Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

AVISOS

CABALGATA REIS 2012

CABALGATA REIS 2012

Con motivo da Cabalgata de Reis que se celebrará o vindeiro día 5 de xaneiro de 2012 en Vilagarcía, convocamos a todos aqueles nen@s que queiran participar na mesma (disfrazados de pastores ou anxos), a que se inscriban cubrindo o cupón adxunto e depositandoo como de costume, na urna que haberá na entrada do colexio antes do día 16 de decembro.

Poderán participar tódolos nen@s do colexio a partir de 5 anos e acompañados por un adulto (pai, nai, avó…). Tamén solicitamos a colaboración dos país/nais que poidan acompañarnos ese día.

Para  recoller os traxes pasar polo cole o día 20 de decembro (martes) en horario de 17:00 a 18:00 horas.

---------------------------------------------------------------------------------------

NOME  ……………………………………………………………………………………… IDADE……...... CURSO…………

NOME DO PAI/NAI ………………………………………………………………………D.N.I. ………………………………..

ENDEREZO……………………………………………………………………………………….. TLF. …………………………….

Autorizo  ó meu fill@ a participar na Cabalgata de Reis 2012 baixo a miña responsabilidade e de acompañalo  na mesma se é pequeno (infantil, 1º).

                                                                                                             SINATURA DO PAI/NAI/TUTOR

 


PROGRAMACIÓN NADAL CONCELLO VILAGARCÍA

PROGRAMACIÓN NADAL CONCELLO VILAGARCÍA

Neste enlace deixamos a programación de Nadal do Concello de Vilagarcía

 

http://www.ivilagarcia.com/fotos/ProgramacionCulturalDEC11.pdf

AXUDEMOS A DIOGO

AXUDEMOS A DIOGO

Diogo é un neno que naceu sen unha man, e está a pedir axudar para poder poñer unha prótese.

¿Cómo podemos axudalo? Sinxelo. Recollendo tódolos tapóns de plástico que sempre temos pola casa e logo van o lixo. Pero non solo tapóns, tamén valen os envases que teñan no seu interior o trianguliño cos números 2,4, ou 5.

No colexio xa tedes fai uns días colocadas unhas caixas onde podedes depositar tódolos tapón e envases.

Soliciamos a vosa colaboración.

 

RECORDADE TÓDOLOS ENVASES E TAPÓNS CO TRIANGULIÑO COS NÚMEROS 2,4 ou 5. 

FIN DA RECOLLIDA 18 NOVEMBRO.

LOTERIA NADAL ANPA O PIÑEIRO

LOTERIA NADAL ANPA O PIÑEIRO

Como en anteriores anos,volvemos ca lotería de Nadal para colaborar ca excursión de fin de curso de 6º.

Aqueles que estedes interesados nela podedes encargala a calquera membro da Anpa ou rapaz de 6º. Son 5 € ( Se xogan 4 € e donativo 1 €)

Moitas grazas e boa sorte a todos

ACCESO COLEGIO PIÑEIRIÑO

Hemos informado al Concello del estado lamentable en que se encuentra el acceso al colegio.Esperemos que sea solucionado en breve.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA O PIÑEIRO

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  ANPA O PIÑEIRO

En relación cos artigos 17,18 e 19 do capítulo III dos vixentes estatutos da ANPA " O PIÑEIRO" do C.E.I.P O PIÑEIRIÑO, convócase ás nais e pais de alumnos á Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Salón de Actos do centro o vindeiro o vindeiro xoves dia 29 de setembro ás 18:30 horas,co seguinte orde do día:

1º- Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

2º- Presentación dos novos cargos da xunta directiva.

3º- Actividades Extraescolares.

4º- Plan Madruga.

5º- Actividades co centro.

6º- Rogos e preguntas.

 

Dada a importancia dos asuntos a tratar contamos ca vosa presencia.

Moitas grazas.

A xunta directiva

BIENVENIDOS A UN NUEVO CURSO

BIENVENIDOS A UN NUEVO CURSO

Aunque con un poco de retraso,os damos la bienvenida al curso 2011-2012 que iniciamos hace unos días.

