Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2011.

ACTIVIDADES NAVIDAD 2011/12 C.COMERCIAL AROUSA

20111202175756-1.jpg

En este enlace podréis ver las actividades para los peques, que se van a llevar a cabo estas navidades en el centro comercial Arousa.

http://www.ccarousa.com/actividades_navidad11_big.jpg

PROGRAMACIÓN NADAL CONCELLO VILAGARCÍA

20111210233425-fotos-papa-noel-peq.jpg

Neste enlace deixamos a programación de Nadal do Concello de Vilagarcía

 

http://www.ivilagarcia.com/fotos/ProgramacionCulturalDEC11.pdf

CABALGATA REIS 2012

20111212230711-la-foto.jpg

Con motivo da Cabalgata de Reis que se celebrará o vindeiro día 5 de xaneiro de 2012 en Vilagarcía, convocamos a todos aqueles nen@s que queiran participar na mesma (disfrazados de pastores ou anxos), a que se inscriban cubrindo o cupón adxunto e depositandoo como de costume, na urna que haberá na entrada do colexio antes do día 16 de decembro.

Poderán participar tódolos nen@s do colexio a partir de 5 anos e acompañados por un adulto (pai, nai, avó…). Tamén solicitamos a colaboración dos país/nais que poidan acompañarnos ese día.

Para  recoller os traxes pasar polo cole o día 20 de decembro (martes) en horario de 17:00 a 18:00 horas.

---------------------------------------------------------------------------------------

NOME  ……………………………………………………………………………………… IDADE……...... CURSO…………

NOME DO PAI/NAI ………………………………………………………………………D.N.I. ………………………………..

ENDEREZO……………………………………………………………………………………….. TLF. …………………………….

Autorizo  ó meu fill@ a participar na Cabalgata de Reis 2012 baixo a miña responsabilidade e de acompañalo  na mesma se é pequeno (infantil, 1º).

                                                                                                             SINATURA DO PAI/NAI/TUTOR

 


LUDOTECAS NADAL 2011

20111214175201-1.jpg

Con motivo das vacacións de Nadal, e dado que a moitos pais lles e difícil compaxinar a vida laboral ca familiar vos informamos que no Centro do colexio levaráse a cabo unha ludoteca de Nadal,dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro ( 12 días). En Horario de mañá, de 9:00 a 14:00h (días laborais).

O custe é de 55 €/neno. Entre outras desenvolveránse as seguintes actividades ( fabricación artigos Nadal,xogos mesa tradicionais,pintura,debuxo,papiroflexia,xogos en inglés,festa fin de ano con uvas…..)

( A Ludoteca levaráse a cabo si hai un mínimo de 15 inscripcións)

 

Por outra banda, e xa fora do colexio e de carácter deportivo (baloncesto) vos informamos que dende o 26 de  decembro ata o 30 e do 2 ata o 5 xaneiro, no Pabellón de Castelao para os nados entre 2000-2005 levaráse a cabo o  “ I Nadal Basket” organizado polo clube “CB Vilagarcía” cun coste de 30 € por neno (no caso de 1 semana 15 €) con xogos e actividades relacionadas co basket.Horario 10:00 – 13:00 h

 

Aqueles que estedes interesados nalguna das ludotecas deixade cuberto este impreso na furna que estará no colexio, antes do vindeiro  luns día 19

 

 

Nome e apelidos do neno : ……………………………………………………………………………………….. Curso: ………………………………

Telf Contacto: ……………………………………………………………………………………………..

 

Estou interesado : (marcar con un x a opción desexada)

 

(      )  Ludoteca Aula 7 no colexio :   55 € 

(      )  Ludoteca CB Vilagarcía :          30 € (no caso dunha semana 15 €)

OS NENOS QUE FALABAN COS GOLFIÑOS

Aquí vos deixamos o 1º conto do Grupo de contacontos e unhas fotos das distintas xornadas que se fixeron.Gracias os mestres e os pais que participaron.

Polas caras das fotos,creo que non o pasaron nada mal.

 

OS NENOS QUE FALABAN COS GOLFIÑOS

 

                             

             Parte Primeira: Encontro e Comunicación

 

Un día, como tantos de verán, María e Telmo foron á Praia Compostela cos seus país. Ó cabo dun tempo, o cativo pregúntalle á nai : ¿onde están os golfiños?. A nai explicoulle que estaban máis adentro do mar e lonxe da praia.

