Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

FIESTAS

FESTA FIN DE CURSO 2019

FESTA FIN DE CURSO 2019

Na ANPA seguimos coa despedida deste curso. Despois das excursións a Ons e ao parque acuático de Amarante, temos as dúas últimas actividades:

 

1) A festa de fin de curso!!!Terá lugar no colexio o venres día 21 de 17:15 a 20:15 hs.Se accede a ela polo portal de arriba. Haberá inchables, xogos, obradoiros, merenda... Para os socios da ANPA a entrada é de balde. O prezo para os que non sexan socios é de 5€.

 

2) Nos derradeiros días de clase, como é habitual, a ANPA repartirá xeados a todos os nenos do cole.

 

Lembrade que os que están admitidos no comedor para o vindeiro curso teñen que formalizar a matrícula os días 25 ou 26 de xuño en horario de 11 a 13 hs.

 

A directiva deséxavos un bó verán.

CONCURSO DESEÑO DE CARTEL CABALGATA DE REIS 2019

CONCURSO DESEÑO DE CARTEL CABALGATA DE REIS 2019

 

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa acorda convoca-lo Concurso do Cartel da Cabalgata de Reis 2019

BASES

  1. Neste concurso poderán concurrir cantos nen@s o desexen, en idades comprendidas entre os 7 e 11 anos, empadronados neste municipio

  2. Deberá de indicar o seguinte texto: “sábado, 5 de xaneiro ás 19:00 hs.”

  3. Só se admitirán os traballos presentados a título individual, nunca se admitirán os

    traballos realizados por grupos.

  4. Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, pero soamente se premiará

    unha das presentadas.

  5. O tamaño será de A3 (297 x 420 mm.) ou similar.

  6. Os autores non poderan asinar os traballos orixinais, poñerán o seu nome, apelidos,

    enderezo e un número de teléfono no reverso do cartel.

  7. Presentáranse na Concelleria de Cultura, de martes a venres, en horario de 09:00 hs. a

    13:00 hs., rematando o prazo o día 3 de decembro de 2018

  8. O Xurado fará a selección e escollerá un cartel gañador. Asi mesmo, poderá conceder

    si asi fose necesario un accesit.

  9. O dictame do xurado será inapelable.

  10. Concederase un premio único.

  11. Cos traballos enviados farase unha exposición no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, ou

    onde determine a organización.

  12. O traballo gañador quedará en propiedade da Concelleria de Cultura para a edición do

    material publicitario da mesma, aparecendo unha reseña do seu aut@r.

  13. Os concursantes polo feito de participar, aceptan íntegramente as presentes bases.

  14. A entrega do premio realizarase no día e lugar que estableza a Concelleria de Cultura.

Fuente:ivilagarcia.com

SAMAÍN 2018 - HALLOWEEN 2018

SAMAÍN 2018 - HALLOWEEN 2018

O vindeiro mércores 31 de outubro de 17.30 hs. a 20 hs., terá lugar a festa de Samaín da ANPA no patio de abaixo (o de Educación Infantil). Podedes vir disfrazados e traer cabazas terroríficas para expoñer na festa. Agardamos que participedes!

ENTROIDO 2018 - REUNIÓN MARTES 23 XANEIRO ÁS 18:15

ENTROIDO 2018 - REUNIÓN MARTES 23 XANEIRO ÁS 18:15

Coa intención de organizar a participación das familias do noso colexio no Entroido, convocamos aos interesados en colaborar connosco e/ou formar parte do desfile, a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro martes 23 ás 18:15 hs. na sala de usos múltiples. Xunta directiva da ANPA O Piñeiro

¿Os apetece participar en el Carnaval?

¿Os apetece participar en el Carnaval?
El ANPA del colegio se presenta este año al desfile de disfraces que organiza el Concello.
Este año el tema es como todos sabéis referente a la naturaleza.
Todavía puedes apuntarte.

Mañana lunes 20 de febrero a partir de las 17:00 empezamos con los preparativos para el desfile que organiza el Concello el próximo martes 28. Necesitamos la colaboración de los papás y mamás del Cole.
La idea es hacer una pequeña carroza para vestir un poco más el desfile

Os esperamos a. tod@s!!!

