Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

Apertura do prazo de solicitude das axudas autonómicas por fillos menores de tres anos

Apertura do prazo de solicitude das axudas autonómicas por fillos menores de tres anos

A percepción desta axuda está condicionada polo requisito de que nin solicitante nin ningún outro membro da unidade familiar estea obrigado a presentar a declaración da renda por razón dos ingresos obtidos en 2009. Este ano a Xunta inclúe ademais que non poderán acceder as axudas aquelas familias nas que algún membro, aínda non estando obrigado a presentar a declaración da renda, o tivese feito de xeito voluntario. 

Os beneficiarios desta prestación económica por pagamento único poderán ser as persoas que teñas fillos ou fillas nacidos entre o 2 de xaneiro de 2008 e o 1 de xaneiro de 2011. NO caso de familias que tivesen adoptado ou acollido a un neno entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2010, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data de resolución xudicial ou administrativa que a declare. Nos casos de separación ou divorcio, poderanse beneficiar da axuda o pai ou nai que teña a custodia do cativo.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, a contía daprestación será de 360 euros por cada un das fillasou fillos, sen que o mesmo descendente poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Tamén se poderán beneficiar da axuda os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que teñan a condición de contribuíntes e cumpran as condicións fixadas na Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

A orde que regula a concesión destas axudas publicouse no DOG do 15 de febreiro. 

Mais información :http://www.xunta.es/Dog/Dog2011.nsf/FichaContenido/60EA?OpenDocument

0 comentarios