Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

INFORMACIÓN PARA PAIS/NAIS

INFORMACIÓN PARA PAIS/NAIS

Xa estamos na rede!! Dende hai uns días está á vosa disposición o blog desta ANPA, no cal poderán informarse de todo o que precisen con relación ás funcións e actividades da mesma. Calquera pode acceder ó blog e deixar comentarios ou suxerencias.

http://anpaopineiro.blogia.com/

Querésmolles recordar que as funcións da anpa non so consisten en organizar e xestionar actividades extraescolares. Ó longo do curso estamos a traballar arreo polo ben dos nen@s (sexan ou non da anpa), colaboramos co colexio sempre, e estamos dispostos a resolver, na medida do posible, calquer dúbida ou inquedanza dos pais/nais.

    No curso escolar 2009-2010, ademáis de xestionar as actividades  extraescolares, colaboramos co colexio no “Trasno das letras”, no Magosto, no Carnaval, na Romaría, na Festa da convivencia…

Xestionamos a loteria de Nadal para axudar ós alumnos de 6º na excursión de fin de curso.

Compramos chocolatinas para repartir entre tódolos nen@s do centro no Nadal.

Regalamos xelados a tódolos nen@s ó final do curso escolar.

Organizamos a participación dos nen@s na  Cabalgata de Reis.

Xestionamos o Plan Madruga.

Ofertamos un Seguro Escolar de Accidentes para alumn@s do centro escolar.

Organizamos unhas xornadas de Edcucación Vial.

Xestionamos e organizamos con éxito unha excursión á illa de Ons.

Todas estas xestións, ademáis doutras, necesitan dunha gran dedicación por parte da directiva da anpa, pero tamén é necesaria a colaboración dos pais e nais. Por iso, non só é importante pertencer á ANPA, se non tamén colaborar con ela no que sexa posible para poder acadar maiores logros cada día en beneficio dos nosos fill@s. Dende a nova directiva xa estamos a traballar para  poder  conseguilos, e esperamos e solicitamos a vosa implicación para  que a educación dos nosos fill@s sexa cada día mellor.

0 comentarios