Estaban xogando na auga e a María escapóuselle a pelota un pouco lonxe.Telmo foi a buscala e… ¡ De súpeto! Veu algo de cor gris que saltaba preto del.

¡ É un golfiño!

Telmo asustóuse un pouco pero cando viu que era pequeno, xa lle puso a man polo lombo e o golfiño deixouse acariciar.

Cando María chegou a xunto deles, o golfiño deu uns pitidos cortos moi bonitos. Os nenos sorprendéronse moito porque entendían o que lles dicía o animal.

Entendían o idioma dos golfiños.

O golfiño estábaos saudando.

¡Hola pequerrecho! respondeulle María e Telmo.

Viñeron os tres nadando hacia a orilla e os nenos chamaron ós seus país.

¿ Qué facedes con ese golfiño?

Telmo contoulle ós país que cando foi a buscar a pelota encontráronse con él.

 De súpeto dí María: chámase Eric.

Os país quedaron calados e abraiados.

María e Telmo seguían falando co golfiño e pregúntandolle de onde viña,onde estaban os seus país…. e o golfiño respondíalle cos seus pitidos, que tiña una familia moi grande e que viaxaban todos xuntos pola Ría de Arousa, que xogaban moito cos peixes.

Os pais estaban abraidados mirando como os seus fillos mantiñan unha conversa co golfiño e preguntábanse como era posible que se entenderan.

                                   Parte Segunda: A Amizade e o Desexo

 

María estaba tan leda que lle confesou a Eric que facía moito tempo que tanto ela como seu irmán querían ter un amigo golfiño.Eric, respondeulle que ser amigo era unha cousa moi bonita e grande e como tódalas cousas importantes necesitan o seu esforzó e traballo para existir.Non chega con desexalas nin se mercan con cartos. As cousas importantes nacen do desexo pero tamén do traballo e do tempo. Nacen do amor. Eso é o que dí a nosa nai, dixo María. Xa veremos se somos amigos,añadiu Eric, mirando a cara de sorpresa que empezaban a ter os rapaces.

De súpeto, cerca da Illa de Cortegada, escoitóuse un silbido moi forte e longo, é o levantar a vista, Telmo,María e os seus pais viron moitas aletas saíndo de entre as ondas e unha femia grande deu un gran salto. É a miña nai que me está chamando, teño que marchar,dixo Eric a Telmo e a María. Adeus. Eric marchou dando saltos na dirección da súa familia, que estaba volvendo polas Illas Malveiras e alonxábanse de Vilagarcía meténdose entre as bateas do mexillón.

A nai, o pai, María e Telmo quedaron moi calados, ollando como se alonxaban os golfiños, e logo, pouco a pouco, mirándose entre sí todos berraron xuntos  ¡ Temos que facer algo!.

E algo fixeron, falaron cun amigo dos pais, que era mariñeiro para que lles prestase o seu barco e o seguinte fin de semana, saíron a buscar a Eric. O día estaba despexado e a mar en calma. Foron pola costa da Illa de Arousa, Areoso,Vilanova……. pero non viron ningún golfiño.

E así saíron varios fins de semana sin conseguir ver ningún.

 

                                   Parte Terceira: A Amizade e o Esforzo

O tempo empeorou, comenzou a chover e no mar sopraba moito o vento e as ondas eran grandes e perigosas. É mellor que abandonemos a búsqueda de Eric, dixeron os pais, pero Telmo e María, que entenderan a Eric cando lles falara da amizade, subiron ó barco con decisión e puxeron os chalecos salvavidas. Eric é o noso amigo co bo tempo e tamén co mal tempo ¡ Sairemos a buscalo!

E así brincando entre as ondas, aínda foron máis lonxe, chegaron á marisma do Grove, que por esos días, acollía a milleiros de paxaros que viñan a pasar o inverno á Ría de Arousa, e no medio de centos e centos de patos,garzas,espátulas,biluricos,gabitas,pirlos,pillaras… no medio de tantas alas, distinguiron unhas aletas verticais deslizándose ó lado da Illa da Toxa. ¡ Alí,alí! berrou Telmo e ó abrigo do vento e do oleaxe acercáronse á familia de Eric.

¡Hola María e Telmo!, ¡ Qué ledicia ver a uns amigos tan queridos!, dixo Eric cos seus pitidos, creo que imos pasar moi bos momentos xuntos. Os nenos estaban tan contentos que saltaron á auga con chaleco e todo, aínda que non facía falla xa que alí non había oleaxe.

                    Parte Cuarta: A Ilusión e o Amor

Os pais de Telmo e María estaban moi emocionados e seguían sen entender como os seus fillos podían entenderse con aquel pequeno golfiño. ¡ Os pais sentíanse tamén como nenos pequenos e querían xogar cos golfiños!

De repente, escoitaron algo: Hai que ser como os nenos, ter a alma chea de ilusión e o corazón rebosante de amor, e desa maneira todos nos podemos entender.

Os pais déronse a volta para ver quen lles falaba, pero non había ninguén.

Estranados miráronse un ó outro e déronse conta de que era a nai de Eric a que lles estaba falando. ¡ Eles tamén entendían ós golfiños!.

Sen darse conta, mentres buscaban cos seus fillos María e Telmo o seu amigo golfiño, eles tamén se volverán un pouco nenos e así podían escoitar e entender o idioma dos golfiños. 

 

Visita al liceo

20111220095910-1.jpg

Los alumnos del colegio de O Piñeiriño ingresaron ayer en la nómina de chavales de Vilagarcía que, a lo largo de las últimas semanas, han disfrutado con los cortos que se han presentado al certamen convocado por el Liceo Casino de Vilagarcía. Proyectando a los más pequeños de la localidad estas creaciones, los responsables de esta sociedad pretenden sembrar en ellos la curiosidad, el gusto por el arte animado y, en general, por todo aquello que deje un poso cultural.

Fuente: La Voz de Galicia

DÍA 21 DECEMBRO 17:00 HORAS FESTA NADAL

20111212233634-la-foto.jpg

Invitamos a todos os soci@s da anpa a participar na  festa de Nadal que se celebrará o vindeiro día 21 de decembro a partires das 17:00 horas no patio do colexio. Haberá xogos populares, talleres de maquillaxe, pintura, etc. E de merenda haberá chocolate con churros.

Os que non sexan socios poderán  asistir igualmente pero deberán aboar 2€ por persoa en concepto de seguro.

Recordade: Mércores 21 Festa de Nadal da anpa. 

NUESTRO PATROCINADOR DELEITE GALEGO

20111220212947-logo.jpg

Dende aquí o noso agradecemento a Deleite Galego, por regalarnos o leite para facer o chocolate da festa de Nadal.

FESTA NADAL ANPA 2011

Espero que o pasárades moi ben.Xogamos ás carreiras con ovos,o xogo da silla,fixemos debuxos navideños,postais,bailamos,tomamos chocolate con churros e magdalenas.

E o final para rematar a festa veu Papá Noel con caramelos para todos.

 

Moitas grazas a tódolos pais que nos botaron unha man, e ós rapaces que se portaron fenomenal.Seguro que Papá Noel lles trae moitos agasallos.

 

Dende a Anpa Felices Festas a todos.

ACTITUD AZUL CB VILAGARCIA

Vilagarcía es la ciudad con más tradición de baloncesto de la comarca de Arousa. En la actualidad, entre los diversos clubs de nuestro pueblo, hay más de 400 niños haciendo baloncesto. Además, el torneo de Semana Santa Vilagarcía Basket Cup es uno de los principales campeonatos de formación que hay a nivel europeo. Con la opción de crear diferentes canchas en el recinto ferial de Fexdega (7.000 metros cuadrados) que a partir del mes de enero se convertirá en un macropabellón, la oportunidad de disponer de una cancha con Actitud Azul sería muy beneficioso para los niños que practican baloncesto en Vilagarcía. El Club Baloncesto Vilagarcía mueve en la presente temporada más de 250 chicos sólo en la edad de minibasket.

Necesitamos vuestra ayuda,cuantos más niños voten a Villagarcía,lo podemos conseguir,vota en el siguiente enlace.: http://www.actitudazul.com/

Vota por Villagarcía.

 

Muchas gracias.