Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

O concurso de carteis da Cabalgata de Reis ábrese a todos os nenos e nenas do municipio de 7 a 11 anos

O concurso de carteis da Cabalgata de Reis ábrese a todos os nenos e nenas do municipio de 7 a 11 anos

A elección do cartel da Cabalgata de Reis deste Nadal chega con novidades. Como sempre, será un neno ou nena do municipio o autor da imaxe coa que se anunciará o esperado evento, e tamén como sempre a elección farase polo sistema de concurso. O cambio é que en lugar de realizar unha convocatoria a través dos centros educativos, a Concellería de Cultura optou por abrir o certame a toda a poboación infantil de xeito que calquera neno que o desexe poida presentar o seu debuxo.

Con este cambio preténdese que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de que o seu debuxo serva de invitación aso actos que presidirán os Reis Magos en Vilagarcía, algo que a todos os nenos lles fai moita ilusión e que co sistema anterior de concurso escolar esta posibilidade se vía limitada a que o centro decidise participar e ao cursos que cada un dos colexios determinase.

Agora, poderán participar a título individual nenos e nenas de 7 a 11 anos de idade aque estena empadroados no municipio. Non poderán presentarse traballos en grupo, pero cada participante poderá presentar o número de debuxos que queira. Os únicos requisitos son que os carteis deben elaborarse en formato DIN A 4, incluír na composición o texto “Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 hora” e presentarse na Concellería de Cultura (no Auditorio) de martes a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas ata o 11 de decembro incluído. O prazo ábrese hoxe.

Segundo as bases, que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web, os debuxos non poderán ir firmados nin levar o nome. Estes datos deberán poñerse no reverso do cartel, facendo constar no e apelidos, enderezo e número de teléfono.

Un xurado elixirá o cartel gañador e o seu autor recibirá un premio consistente nun pack de pintura. Ademais do recoñecemento público, o cartel anunciador da Cabalgata incluirá unha breve reseña do autor do debuxo.

Fuente:Concello Vilagarcía

0 comentarios