Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

OS NENOS QUE FALABAN COS GOLFIÑOS

Aquí vos deixamos o 1º conto do Grupo de contacontos e unhas fotos das distintas xornadas que se fixeron.Gracias os mestres e os pais que participaron.

Polas caras das fotos,creo que non o pasaron nada mal.

 

OS NENOS QUE FALABAN COS GOLFIÑOS

 

                             

             Parte Primeira: Encontro e Comunicación

 

Un día, como tantos de verán, María e Telmo foron á Praia Compostela cos seus país. Ó cabo dun tempo, o cativo pregúntalle á nai : ¿onde están os golfiños?. A nai explicoulle que estaban máis adentro do mar e lonxe da praia.

Estaban xogando na auga e a María escapóuselle a pelota un pouco lonxe.Telmo foi a buscala e… ¡ De súpeto! Veu algo de cor gris que saltaba preto del.

¡ É un golfiño!

Telmo asustóuse un pouco pero cando viu que era pequeno, xa lle puso a man polo lombo e o golfiño deixouse acariciar.

Cando María chegou a xunto deles, o golfiño deu uns pitidos cortos moi bonitos. Os nenos sorprendéronse moito porque entendían o que lles dicía o animal.

Entendían o idioma dos golfiños.

O golfiño estábaos saudando.

¡Hola pequerrecho! respondeulle María e Telmo.

Viñeron os tres nadando hacia a orilla e os nenos chamaron ós seus país.

¿ Qué facedes con ese golfiño?

Telmo contoulle ós país que cando foi a buscar a pelota encontráronse con él.

 De súpeto dí María: chámase Eric.

Os país quedaron calados e abraiados.

María e Telmo seguían falando co golfiño e pregúntandolle de onde viña,onde estaban os seus país…. e o golfiño respondíalle cos seus pitidos, que tiña una familia moi grande e que viaxaban todos xuntos pola Ría de Arousa, que xogaban moito cos peixes.

Os pais estaban abraidados mirando como os seus fillos mantiñan unha conversa co golfiño e preguntábanse como era posible que se entenderan.

                                   Parte Segunda: A Amizade e o Desexo

 

María estaba tan leda que lle confesou a Eric que facía moito tempo que tanto ela como seu irmán querían ter un amigo golfiño.Eric, respondeulle que ser amigo era unha cousa moi bonita e grande e como tódalas cousas importantes necesitan o seu esforzó e traballo para existir.Non chega con desexalas nin se mercan con cartos. As cousas importantes nacen do desexo pero tamén do traballo e do tempo. Nacen do amor. Eso é o que dí a nosa nai, dixo María. Xa veremos se somos amigos,añadiu Eric, mirando a cara de sorpresa que empezaban a ter os rapaces.

De súpeto, cerca da Illa de Cortegada, escoitóuse un silbido moi forte e longo, é o levantar a vista, Telmo,María e os seus pais viron moitas aletas saíndo de entre as ondas e unha femia grande deu un gran salto. É a miña nai que me está chamando, teño que marchar,dixo Eric a Telmo e a María. Adeus. Eric marchou dando saltos na dirección da súa familia, que estaba volvendo polas Illas Malveiras e alonxábanse de Vilagarcía meténdose entre as bateas do mexillón.

A nai, o pai, María e Telmo quedaron moi calados, ollando como se alonxaban os golfiños, e logo, pouco a pouco, mirándose entre sí todos berraron xuntos  ¡ Temos que facer algo!.

E algo fixeron, falaron cun amigo dos pais, que era mariñeiro para que lles prestase o seu barco e o seguinte fin de semana, saíron a buscar a Eric. O día estaba despexado e a mar en calma. Foron pola costa da Illa de Arousa, Areoso,Vilanova……. pero non viron ningún golfiño.

E así saíron varios fins de semana sin conseguir ver ningún.

 

                                   Parte Terceira: A Amizade e o Esforzo

O tempo empeorou, comenzou a chover e no mar sopraba moito o vento e as ondas eran grandes e perigosas. É mellor que abandonemos a búsqueda de Eric, dixeron os pais, pero Telmo e María, que entenderan a Eric cando lles falara da amizade, subiron ó barco con decisión e puxeron os chalecos salvavidas. Eric é o noso amigo co bo tempo e tamén co mal tempo ¡ Sairemos a buscalo!

E así brincando entre as ondas, aínda foron máis lonxe, chegaron á marisma do Grove, que por esos días, acollía a milleiros de paxaros que viñan a pasar o inverno á Ría de Arousa, e no medio de centos e centos de patos,garzas,espátulas,biluricos,gabitas,pirlos,pillaras… no medio de tantas alas, distinguiron unhas aletas verticais deslizándose ó lado da Illa da Toxa. ¡ Alí,alí! berrou Telmo e ó abrigo do vento e do oleaxe acercáronse á familia de Eric.

¡Hola María e Telmo!, ¡ Qué ledicia ver a uns amigos tan queridos!, dixo Eric cos seus pitidos, creo que imos pasar moi bos momentos xuntos. Os nenos estaban tan contentos que saltaron á auga con chaleco e todo, aínda que non facía falla xa que alí non había oleaxe.

                    Parte Cuarta: A Ilusión e o Amor

Os pais de Telmo e María estaban moi emocionados e seguían sen entender como os seus fillos podían entenderse con aquel pequeno golfiño. ¡ Os pais sentíanse tamén como nenos pequenos e querían xogar cos golfiños!

De repente, escoitaron algo: Hai que ser como os nenos, ter a alma chea de ilusión e o corazón rebosante de amor, e desa maneira todos nos podemos entender.

Os pais déronse a volta para ver quen lles falaba, pero non había ninguén.

Estranados miráronse un ó outro e déronse conta de que era a nai de Eric a que lles estaba falando. ¡ Eles tamén entendían ós golfiños!.

Sen darse conta, mentres buscaban cos seus fillos María e Telmo o seu amigo golfiño, eles tamén se volverán un pouco nenos e así podían escoitar e entender o idioma dos golfiños. 

 

0 comentarios