Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

AVISOS IMPORTANTES - ENTROIDO 2018

AVISOS IMPORTANTES - ENTROIDO 2018

Dende a ANPA “O Piñeiro” poñémonos en contacto para comentarvos dúas cousas:
1) O venres 9 de febreiro entre as 17:00 hs. e as 19:30 hs. no patio de Infantil, terá lugar a Festa de Entroido da ANPA. Estades convidados a pasar un rato divertido. Haberá agasallos para os mellores disfraces, música, merenda e exhibición de capoeira a cargo de Andaruê Capoeira Camugerê.

2) Este ano imos participar nos seguintes desfiles de Entroido: Cambados o domingo 11, Vilagarcía o martes 13 e Padrón o sábado 17.
Os disfraces cos que iremos serán os que levará o alumnado no cole, relacionados co CINE. Os nenos participantes deberán ir acompañados dun adulto que tamén irá disfrazado da mesma temática.
Para participar, debedes apuntarvos antes do xoves 8, depositando no buzón da ANPA a ficha cuberta cos datos que se vos solicitan, ou enviando un correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org, ou unha mensaxe privada ao noso facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño, ou comunicándollo ás mestras Cecilia e Bárbara, que nos están a axudar.
Nos taboleiros do colexio e no noso Facebook, informaremos da hora e sitio no que hai que presentarse para os desfiles. 
Se queredes botar unha man na elaboración do atrezzo, acudide ao cole calquera día ás 16:30 hs, agás o martes.
Xunta directiva da ANPA “O Piñeiro” 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PARTICIPACIÓN ENTROIDO 2018
Nome , apelidos e curso dos nenos:
Nº de adultos que acompañan: Nº teléfono de contacto:
En cal ou cales desfiles van participar:
Se participades no de Cambados, por esixencia da organización, engadir nome, dirección e DNI  (adultos)

0 comentarios