Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

FESTIVAL DE NADAL DO COLE NO AUDITORIO

FESTIVAL DE NADAL DO COLE NO AUDITORIO

  Aprezadas familias:

                    Dirixímonos a vós para contarvos que este ano os pais e nais do noso cole, imos poder presenciar o festival de Nadal dos nosos fillos. ¿Cómo? Pois da seguinte maneira:

  No colexio van representar como sempre o seu festival dirixido aos propios alumnos os días 19 e 20 de decembro, pero o 21, por iniciativa da ANPA, os nenos/as realizarán as mesmas actuacións ¡NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA!

  Para que isto se poida levar a cabo, a Xunta Directiva non pode facelo soa, así que, por motivos de organización,  imos necesitar dous ou tres pais ou nais por cada clase para que se fagan cargo dela o día do espectáculo. Contamos co apoio dos mestres e do equipo directivo, consentindo que un pai ou nai por aula asista a presenciar o festival do cole para coñecer de primeira man o que o seu grupo vai representar (qué van cantar, cómo se van colocar, cómo irán vestidos, etc.) para logo dirixilos e acompañalos no Auditorio, xa que os docentes ese día non se farán cargo dos rapaces, ainda que dende aquí os invitamos a que asistan como espectadores, se o desexan.

  Recalcamos que SÓ PODERÁ ACUDIR A VER A ACTUACIÓN NO COLEXIO, AQUELA PERSOA QUE SE VAI FACER CARGO DA ACTUACIÓN DA SÚA CLASE O DÍA DA REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO.

  Por parte do colexio nos proporcionarán a música, o programa, e todo o que faga falla para extrapolar ao Auditorio a actuación que fagan no centro.

  O evento terá lugar o sábado 21 de decembro ás 17 hs, ainda que os meniños e meniñas deberán estar no propio  Auditorio ás 16 hs, completamente preparados para a actuación (vestidos e maquillados, se é o caso).

  Por todo elo, pedimos a vosa colaboración para que cubrades o resgardo que atoparedes abaixo, confirmando a presencia do/s voso/s fillo/s.

  Asimesmo, precisamos que nos comuniquedes se desexades ser un dos pais e nais que se encarguen dunha clase e se queredes ser o que asista ao festival do cole para logo axudar ao voso grupo no Auditorio. Neste senso, aclaramos que en caso de recibir máis dunha petición para unha mesma clase, a elección faráse por sorteo diante de vós, na Asamblea Xeral de socios do día 11 de decembro, para a cal enviarémosvos a pertinente convocatoria.

  Podedes depositar o resgardo cuberto na furna que atoparedes no vestíbulo do colexio ata o 9 de decembro.

  Podedes facernos chegar as vosas dúbidas a través do noso e-mail ( anpa.opineiro@nontedurmas.org), blog (http://anpaopineiro.blogia.com/), facebook (Anpa Piñeiro do CEIP Piñeiriño) ou en persoa a calquera membro da Xunta Directiva da ANPA.

  Recibide unha agarimosa aperta da Xunta Directiva da ANPA O Piñeiro -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ASISTENCIA AO FESTIVAL DO AUDITORIO DO DÍA SÁBADO 21 DE DECEMBRO DE 2013

NOME DO NENO E CURSO (especifica a letra da clase: A ou B):

CUBRE OS SEGUINTES DATOS SE QUERES COLABORAR NA ORGANIZACIÓN DUN GRUPO NO AUDITORIO:

O TEU NOME E Nº DE TELÉFONO:

CLASE Á QUE PREFERENTEMENTE DESEXAS ACOMPAÑAR:

¿QUERES ENCARGARTE DA ACTUACIÓN DESA CLASE, E POLO TANTO, IR AO FESTIVAL DO COLEXIO?  SÍ    NON   

******* MOI IMPORTANTE CONFIRMAR ASISTENCIA************

0 comentarios