Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2011.

EXCURSION FIN DE CURSO A ILLA DE ONS

O vindeiro domingo,26 de xuño, farase unha excursión á Illa de Ons con saída dende Vilagarcía.O itinerario é o seguinte:

- Saída dende o Porto Deportivo de Vilagarcía ás 9:15 horas.

- Saída de Ons ás 18:30 horas.

Cada familia poderá levar a súa comida ou comer nos restaurantes que hai alí.

Os prezos son os seguintes:

- SOCIOS (nen@s,pais e irmáns): 6 €/persona

- NON SOCIOS: 13 €/ persona

O pago da excursión farase no cole, onde estarán membros da Anpa, de 9:30 a 10:00 horas,dende o día 14 martes ata o luns 20.

Deberán traer cuberta a ficha cos datos dos asistentes e entregaráselle un recibo que terán que presentar o día da excursión para acceder ao barco.

Si a excursión fora suspendida por mal tempo devólveranse os cartos en setembro ao comenzo do curso.

Unha vez pagada a excursión,os que non asistan non se lle devolverán os cartos.

 

PROMOCIÓN ESPECIAL PARA SOCIOS DAS ANPAS FEDERADAS

20110614134526-1.png

 

PROMOCIÓN ESPECIAL PARA SOCIOS DAS ANPAS FEDERADAS (FANPA)
12% de desconto nos libros de texto do curso 2011/12

 

 

Condicións da promoción:
–E necesario cubrir o formulario (ANEXO 1) e entregalo no Centro Office, na rúa Eduardo Pondal nº 54 Baixo.
–O período de recepción de pedidos será ata o 15 de xullo.
–É necesario presentar a fotocopia de carnet de socio de ANPA ou fotocopia de  recibo de pago.
–O 12% de desconto entregarase en forma de vale para material escolar ou calquer outro material da tenda.



ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA O PIÑEIRO

A Anpa O Piñeiro, convoca aos pais e nais a unha asamblea xeral, o vindeiro martes, 21 de xuño de 2011, ás 20:00 horas, coa seguinte orde do día

 

1.- Estado de contas.

2.- Memoria de actividades, curso 2010-2011

3.- Proxectos para o vindeiro curso 2011-2012

4.- Rogos e preguntas

 

Contamos ca vosa participación.

 

FESTA FIN DE CURSO

Mañá mércores,celebraremos a partir das 16:30 h, a festa de fin de curso da anpa a que poderán asistir tódolos nen@s do centro acompañados polos seus pais.Os que sexan socios deberán traer o carné que lles entregou Lolo,e os non socios, deberán pagar 3€ cada un en concepto de seguro de responsabilidade civil.

Haberá inchables e merenda para todos, e agasallos para os socios.

Se fai bo día poderán traer bañador para o inchable de auga.

Ás 20:00 h bailarán os nen@s de multiactividade (Chuli)