Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

FIESTAS

II FESTIVAL NADAL VENRES 19 DECEMBRO NO AUDITORIO

II FESTIVAL NADAL VENRES 19 DECEMBRO NO AUDITORIO

Dado o éxito que supuxo o ano pasado a celebración do Festival de Nadal no Auditorio Municipal, estamos moi ilusionados con organizalo de novo. Esta vez terá lugar o venres 19 de decembro ás 20 hs no mesmo sitio. Para os que sodes nov@s no centro, explicámosvos que no festival que organiza o profesorado non podemos pasar as familias a ver a actuación d@s nos@s fill@s por diferentes motivos, entre os que destaca a falta de espacio. Por isto, o pasado ano a ANPA dou o paso de organizar un festival no Auditorio aberto a todas as familias, no que @s alumn@s interpretaron o mesmo que fixeron no colexio.

Para que isto sexa posible, a dirección do centro accedeu unha vez máis a que UN/UNHA PAI/NAI de cada grupo poida presenciar o festival do cole co obxectivo de que coñeza como se leva a cabo a actuación da súa clase para logo poder dirixila no Auditorio (poderíase dicir que "sustituirá" á/ao mestra/e).

Tamén necesitamos pais/nais voluntarios para o propio día 19 para que nos boten unha man nas tarefas de organización.

A esta actividade estades convidados a participar tanto os socios como os non socios da ANPA.

Por motivos de previsión e organización pedimos que nos fagades chegar os datos dos rapaces e rapazas que van participar. Asimesmo @s que queirades ser responsables de dirixir no auditorio a un grupo de alumn@s e, por tanto, acudir ao festival do colexio a visualizalo, apuntádevos. No caso dos grupos nos que haxa máis dun pai/nai interesad@, poñeriamonos en contacto para que o decidan entre eles, ou fariamos un sorteo.

Podedes facernos chegar as inscricións depositando a ficha adxunta na urna que atoparedes na mesa situada a carón de secretaría ou ben enviando un correo electrónico á nosa dirección: anpa.opineiro@nontedurmas.org ou a través dunha mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño con todos os datos que pedimos.

Se o ano pasado enchimos o auditorio, este ano vaise quedar pequeno!

Un saúdo da Xunta directiva da ANPA "O Piñeiro"

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN PARA O FESTIVAL DE NADAL DO AUDITORIO

 

Nome d@s nen@s:

 

Curso ( coa letra do grupo. P.ex.: 3ºB ou 4 anosA):

Teléfono:

Se queres ser pai/nai responsable dun grupo, dinos o teu nome e a clase á que queres acompañar:

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTA SAMAÍN 2014

FESTA SAMAÍN 2014

Este xoves día 30 de outubro de 17:30 h ás 20:00 h, no patio de abaixo no colexio (o de Educación Infantil), Festa de Samaín.

Haberá música, xogos, merenda, premios para os mellores disfraces e exposición de terroríficos calacús, que poderedes traer para ambientar a festa.

Agardamos que participedes!

 

 

 

FESTA FIN DE CURSO

FESTA FIN DE CURSO

FESTA DE FIN DE CURSO

FESTA DE FIN DE CURSO

Este VENRES 20 DE XUÑO DE 17 A 20 HS. no propio colexio. Nesta ocasión teremos inchables, carreiras de coches, "A Caixiña de Mistos" coas súas curtametraxes cinematográficas,  xogos con monitores especializados, música, merenda, churrasco, actuación das alumnas de Multiactividade,... A entrada á festa será libre para todos os rapaces e rapazas do colexio, ainda que para sufragar os costes das atraccións, monitores, etc., se solicitará un donativo de 5€ por neno/a, asumindo a ANPA o donativo dos seus socios/as, os cais non deberán desembolsar importe algún.

    Estaríamos encantados de que aqueles pais e nais que o desexen colaboren connosco, xa sexa no propio desenrolo e organización da festa como na aportación dalgún tipo de alimento para a merenda dos nenos (biscoitos, galletas, empanada, tortilla, etc.).

 

    Asimesmo queremos lembrar que o derradeiro día do curso escolar (o venres 20 de xuño) a ANPA O Piñeiro, como cada ano, repartirá entre todo o alumnado uns xeados como despedida.

 

1º MERCADIÑO DE TROCO OBXECTOS INFANTÍS

AGRACIADAS CESTA DE CARNAVAL

AGRACIADAS CESTA DE CARNAVAL

Como ya sabéis este año, la Anpa y los niños de 6º estuvimos vendiendo rifas para el sorteo de una cesta de carnval valorada en 120 €.

EL número agraciado fue el 406 terminación del sorteo de la Once celebrado el día 05 de marzo.

En la fiesta de Carnaval del pasado viernes hicimos la entrega a las afortunadas.

 

 

!!!Enhorabuena a las ganadoras!!!