Tras las vacaciones, volvemos con las pilas cargadas, con mucha ilusión e intentaremos a través de este medio dar a conocer todas las actividades,proyectos y gestiones del Anpa.

Gracias de antemano por vuestras colaboraciones,comentarios y propuestas.Podéis dejarlas en el blog a modo de comentario o en nuestra dirección de correo electrónico:anpa.opineiro@nontedurmas.org

Recordaros que la cuota para ser socio del Anpa es anual y por familia de 15 euros. Desde aquí queremos animaros a haceros socios, pues ya sabéis que cuanto más socios seamos más actividades y beneficios obtendrán nuestros hijos. 

Importante: Para la realización de las actividades extraescolares es preciso ser socio del Anpa.

El pago de la cuota se realizará mediante ingreso en el número de cuenta de Caixanova del Anpa.

El seguro escolar de accidentes es opcional y el coste es de 6€ anuales por niño.

Indicar en el ingreso nombre del niño,apellidos y curso.Fecha límite 31/12/2011

FESTA FIN DE CURSO

Mañá mércores,celebraremos a partir das 16:30 h, a festa de fin de curso da anpa a que poderán asistir tódolos nen@s do centro acompañados polos seus pais.Os que sexan socios deberán traer o carné que lles entregou Lolo,e os non socios, deberán pagar 3€ cada un en concepto de seguro de responsabilidade civil.

Haberá inchables e merenda para todos, e agasallos para os socios.

Se fai bo día poderán traer bañador para o inchable de auga.

Ás 20:00 h bailarán os nen@s de multiactividade (Chuli)

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA O PIÑEIRO

A Anpa O Piñeiro, convoca aos pais e nais a unha asamblea xeral, o vindeiro martes, 21 de xuño de 2011, ás 20:00 horas, coa seguinte orde do día

 

1.- Estado de contas.

2.- Memoria de actividades, curso 2010-2011

3.- Proxectos para o vindeiro curso 2011-2012

4.- Rogos e preguntas

 

Contamos ca vosa participación.

 

PROMOCIÓN ESPECIAL PARA SOCIOS DAS ANPAS FEDERADAS

PROMOCIÓN ESPECIAL PARA SOCIOS DAS ANPAS FEDERADAS

 

PROMOCIÓN ESPECIAL PARA SOCIOS DAS ANPAS FEDERADAS (FANPA)
12% de desconto nos libros de texto do curso 2011/12

 

 

Condicións da promoción:
–E necesario cubrir o formulario (ANEXO 1) e entregalo no Centro Office, na rúa Eduardo Pondal nº 54 Baixo.
–O período de recepción de pedidos será ata o 15 de xullo.
–É necesario presentar a fotocopia de carnet de socio de ANPA ou fotocopia de  recibo de pago.
–O 12% de desconto entregarase en forma de vale para material escolar ou calquer outro material da tenda.



EXCURSION FIN DE CURSO A ILLA DE ONS

O vindeiro domingo,26 de xuño, farase unha excursión á Illa de Ons con saída dende Vilagarcía.O itinerario é o seguinte:

- Saída dende o Porto Deportivo de Vilagarcía ás 9:15 horas.

- Saída de Ons ás 18:30 horas.

Cada familia poderá levar a súa comida ou comer nos restaurantes que hai alí.

Os prezos son os seguintes:

- SOCIOS (nen@s,pais e irmáns): 6 €/persona

- NON SOCIOS: 13 €/ persona

O pago da excursión farase no cole, onde estarán membros da Anpa, de 9:30 a 10:00 horas,dende o día 14 martes ata o luns 20.

Deberán traer cuberta a ficha cos datos dos asistentes e entregaráselle un recibo que terán que presentar o día da excursión para acceder ao barco.

Si a excursión fora suspendida por mal tempo devólveranse os cartos en setembro ao comenzo do curso.

Unha vez pagada a excursión,os que non asistan non se lle devolverán os cartos.

