------

Estamos interesad@s en participar do desfile de Entroido:

Nome , apelidos e curso d@/s nen@/s:

Nº de adultos que os acompaña: