Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Cultura invita a 45 nenos a acompañar aos Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro

Cultura invita a 45 nenos a acompañar aos Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro

Corenta e cinco nenos e nenas de Vilagarcía terán a oportunidade de vivir un dos días máis especiais das súas vidas o vindeiro 5 de xaneiro acompañando aso Reis Magos na Cabalgata que percorrerá as rúas da cidade. A Concellería de Cultura reservou 45 prazas nas carrozas da comitiva real para que poidan formar parte delas os nenos que o desexen, cos únicos requisitos de ter cumpridos os 8 anos, anotarse previamente e ir vestidos cos traxes acordes coa temática da festa.

A Concellería de Cultura abriu a Cabalgata á participación dos nenos e nenas de Vilagarcía xa hai uns anos co obxectivo de que a súa participación non se restrinxira á das colexios ou colectivos que colabora. Así, calquera rapaz que non forme parte de calquera destes colectivos, tamén terá a oportunidade de acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa visita a anual a Vilagarcía dende a lugar privilexiado das carrozas reais.

Para poder optar a estas prazas, os interesados deben anotarse na Concellería de Cultura, sita no Auditorio, a partir do luns, 15 de decembro, de uns a venres e en horario de 8.30 a 14.30 horas. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición e o prazo para anotarse pecharase tan pronto como se cubran. Non obstante haberá lista de agarda, que se seguirá tamén por orden de inscrición, en caso de que se produzan baixas.

Fuente:Concello Vilagarcía

0 comentarios