Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia doslibros de texto e demais materiais curriculares.

A disposición adicional primeira do Decreto 89/1993, do 19 de abril, polo que se regulandeterminados aspectos en materia de libros de texto e materiais curriculares paraas ensinanzas de réxime xeral (DOG núm. 78, do 27 de abril), faculta a persoa titular daconsellería competente en materia de educación a ditar as disposicións que exixa o desenvolvementoe execución do decreto.

En consonancia coa política de austeridade do goberno da Xunta de Galicia, no contextoconcreto das axudas para a adquisición de libros de texto e materiais curriculares eo período de vixencia destes nos respectivos cursos e ciclos, resulta conveniente efectuarunha adecuación á actual situación económica, coa finalidade de minimizar o impacto naseconomías das familias e reforzar a garantía de igualdade de oportunidades no acceso áeducación e a calidade do ensino.

Así mesmo, a permanencia dos mesmos libros de texto no centro durante unha etapaprudencial contribúe á dobre finalidade de permitir o uso por distintos membros da familia ede transmitir ao alumnado, desde as primeiras etapas da súa formación, a cultura xeral douso racional e sustentable dos recursos, e facelo desde un ámbito tan determinante para oseu desenvolvemento futuro como é o educativo.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 6.2 e no uso das facultades conferidasna disposición adicional primeira do Decreto 89/1993, do 19 de abril, polo que seregulan determinados aspectos en materia de libros de texto e materiais curriculares paraas ensinanzas de réxime xeral (DOG núm. 78, do 27 de abril),

DISPOÑO:Artigo único. Vixencia dos libros de texto e materiais curriculares

1. Determinar como período de vixencia dos libros de texto e materiais curriculares paraas ensinanzas de réxime xeral seis (6) cursos académicos, contados desde a súa elección.CVE-DOG: f6ap8jh7-7iz4-1qk9-dir8-gbf0wahgayp5DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19121ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. Durante este período só poderán substituírse cando circunstancias excepcionais oude carácter pedagóxico ou científico o aconsellen, e así o determine a xefatura territorialcorrespondente desta consellería, logo do informe de inspección educativa, previa solicitudedo centro.Disposición derrogatoria.

Derrogación normativa

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ápresente orde.

Disposición derradeira.

Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

José Manuel Pinal RodríguezDirector xeral de Centros e Recursos Humanos

0 comentarios