Festa de Entroido O Vindeiro 7 de marzo

Festa de Entroido O Vindeiro 7 de marzo

1º FESTIVAL NADAL PIÑEIRIÑO NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA

Feliz día de Reis

Feliz día de Reis

1º FESTIVAL NADAL PIÑEIRIÑO NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA

1º FESTIVAL NADAL PIÑEIRIÑO NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA

AGRADECIMIENTO A COLABORADORES MAGOSTO 2013

AGRADECIMIENTO A COLABORADORES MAGOSTO 2013

Queremos expresar desde estas líneas, nuestro profundo agradecimiento a todos los colaboradores, que con sus aportaciones desinteresadas contribuyen a que mañana viernes día 15 podamos celebrar nuestro Magosto.

 

Muchas gracias a todos

 

MAGOSTO 2013

MAGOSTO 2013

SAMAÍN NO PIÑEIRIÑO 2013

As meigas,Maruxa e Catuxa fixeron rir os rapaces do Piñeiriño. 

VOLVEMOS LUNES

FIESTA ANPA FIN DE CURSO 2013

FIESTA ANPA FIN DE CURSO 2013

FIESTA FIN DE CURSO 2013

FIESTA FIN DE CURSO 2013

 Este venres día 21,celebraremos a partires das 17:00 h, a festa de fin de curso da Anpa a que poderán asistir tódolos nen@s do centro acompañados polos seus pais.

Socios : entrada gratuita

Non socios: 4 € en concepto de seguro

Haberá inchables,sorpresas… e churrascada para todos!

Bailarán os nen@s de multiactividade (Chuli).

Este ano necesitamos a vosa colaboración (podedes traer algún postre,tortilla,empanada… ). A festa rematará ás 20:30 h

Aproveitamos a ocasión para desesarvos unhas felices vacacións de verán.

 

ENTROIDO PIÑEIRIÑO 2013

Aquí os deixamos un resume  en fotos do que foi este ano o entroido no colexio.

Este ano como sabedes non houbo suficientes pais interesados en participar no desfile do martes de entroido e facer unha carroza como os dous anos anteriores, é unha mágoa porque pasábamolo moi ben.

Esperemos que o ano que ven poidamos levar a cabo de novo unha carroza e consigamos que participen un amplio número de pais e rapaces,dende aquí animamos a todos.

FELICES FESTAS

FELICES FESTAS

CABALGATA REIS 2013

CABALGATA REIS 2013

Tal e como se acordou na Asamblea do pasado día 5, o non haber pais que quixesen participar na cabalgata de reis,A Anpa o Piñeiro este ano non participa como tal.

Aquí deixamos información por si alguén ten interés en participar pola súa conta.

 

Os nenos e nenas maiores de 8 anos que desexen ir nas carrozas da Cabalgata deben anotarse o martes no Auditorio
A Concellería de Cultura abre este ano á participación individualizada dos nenos e nenas na Cabalgata de Reis. Os rapaces que desexen ir nas carrozas ou no tren turístico que acompaña a comitiva real poderán facelo sen necesidade que que participen a través das Anpas dos colexios ou doutros colectivos. Para reservar praza deberán acudir o martes, 18 de decemebro, ao Auditorio Municipal onde se tramitarán as inscricións dende as nove da mañá ata as dúas da tarde.

 

Os únicos requisitos que deben cumprirse para poder participar é que os nenos deberán disfrazarse na casa, xa que o vestiario do que dispón o Concello préstase as Anpas dos colexios para os grupos que fan o percorrido a pé. Para ir nas carrozas dos Reis, os rapaces deben ter os 8 anos cumpridos, e ir disfrazados de paxes. 

Os nenos de menor idade tamén poderán ver de cerca a Melchor, Gaspar e Baltasar e acompañalos no seu percorrido polas rúas da cidade de xeito cómodo, xa que o Concello disporá para eles o tren turístico. Neste caso, os nenos terán que ir acompañados dun adulto que se faga responsable deles e tanto os cativos como os seus acompañantes deberán ir disfrazados de paxes, pastorciños, anxos ou calquera outro motivo relacionado coa celebración. Deste xeito preténdese dar maior vistosidade á Cabalgata xa que en anos anteriores, a presencia de persoas vestidas de rúa participando no percorrido restaba espectacularidade ao evento que tanto ilusiona especialmente aos máis pequeno da casa.

Nas seis carrozas que van á Cabalgata poderán subirse un total de 60 nenos, mentres que o tren ten capacidade para 50 persoas.

Fuente:Concello Vilagarcía

FESTA FIN DE CURSO ANPA 2012- A merenda

Este ano pedimos por primeira vez a colaboración dos pais para a hora da merenda, e a verdade é que foi un éxito.

Gracias a todos polos vosos bizcoitos,tartas,empanadas,roscas.....

Xa víchedes que non sobrou nada!

 

Tamén tivemos bocatas gracias a aportación de Montiño

 

e iogures donados por Larsa

 


 


Entre todos podemos.

Dende a Anpa, de novo moitísimassssssssssss grazassssssss.