ENTROIDO 2017

ENTROIDO 2017 Dende a ANPA “O Piñeiro” poñémonos en contacto para comentarvos dúas cousas:
1) O venres 24 de febreiro entre as 17 hs. e as 20 hs. no patio de Infantil, terá lugar a Festa de Entroido da ANPA. Estades convidados a pasar un rato divertido. Haberá agasallos para os mellores disfraces, música, merenda, xogos e exhibición de Capoeira a cargo de Capoeira Andaurê Camugerê Brasil. Animádevos!

2) Este ano imos participar no desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Vilagarcía o martes 28 de febreiro.
Os disfraces cos que iremos serán os que levará o alumnado no cole. Os nenos de Ed. Infantil e 1º de Primaria deberán ir acompañados dun adulto (que tamén irá disfrazado). Por suposto, todos aqueles pais e nais que desexen sumarse ó grupo, poderán facelo sempre e cando vaian ataviados con algún dos disfraces que se usarán no colexio relacionados coa temática da natureza (flor, árbore, periquiño, peixe, bolboreta, xardiñeiro…). Se precisades os patróns para cortar o traxe de adulto ou calquera tipo de información para confeccionalo, falade cos mestres, que están dispostos a axudarvos.
Para participar, debedes apuntarvos antes do venres 24 de febreiro, depositando no buzón da ANPA a ficha cuberta cos datos que se vos solicitan, ou enviando un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org, ou unha mensaxe privada ao noso facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño.
Nos taboleiros do colexio e no noso Facebook, informaremos da hora e sitio no que hai que presentarse para o desfile. Estade pendentes!
Xunta directiva da ANPA “O Piñeiro”
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Participación no desfile de Entroido 2017
Nome , apelidos e curso d@/s nen@/s:
Nº de adultos que acompañan: Nº teléfono de contacto:


CABALGATA DE REIS 2017

CABALGATA DE REIS 2017

Dende a ANPA poñémonos en contacto con vós para participar unha vez máis na Cabalgata de Reis que se celebrará o xoves 5 de xaneiro de 2017 polas rúas de Vilagarcía. Para elo contamos cos traxes de pastorciñ@s utilizados nos anos anteriores.     É imprescindible que os nenos menores de 7 anos (Ed. Infantil e 1º de Primaria) vaian acompañados durante todo o percorrido por un adulto. Os pais/nais dos demáis rapaces tamén poden ir no desfile.  Obrigatoriamente, todo aquel que participe deberá ir disfrazado, tanto nenos como adultos.      A Cabalgata sairá ás 19 hs. do Auditorio Municipal e terminará no Xardín de Ravella. Antes da hora de saída, os Reis Magos recibirán aos cativos que participen nela, poidendo ser acompañados na dita recepción por un número limitado de membros da xunta directiva da ANPA, que serán acreditados polo Concello de Vilagarcía. En ningún caso poderá acceder ningún adulto sen acreditación.       Pregamos que se estades interesados en participar, depositedes a ficha adxunta cuberta no buzón da ANPA que está situado a carón da porta de entrada do alumnado de 5 anos e 1º de Primaria ata o mércores 30 de novembro. Tamén podedes anotarvos a través do correo electrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, aportando os datos que pedimos na ficha.      A semana antes das vacacións de Nadal, os rapaces apuntados levarán unha bolsa cos traxes e unha nota avisando de cando se devolven, e da hora que hai que estar no auditorio. 
     Aproveitamos esta comunicación para lembrarvos que, por mediación da ANPA, Papá Noel fará entrega de chocolatinas a todo o alumnado durante a mañá do venres 23 de decembro, como ven facendo cada ano.       Xunta Directiva da ANPA "O Piñeiro"---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------                             Inscrición na Cabalgata de Reis 2017Nome, apelidos e curso dos nenos (coa letra do grupo. P.ex: 4ºB ou 3 anos A):

Nº teléfono:Marcar para enviar o traxe de adulto:1)Sen acompañante adulto    2)Acompaña a nai   3)Acompaña o pai   4)Acompañan ambos




FESTA SAMAÍN 2016 VENRES 28 OUTUBRO 17:30 H

FESTA SAMAÍN 2016  VENRES 28 OUTUBRO 17:30 H

 A ANPA O Piñeiro imos celebrar o Samaín cunha festa na que contaremos cos xogos tradicionais que forman parte da colección que ten o Concello de O Grove, o cal está a facer unha intensa  laboura de recuperación e recopilación destos xogos populares cos que gozan tanto adultos coma pequenos, e a quen lle agradecemos moitísimo que no-los cedese.

