Facebook Twitter Google +1     Admin

DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS

20131127154857-bolechas-1-.png
 

Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de infantil e primaria. Os nenos/as terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida.

Os nenos poden participar a través de dúas vías:

desde o cole

O profesor de cada aula deberá entrar na sección Participo desde o cole e seguir as instrucións, é moi doado! Poden participar todas as clases que o desexen.

O colexio poderá gañar...

Un gran premio de 3.000 euros(ingresado nunha conta de Novagalicia Banco). Ademais todos os colexios teñen un agasallo seguro só por participar: un lote de cadernos de actividades dos Bolechas cheos de xogos e diversión.


Caderno de actividades dos Bolechas

 

desde a casa

Se o seu fillo/a xa participou co seu colexio recibirá unha folla informativa coas indicacións para optar aos premios individuais.

Aínda que o seu fillo non participase co seu colexio pode facer un debuxo para participar no sorteo dos premios individuais. Entre na sección Participo desde a casa e siga as instrucións.

Poderá gañar...

Unha das 60 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (12 tomos+mulecha), un dos30 premios de 60 euros ou un dos 30 premios de 30 euros (os premios económicos serán ingresados nunhaconta Netclub de Novagalicia Banco).

Biblioteca Básica Os Bolechas + Mulecha                              20131127154745-prazo.png    

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.