Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

BENVIDOS Ó NOVO CURSO 2016-2017

BENVIDOS Ó NOVO CURSO 2016-2017

  1) Dende a ANPA O Piñeiro queremos convocarvos á Asamblea Xeral ordinaria que levaremos a cabo no Salón de actos do cole o vindeiro luns 26 de setembro ás 17 hs. en única convocatoria. A orde do día será a seguinte:

1. Lectura e aprobación da acta da Asamblea Xeral ordinaria anterior.

2. Memoria de actividades levadas a cabo pola ANPA no derradeiro curso 2015-2016.

3. Estado actual das contas.

4. Actividades previstas para o presente curso.

5. Renovación, baixas e posibles incorporacións á Xunta directiva.

6. Rogos e preguntas.

 

 2) En relación á cuota de soci@, mantemos o prezo de 15€ anuais por familia. Será obrigatorio ser soci@ para acceder ás actividades extraescolares. Este pago poderá facerse efectivo en persoa no colexio (no porche de entrada de Ed.Infantil) na semana do 26 ao 30 de setembro de 9.30 a 10 hs. e de 14 a 14.30 hs. ou na conta de Abanca 20805542273040000100 ESPECIFICANDO O NOME D@S NEN@S E O CURSO. Se elixides a opción do pago a través do banco, a data límite para facerse soci@ é o 31 de decembro de 2016.

 

 3) En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ofertadas pola nosa ANPA, comezan o 1 de outubro e ríxense polo calendario escolar (os días non lectivos tampouco impártese a extraescolar). O pago das cuotas xestiónanse directamente cos monitores das mesmas, agás o da actividade de Piscina, que se fai a través da ANPA. Son as seguintes:

 

  LUNS, 16. 30 A 18 HS.: BAILE MODERNO. Prezo: 12€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

  MARTES, 16.30 A 17.30 HS: MINI TENIS. Alumnado de Ed.Infantil. Prezo: 12€/mes

  MARTES, 17.30 A 18.30 HS: TENIS. Alumnado de Ed. Primaria. Prezo: 12€/mes

  MÉRCORES, 16.30 A 17.30 HS: INTELIXENCIA EMOCIONAL. Prezo: 15€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

  MÉRCORES, 17.30 A 18.30 HS: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Prezo: 15€/mes (MATERIAIS E INGREDIENTES INCLUIDOS). Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

  XOVES, 16.30 A 18 HS: TEATRO. Prezo: 12€/mes. Alumnado de Ed. Primaria

  XOVES, 16.30 A 17.30 HS: ZUMBA KIDS. Prezo: 15€/mes. Alumnado de Primaria

  VENRES, 16.30 A 18 HS: TEATRO EN INGLÉS (profesora nativa inglesa). Prezo: 15€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria

  VENRES, 16.30 HS E 17.15 HS: NATACIÓN. Para rapaces de 4 anos en diante. Actividade a realizar nas dependencias da Piscina Municipal de Vilagarcía (Fontecarmoa). Temos 10 prazas reservadas para a quenda das 16.30 hs. e outras 10 para a das 17.15 hs. Prezo: 38,72€/ cuatrimestre. 45 minutos semanais. Por esixencias da empresa que xestiona a piscina municipal, o pago faráse efectivo directamente aos membros da ANPA e serán estes os que fagan o ingreso conxunto na conta da empresa. Non aceptan pagos soltos. Por iso, os interesados deberán abonar o importe do primeiro cuatrimestre (outubro,novembro, decembro e xaneiro) aos membros da ANPA que estarán recaudando as cuotas doa socios nas mesmas datas e horarios (derradeira semana de setembro).

  PLAN MADRUGA: Desenrólase no ximnasio e débese acceder a el a través do portal de arriba entre as 8.30 hs. e as 9.05 hs., hora na que se pecha o portal. A cuota abonarase á monitora dentro dos 3 primeiros días de cada mes.

 O servizo comeza o xoves 15 de setembro (o mes de setembro cobrarase a metade do importe).

  Prezos:

- No caso de que se xunten máis de 10 nen@s:

  Mes completo: 25€

  Medio mes (por exemplo, semanas alternas): 15€

 

- No caso de que se reúnan menos de 10 nen@s:

  Mes completo: 30€

  Medio mes: 20€

- Días soltos: 2,50€. Pensado para os días nos que surxa algún imprevisto e a familia precise deixar @ nen@ antes da hora de entrada. O importe abonaráse no mesmo momento de deixal@. Non fai falla avisar con antelación.

 

  Se estades interesad@s nalgunha actividade, pregamos que depositedes o seguinte impreso de inscrición na urna que atoparedes na entrada do colexio ata o venres 23 de setembro. O martes 27 avisaremos no taboleiro da entrada do colexio e vía Facebook (Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño) que actividades acadaron grupo.

  Recibide un cordial saúdo.

  Xunta directiva da ANPA O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOME DO/A ALUMNO/A:                                                                                                                  CURSO:

 

TELÉFONO DE CONTACTO:                                                     E-MAIL:

 

ACTIVIDADES ELIXIDAS (se elixides “PISCINA”, especificar que horario vos interesa preferentemente):

 

 

0 comentarios