 Terá lugar o venres 28 de outubro de 17.30 hs. a 20 hsno patio de abaixo (o de Educación Infantil) e poderedes vir disfrazados. 

  Haberá premios para amellores cabazas, que poderedes traer para ambientar a festa. 

  Para poder levala a cabo precisamos da axuda de varios pais e nais que vixilen os xogos para evitar a perda dalgunha peza e poder devolvelos en perfectas condicións. 

  Agardamos que participedes! 

  Xunta Directiva da ANPA  

  

FESTA FIN DE CURSO 2015-2016

     Queridas familias: dende a ANPA "O Piñeiro" queremos convidarvos á FESTA DE FIN DE CURSO, que se realizará o MÉRCORES 22 DE XUÑO DE 17 A 20 HS. no propio colexio (entrar polo portal de arriba). Teremos inchables,  xogos con monitores especializados, a Caixiña dos Mistos, música, merenda e, se o tempo o permite, festa da escuma (recoméndase levar toalla)...  A entrada á festa será libre para tod@s os rapaces e rapazas do colexio, ainda que para sufragar o custo da mesma, se solicitará un donativo de 5€ por nen@, asumindo a ANPA o donativo dos seus soci@s, os cais non deberán desembolsar importe algún.    Estaríamos encantados de que aqueles pais e nais que poidesen, colaboren connosco, xa sexa no propio desenrolo e organización da festa como na aportación dalgún tipo de alimento para a merenda d@s nen@s, como biscoito, empanada, tortilla, etc. (agradeceríamos que xa o trouxérades cortado).   

ENTROIDO 2016

ENTROIDO 2016

    Dende a ANPA “O Piñeiro” poñémonos en contacto para comentervos dúas cousas:    1)Precisamos saber cantos de vós estades interesados en participar no desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Vilagarcía o martes 9 de febreiro.    O disfrace co que iremos será o de “científico” que levará todo o alumnado do cole. Tod@s @s nen@s de Educación Infantil e 1º de Primaria deberán ir acompañad@s dun adulto (que tamén irá disfrazado). Por suposto, todos aqueles pais e nais que desexen sumarse ó grupo poderán facelo sempre e cando vaian ataviados coa vestimenta de “científico”.    Como requisito para participar como grupo, pedimos un mínimo razoable de persoas, polo cal @s que esteades interesad@s debedes apuntarvos antes do mércores 3 de febreiro, depositando no buzón da ANPA (que se atopa ao lado da porta pola que entra e sae o alumnado de 5 anos e 1º) a seguinte ficha cuberta cos datos que se vos solicitan, ou enviando un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org,  ou unha mensaxe privada ao noso facebook  Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, aportando ditos datos.     Dependendo do número de apuntad@s, decidiremos se participar ou non, do cal avisaremos o xoves 4 a través do facebook, no tablón de entrada do colexio e no corcho da entrada de arriba. Estade pendentes!     2) O venres 5 de febreiro entre as 17 hs. e as 20 hs. no patio de Infantil,  terá lugar a Festa de Entroido da ANPA. Estades convidados a pasar un rato divertido. Haberá agasallos, música, merenda, xogos … Animádevos! 

------------------------------------------------------------------------------------------------

Estamos interesad@s en participar do desfile de Entroido:

Nome , apelidos e curso d@/s nen@/s:

Nº de adultos que os acompaña:

MAGOSTO VENRES 20 NOVEMBRO

MAGOSTO VENRES 20 NOVEMBRO

Lembrade este serán a partires das 17:00h ata as 20:00h, celebraremos o MAGOSTO con xogos, castañas e merenda para todos.

