Facebook Twitter Google +1     Admin

REUNIÓN COMEDOR ESCOLAR- LUNS 29 XANEIRO ÁS 20:00H

20180127122757-1.jpg

Queridas familias: 
Como xa sabedes, en breve poñeremos en marcha o COMEDOR ESCOLAR. Para explicarvos as súas características, o seu funcionamento e dar resposta as dúbidas que poidades ter ao respecto, convidamos a todos os interesados, a unha xuntanza que se vai levar a cabo o vindeiro luns 29 de xaneiro ás 20 hs, na sala de usos múltiples
Para poder solicitar as mesas e as cadeiras do comedor á Consellería, antes de levar a cabo a inscrición formal, precisamos ter un número aproximado de nenos preinscritos. Por iso, se desexades que os vosos fillos sexan usuarios deste servizo, depositade a ficha cuberta no buzón da ANPA que está colocado na entrada dos nenos de 5 anos e 1º de Primaria, ou ben enviade unha mensaxe privada ao noso facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, ou un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org. Tamén podedes levar a ficha cuberta á reunión.
O periodo de preinscrición queda aberto dende XA ata o día 31 de xaneiro.
Xunta directiva da ANPA O Piñeiro.
(recortar pola liña)

PREINSCRICIÓN NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017-2018.

NOME, APELIDOS E CURSO CON LETRA (p.ex. 2ºA, 5 anos B…) DOS NENOS:

MARCAR O Nº DE DÍAS SEMANAIS QUE PRECISAN DO SERVIZO: 1 2 3 4 5

TELÉFONO DE CONTACTO:

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.