Facebook Twitter Google +1     Admin

A Concellería informa sobre as convocatorias autonómicas e estatais dos cursos para aprender idiomas

20110317163913-1.gif

A Concellería de Xuventude e Solidariedade informa aos estudiantes do municipio sobre as diferentes convocatorias realizadas pola Xunta e o Estado para a realización de cursos para aprender e perfeccionar idiomas. A oferta inclúe actividades a realizar no país e tamén no estranxeiro e existen cursos para alumnos de sexto de Educación primaria ata universitarios, pasando polos ciclos intermedios. Os prazos de solicitude rematan entre o 24 de marzo e o 11 de abril, dependendo da convocatoria.

As actividades de formación en linguas estranxeiras convocadas pola Consellería de Educación da Xunta para este verán están destinadas a alumnos de centros sostidos con fondos públicos e que estean cursando 6ª de Primaria, 1º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, 1º e 2º de Bacharelato ou de Ciclos formativos Superiores de Formación Profesional. As actividades terán unha duración de entre 2 e 3 semanas e realizaranse no estranxeiro entre a última semana do mes de xuño e finais de agosto. O custe depende da actividade e o prazo de solicitude remata o 11 de abril.

A primeira das convocatorias que realiza o Ministerio de Educación é a de cursos de perfeccionamento da lingua inglesa para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. Terán unha duración mínima de tres semanas e desenvolveranse no estranxeiro entre o 1 de xuño e o 30 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes conclúe o 30 de marzo.

O Ministerio tamén convoca unha nova edición do programa de Inmersión Lingüística para alumnos de 1º de Bacharelato. Nesta modalidade ofértanse 600 prazas en todo o Estado e a actividade desenvolverase durante o período dunha semana do mes de xullo. As solicitudes poderanse presentar ata o 24 de marzo.

Os mozos e mozas ou as familias interesadas en obter máis información sobre estas actividades para aprender e mellorar un idioma estranxeiro, poden dirixirse á Concellería de Xuventude, sita no entrechán do Concello, ou chamar ao teléfono 986 099 200, ext. 224.

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.