Aproveitamos a ocasión para informaros que aínda queda unha poca de lotería de nadal para aqueles que non a teñen todavía.

Participa!!!!!

FELICES VACACIONES DE VERANO

FELICES VACACIONES DE VERANO

AGRADECIMIENTO PATROCINADORES FIESTA FIN DE CURSO

Esta entrada va dedicada a ellos, en agradecimiento a nuestros patrocinadores por sus aportaciones para nuestra fiesta de fin de curso. Gracias a todos

 

 

 

 

 

Carnicería Eugenio Vilagarcía de Arousa

FIESTA FIN DE CURSO 2014-2015

FESTA FIN DE CURSO- VENRES 19 XUÑO

FESTA FIN DE CURSO- VENRES 19 XUÑO

Dende a ANPA "O Piñeiro" queremos convidarvos á FESTA DE FIN DE CURSO, que se realizará o VENRES 19 DE XUÑO DE 17 A 20 HS. no propio colexio. Teremos inchables, carreiras de coches, xogos con monitores especializados, música, merenda, churrasco, actuación das alumnas da actividade extraescolar "Baile moderno",... A entrada á festa será libre para todos os rapaces e rapazas do colexio, ainda que para sufragar os custos das atraccións, monitores, etc., se solicitará un donativo de 5€ por neno/a, asumindo a ANPA o donativo dos seus socios/as, os cais non deberán desembolsar importe algún.

Estaríamos encantados de que aqueles pais e nais que o desexen colaboren connosco, xa sexa no propio desenrolo e organización da festa como na aportación dalgún tipo de alimento para a merenda dos nenos (biscoitos, galletas, empanada, tortilla, etc.).

Asimesmo queremos lembrar que durante a mañá do derradeiro día do curso escolar (o venres 19 de xuño) a ANPA "O Piñeiro", como cada ano, repartirá entre todo o alumnado uns xeados como despedida.

Recibide un agarimoso saúdo.

ENTROIDO 2015

O número agraciado casa cesta de entroido o 393

O número agraciado casa cesta de entroido o 393

O agraciado recollerá o premio na festa de entroido do vernes 13 pola tarde.

CESTA DE ENTROIDO 2015

CESTA DE ENTROIDO 2015

Lembrade que a Cesta de Entroido sortéase hoxe martes co cupón da ONCE. @ agraciad@ pasará a recolléla na festa de Entroido do venres á tarde. Sorte a tod@s!

FESTA DE ENTROIDO VENRES 13 FEBREIRO

FESTA DE ENTROIDO VENRES 13 FEBREIRO

Queremos convidarvos á festa de Entroido que celebraremos no patio de Infantil do colexio o venres 13 de febreiro, de 17.00 hs. a 20.00 hs. Haberá música, xogos, diversión e o 2º Concurso - degustación de "Merendas disfrazadas". Ao igual que o ano pasado, todos aqueles que queirades participar, traeredes unha mostra da vosa creatividade gastronómica. Algúns exemplos poden ser: galletas ou empanadiñas de diferentes formas e decoradas, boliños de pan "tuneados", magdalenas caracterizadas dalgunha personaxe, pasteliños decorados de forma divertida, figuras de animais feitas con froitas, etc. Deixamos a merenda nas mans da vosa imaxinación.

Os asistentes á festa votarán cal das propostas convenceulles máis por orixinalidade, e as tres máis votadas recibirán diploma e agasallo.

Asimesmo, queremos trasladarvos que a ANPA necesita nais e pais que queiran involucrarse no traballo que conleva mantela activa, polo que solicitamos encarecidamente q vos animedes a formar parte da xunta directiva para que a marcha da nosa asociación non se vexa progresivamente empobrecida pola carencia de tempo suficiente dos seus actuais membros, xa que por motivos persoais e laborais non lle podemos adicar o tempo desexable para o seu óptimo funcionamento.

 

FELICES FESTAS-FELICES VACACIÓNS

FELICES FESTAS-FELICES VACACIÓNS