Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Severino, o Pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada : Horarios

Severino, o Pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada : Horarios

CALENDARIO-HORARIO

Para as nais e pais do CEIP “O Piñeiriño” que desexen colaborar

contando un conto a seus fill@s no cole.

 

Tal como explicamos na pasada asamblea, a ANPA e o profesorado do CEIP “ O Piñeiriño”, temos constituido un pequeno grupo de traballo para montar contos que se podan leer e cantar aos nen@s no horario escolar e deste xeito facilitar a participación das nais e pais que por as razóns que sexan, non poden ir a contar directamente eles, un conto ao cole.

¿Cómo sería esta participación?. O grupo de traballo ten feito xa o texto a leer das diversas partes do conto, as cancións que se cantarían ao final de cada parte (as nais e pais poden axudar a cantar si así o desexan, xa hai persoas e instrumentos preparados para facilitar que os nen@s canten). En cada parte do conto están separados os diversos parrafos da historia. Cada nai/pai que quera colaborar pode leer un destes parrafos. A leitura de cada parte do conto vai acompañada dun fondo en Powerpoint e musica para facer máis facil a atención e o pequeno stress que poda supoñer  leer ese parrafo. Esta vez teremos tamén monecos-mascotas do Pavo Severino.

 

O conto que temos preparado é :

Severino, o Pavo máis orgulloso e solitario da Illa de Cortegada :

 

Para que cada nai e pai poda participar na leitura do conto na clase de seu fill@, temos feito un calendario dos diversos días, clases e horas que se leería o conto no cole. Mirade este horario e marcade (xunto cos vosos datos e  medio de avisaros) que opción escolledes para que podamos organizar a participación das nais/pais que así o desexedes

Graciñas pola vosa atención. Grupo Contacontos.

CEIP “O Píñeiriño”

 

(parte para recortar e entregar a ANPA (depositar na  URNA) ou ben aos profes Germán e Román)

Nai / Pai : Nome e apelidos :...............................................................................................

Medio de poñernos en contacto e avisarnos : Tfo, email……………………………….

 

Calendario – Mes Marzo 2012: (subraiar-Marcar a sesión que podades-querades ir)

 

Día 27             1ª Sesión--: 12.50-13.20 – NEN@S 3 anos (A + B) e 4 anos (A)

                        2ª Sesión--: 13.20-13.50 – NEN@S 5 anos (A + B) e 4 anos (B)

                        3ª Sesión--: 13.50-14.20          - 3º Ciclo Primaria ( 5º e 6º)

 

Día 28             1ª Sesión--: 13.00-13.30          - 2º Ciclo Primaria ( 3º e 4º)

                        2ª Sesión--: 13.30-14.00          - 1º Ciclo Primaria ( 1º e 2º)

0 comentarios