 

Axudas á adquisición de libros 2011/2012

Axudas á adquisición de libros 2011/2012

O programa de Gratuidade Solidaria para o curso 2011/2012 mantén os umbrais da renda das convocatorias anteriores, tomando como referencia a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2009 e o exercicio fiscal 2009.

A convocatoria de axudas á adquisición de libros de texto en 1º e 3º da ESO, cursos que se incorporan este ano por primeira vez ao programa e nos que os manuais teñen un prezo superior, mantén bolsas de 180 euros por estudante para as familias monoparentais cunha renda per cápita de ata 6.000 euros, 5.400 euros para o resto das familias, é dicir, para o primeiro tramo dos contemplados; e de 104 para as monoparentais cunha renda por persoa de entre 6.001 e 9.000 euros, 5.401 e 9.000 no caso do resto das familias (segundo tramo).

Ademais, como xa se sinalou, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios poderá percibir axudas de 250 euros con independencia da renda pér cápita familiar.

Respecto das bolsas para os libros de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria, establécense axudas de 170 euros por alumno para o devandito primeiro tramo de renda per cápita,  de tal forma que o importante da bolsa sexa suficiente para que as familias con menos recursos poidan adquirir os libros. Para as axudas do segundo tramo haberá axudas de 90 euros.

Plurilingüismo e  reposición

A Consellería volve ademais convocar axudas para a adquisición dos libros de 3º e 4º de primaria e 2º e 4º de ESO que cambian de idioma para dar cumprimento ao establecido polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Desta forma, e atendendo as mesmos umbrais para os devanditos tramos de renda per cápita, establécense bolsas 23 e 13 euros en educación primaria para o primeiro e segundo tramo, respectivamente. No caso da educación secundaria o importe será de 25 e 14  euros.

Doutra banda, e co fin de garantir o mellor estado dos manuais nos que aínda está vixente o sistema de préstamo, os centros poderán solicitar beneficiarse do programa de reposición de libros de texto nos niveis de 3º e 4º de primaria e 2º e 4º da ESO.

Procedemento

O prazo de solicitude será do 1 ao 30 de xuño para o alumnado de primaria; do 25 de xuño ao 26 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e o 1 ao 30 de setembro para os que a formalicen no extraordinario. As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es .

Ao igual que o pasado curso as familias que cumpran os requisitos para ser beneficiarios do programa recibirán nos seus respectivos centros educativos un vale co que poderán adquirir os libros no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os manuais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexan ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.

O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informático simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.

Fuente:xunta.es

DVD DESFILE ENTROIDO 2011- BARCO PIRATA

DVD DESFILE ENTROIDO 2011- BARCO PIRATA

 

O ANPA O PIÑEIRO ESTÁ REALIZANDO UN DVD SOBRE O DESFILE DE ENTROIDO NO QUE PARTICIPAMOS CO NOSO BARCO PIRATA.

AQUELES QUE PARTICIPACHEDES NO DESFILE E ESTEDES INTERESADOS EN TER UNHA COPIA (Gratuíta)  TEDES DE PRAZO ATA O PRÓXIMO 15 DE MAIO PARA DEIXAR NA URNA QUE ESTARÁ SITUADA NO HALL DO COLEXIO UN DVD VIRXE CO NOME DO ALUMNO,CURSO E TELÉFONO.

 

-

ENTROIDO 2011

ENTROIDO 2011

Con motivo do Entroido, a directiva da Anpa O Piñeiro decidiu que sería interesante participar no desfile que organiza o Concello de Vilagarcía. É unha boa maneira de aproveitar os disfraces do colexio e participar como grupo ( ou grupos) neste evento e ter así acceso aos premios.

Os interesados deberán cubrir o cupón que levaron hoxe a casa os rapaces e deixalo na urna na entrada do colexio,antes do venres  25 de febreiro.

Celebraremos unha reunión o xoves 3 de marzo ás 16:30 horas no salón de actos do colexio.

