Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ACTIVIDADES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018/2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018/2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE LOGRARON XUNTAR GRUPO MÍNIMO E QUE EMPEZAN A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO.- 

 

PARA ACCEDER A ELAS, AS FAMILIAS DEBEN ESTAR AO CORRENTE DA CUOTA DE SOCIO DA ANPA!!! Transferencia de 15€/familia á conta de Abanca: ES71 20805542273040000100 (facer constar nome e curso do/s neno/s). 

 

AS CUOTAS DAS ACTIVIDADES, PÁGANSELLE AOS MONITORES DAS MESMAS. 

 

- ROBÓTICA.- COMEZA O LUNS DÍA 1. DE 16:30 A 17:30 HS. 15€/MES 

- TENIS.- COMEZA O LUNS DÍA 1. DE 16:30 A 17:30 HS. 12€/MES 

- XIMNASIA RÍTMICA.- COMEZA O MARTES DÍA 2. DE 16:30 A 17:45 HS. 12€/MES 

- COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL.- COMEZA O MÉRCORES DÍA 3. DE 16:30 A 17:30 HS. 15€/MES 

-EDUCACIÓN EMOCIONAL CON CANS E MINI ADESTRADORES.- COMEZA O MÉRCORES DÍA 3. ED. INFANTIL DE 16:30 A 17:30 HS. / ED. PRIMARIA DE 17:30 A 18:30 HS. 15€/MES 

- TEATRO EN INGLÉS.- COMEZA O VENRES DÍA 5. DE 16:30 A 18 HS. 15€/MES. 

 

 

ANPA “O PIÑEIRO” DO CEIP O PIÑEIRIÑO.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLRES QUE ACADARON GRUPO

Dende a ANPA “O PIÑEIRO” informamos que as actividades extraescolares que acadaron grupo suficiente para impartirse durante o presente curso son:
LUNS, 16. 30 a 17.30 hs.: CAPOEIRA.15€/mes. Ed. Infantil e Primaria. Comeza o luns 2 de outubro e impártese no ximnasio.
MARTES, 16.30 a 17.30 hs: TENIS.12€/mes. Ed. Primaria. Comeza o martes 3 de outubro e impártese na pista de cemento de arriba (en caso de choiva, no ximnasio).
MARTES, 16.30 a 17.30 hs: MINI ROBÓTICA (iniciación).Ed.Infantil+1º Primaria.12€/mes. Comeza o martes 3 de outubro e impártese no salón de usos múltiples
MARTES, 17.30 a 18.30 hs: ROBÓTICA (programación, funcionamento e construcción de robots con material de reciclaxe, física, electrónica, etc.). A partir de 2º Primaria. 12€/mes. Comeza o martes 3 de outubro e impártese no salón de usos múltiples.
MÉRCORES, 16.30 a 17.30 hs: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Ed. Infantil e Primaria.15€/mes (con materiais e ingredientes incluidos). Comeza o mércores 4 de outubro e impártese na aula de plástica.
MÉRCORES, 16.30 a 17.30 hs: EDUCACIÓN EMOCIONAL ASISTIDA CON CANS (GRUPO DE ED. INFANTIL). Utilízanse cans de terapia (da raza “Labrador”) para potenciar as fortalezas en lugar das carencias dos nenos, aprender a identificar e xestionar emocións, traballar o autoconcepto, previr o acoso, resolver conflictos de forma positiva, mellorar a expresión emocional, aprender técnicas de relaxación, etc. 15€/mes. Comeza o mércores 4 de outubro e impártese no salón de usos múltiples.
MÉRCORES, 17.30 a 18.30 hs: EDUCACIÓN EMOCIONAL ASISTIDA CON CANS (GRUPO DE ED. PRIMARIA). Comeza o mércores 4 de outubro no salón de usos múltiples.
XOVES, 16.30 a 17.30 hs: MÓVETE DANCE (zumba, bailes, xogos…). Ed. Infantil e Primaria. 12€/mes. Comeza o xoves 5 de outubro e impártese no ximnasio.
VENRES, 16.30 a 18.00 hs: TEATRO EN NGLÉS (profesora nativa). Ed. Infantil e Primaria. 15€/mes. Comeza o venres 6 de outubro e impártese no salón de usos múltiples.
- O pago das cuotas xestionarase directamente cos monitores/as.
Todas as actividades admiten incorporacións ao longo do curso. Para elo é IMPRESCINDIBLE poñerse en contacto coa ANPA para que o comunique aos responsables das extraescolares.
- Asimesmo, as baixas tamén deben ser avisadas á ANPA, xa sexa en persoa a calquera membro da xunta directiva, por mensaxe privada ao facebook Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño ou por correo electrónico á dirección anpa.opineiro@nontedurmas.org.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informamos que xa temos a autorización pertinente para que nenos doutros centros educativos acudan ás actividades extraescolares xestionadas pola nosa ANPA. Todas elas estánse levando a cabo no recinto escolar.Os interesados poden poñerse en contacto a través do correo elctrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada no noso facebook.Lembramos cales son:
  LUNS, 16. 30 A 18 HS.: BAILE MODERNO. Prezo: 12€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.  MARTES, 17.30 A 18.30 HS: TENIS. Alumnado de Ed. Primaria. Prezo: 12€/mes.  MÉRCORES, 16.30 A 17.30 HS: CAPOEIRA. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria. Prezo: 15€/mes.  MÉRCORES, 16.30 A 17.30 HS: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Prezo: 15€/mes (MATERIAIS E INGREDIENTES INCLUIDOS). Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.  XOVES, 16.30 A 17.30 HS: ZUMBA KIDS. Prezo: 12€/mes. Alumnado de Primaria.  VENRES, 16.30 A 18 HS: TEATRO EN INGLÉS (profesora nativa inglesa). Prezo: 15€/mes. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

