Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

CAMPAMENTOS DE VERÁN NA LANZADA 2011

CAMPAMENTOS DE VERÁN NA LANZADA 2011
  • DESTINATARIOS
    • Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita a praza.
    • Nenos/as nacidos entre os anos 1998 e 2003 (ambos incluídos).
  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

    A documentación deberase entregar nas ofcinas da Cidade Infantil Príncipe Felipe ata o 7 de marzo:

    Á/A: Dirección Xerencia-Campamentos Avda. Montecelo, 12, 36161 Pontevedra

  • PREZO 
    O prezo será de 68 € por neno/a.
  • EQUIPO MÍNIMO
    • 4 camisetas deportivas / 2 pantalóns de deporte
    • 2 pares de zapatillas deportivas / 1 fanequeiras
    • 4 pares de calcetíns de deporte / 1 chándal
    • 1 prenda de abrigo / 1 chuvasqueiro
    • 2 pixamas / 4 mudas
    • 2 traxes de baño / toalla de praia
    • útiles de aseo persoal (toalla, xabón, pasta e cepillo de dentes, crema protectora solar, etc.)
    • 1 bolsa de tea para a roupa sucia marcada co número que se lle dará a cada rapaz coa concesión da praza e co que tamén marcarán a roupa
    • 1 saco de durmir / 1 lanterna
    • 1 cantimplora / bloc, bolígrafos e rotuladores
  • ANOTACIÓNS PARA TER EN CONTA

    Os nenos dormen en tendas de campaña de 5 prazas (mínimo) cada unha.

    En cada quenda de campamentos realízase unha excursión á Illa de Ons. O billete custa 12 €, que cada neno deberá entregar no campamento o primeiro día.

    En canto ós cartos para o acampado son sufcientes 5 € (para un xeado, un refresco, chamar por teléfono…).

    Poden levar teléfono móbil pero gardarano os monitores e daránllelo ós nenos os días e as horas sinaladas para chamar á casa. Tamén poden levar cámaras dixitais pero o campamento non se fará cargo do seu extravío.

    Informamos os pais de que a Deputación tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamentos así como das actividades que realicen os nenos. Despois publicaranse na páxina web da Deputación.

  • DATAS
    • 1ª Quenda: do 23 de xuño ó 29 de xuño
    • 2ª Quenda: do 30 de xuño ó 6 de xullo
    • 3ª Quenda: do 7 de xullo ó 13 de xullo
    • 4ª Quenda: do 14 de xullo ó 20 de xullo
    • 5ª Quenda: do 21 de xullo ó 27 de xullo
    • 6ª Quenda: do 28 de xullo ó 3 de agosto
    • 7ª Quenda: do 4 de agosto ó 10 de agosto
    • 8ª Quenda: do 11 de agosto ó 17 de agosto
    • 9ª Quenda: do 18 de agosto ó 24 de agosto
    • 10ª Quenda: do 25 de agosto ó 31 de agosto
    • 11ª Quenda: do 1 de setembro ó 7 de setembro

A incorporación ó campamento terá lugar entre as 10:00 e as 11:00 h en todas as quendas e a saída ás 10:00 h.

Solicítase máxima puntualidade para recoller os rapaces xa que as instalacións do centro se pecharán á hora sinalada.

Fuente:www.depontevedra.es


 

1 comentario

tamara -

me encanta la lanzada y poder estar hay me pone muy contenta