Apertura do prazo de solicitude das axudas autonómicas por fillos menores de tres anos

Apertura do prazo de solicitude das axudas autonómicas por fillos menores de tres anos

A percepción desta axuda está condicionada polo requisito de que nin solicitante nin ningún outro membro da unidade familiar estea obrigado a presentar a declaración da renda por razón dos ingresos obtidos en 2009. Este ano a Xunta inclúe ademais que non poderán acceder as axudas aquelas familias nas que algún membro, aínda non estando obrigado a presentar a declaración da renda, o tivese feito de xeito voluntario. 

Os beneficiarios desta prestación económica por pagamento único poderán ser as persoas que teñas fillos ou fillas nacidos entre o 2 de xaneiro de 2008 e o 1 de xaneiro de 2011. NO caso de familias que tivesen adoptado ou acollido a un neno entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2010, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data de resolución xudicial ou administrativa que a declare. Nos casos de separación ou divorcio, poderanse beneficiar da axuda o pai ou nai que teña a custodia do cativo.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, a contía daprestación será de 360 euros por cada un das fillasou fillos, sen que o mesmo descendente poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Tamén se poderán beneficiar da axuda os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que teñan a condición de contribuíntes e cumpran as condicións fixadas na Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

A orde que regula a concesión destas axudas publicouse no DOG do 15 de febreiro. 

Mais información :http://www.xunta.es/Dog/Dog2011.nsf/FichaContenido/60EA?OpenDocument

PLAN MADRUGA

Como consecuencia das recomendacións da Consellería de Educación e O.U,modifícanse os horarios de apertura para o Plan Madruga.

A partir do 31 de xaneiro, o portal do cole abrirase en dúas tandas: a 1ª ás 8:30 e a 2ª ás 9:00. O resto do tempo o portal permanecerá pechado ata as 9:15. Por esta razón,só poderán acceder ao recinto os nenos e nenas que asistan ao Plan Madruga e sempre baixo a supervisión dun monitor.

O precio por neno é de 15 euros mensuais e no caso de irmáns,o segundo pagará 7 euros.

LOTERIA REYES

LOTERIA REYES

Como sabeis la lotería de navidad tenía el premio del reintegro, por lo que decidimos jugar de nuevo los 40 € que nos tocaron en el número77893 para probar de nuevo suerte en el sorte del Niño del día 6.

Que los reyes os traigan muchas cosas.

 

FELIZ ANINOVO A TODOS-FELIZ 2011

FESTA NADAL 2010

FESTA NADAL 2010

Este venres día 17 a partires das 16:30 h, no patio cuberto do colexio " Chocolatada con churros" para os socios da Anpa. Teremos obradoiros de maquillaxe,debuxo,baile,villancicos, e moitas, moitas sorpresas.

NAVIDAD 2010-2011 CENTRO COMERCIAL AROUSA

NAVIDAD 2010-2011 CENTRO COMERCIAL AROUSA

Como es habitual, el centro comercial Arousa piensa en los más pequeños cada vez que se aproximan las fechas navideñas, de manera que ha preparado una intensa agenda de actividades dirigidas a ellos. Todas se celebrarán en horario de seis a nueve en un local habilitado en la segunda planta, y contando con la apertura de los domingos autorizados para el comercio.

Las propuestas comienzan mañana sábado con un taller de plastilina y abalorios. El domingo habrá juegos en grupo, y el sábado siguiente, murales. Entre las actividades que se realizarán los fines de semana siguientes figuran la confección de adornos de Navidad, confección de muñecos de gomaespuma, taller de cocina, animación a la lectura, globoflexia, una fiesta de fin de año el día 31, y un taller para confeccionar la carta a los Reyes Magos el 2 de enero.

Además se proyectarán películas, habrá un campeonato de scalextric, del 21 al 24 se recibirá la visita de Papá Noel, por la mañana y por la tarde, y el 5 de enero estarán los Reyes Magos. En este caso, Sus Majestades estarán en el centro comercial de A Xunqueira entre las cuatro y las siete de la tarde.

Fuente: La Voz de Galicia