“Os tres porquiños” regresa a Vilagarcía a petición do público, tras o éxito da primeira representación

“Os tres porquiños” regresa a Vilagarcía a petición do público, tras o éxito da primeira representación

“Os tres porquiños” despedíronse de Vilagarcía o pasado mes de novembro deixando un moi bo sabor de boca ao público que encheu o Auditorio para gozar da súa estrea na cidade e con moitas ganas de poder facelo a aqueles que non puideron conseguir entrada para a función. Por iso, a compañía viguesa Educa Teatro decidiu volver ao Auditorio da capital arousá para cumprir co seu público. A función representarase o domingo, 12 de abril, a parir das 18:00 horas e a entrada custa 6 euros.

“Os Tres Porquiños” que trae Educa Teatro é unha versión galeguizada do conto popular, pero adaptado aos tempos que corren. O toque especial que lle da a compañía viguesa vén dado pola introdución dun personaxe novo, un explorador narrador, temas musicais educativos e un final alternativo con sorpresa. 

O espectáculo está pensado para nenos e nenas de a partir de 2 anos. É un espectáculo musical representado por bonecos de tamaño real que conta co cinco actores en escena máis os técnicos. A obra ten unha duración de 50 minutos nos que, ademais de entreter e facer pasar un rato moi divertido a nenos e adultos, tamén ten unha finalidade educativa, de aí que a adaptación de EducaTeatro ademais de dinamizar inclúa cancións didácticas (muiñeira incluída) para que os nenos aprendan as cores ou saiban identificar aos animais polas onomatopeias dos sons que emiten por poñer dous exemplos. Todos son temas orixinais, compostos exclusivamente para esta montaxe.

O Porquiño Maior visitará esta semana os colexios para presentarse aos nenos e nenas da cidade e o domingo, despois da función, todos os protagonistas da obra prestaranse a sacar fotos co público que o desexe no fotocol que se instalará no corredor do Auditorio.

As entradas xa están á venta ao prezo único de 6 euros. Pódense comprar anticipadamente a través de http://www.servinova.es , e da billeteira telefónica 902504500 (en ámbolos dous casos máis gastos de xestión); e tamén se poderán adquirir o mesmo día da función, no Auditorio a partir das 16:00 horas.

Concello Vilagarcía

A oferta xuvenil de Semana Santa amplíase cun obradoiro de maxia para rapaces de 8 a 16 anos

A oferta xuvenil de Semana Santa amplíase cun obradoiro de maxia para rapaces de 8 a 16 anos

Os rapaces de 8 a 16 anos de Vilagarcía tamén disporán esta Semana Santa dunha actividade lúdica e creativa na que ocupar o tempo libre das vacacións, ao tempo que contribúen a conciliar a vida familiar nas súas casa. Trátase dun obradoiro de maxia que organiza a Concellería de Xuventude co obxecto de facer chegar as actividades socio educativas, de ocio e tempo libre e de concliliación a un novo tramo de idade e chegar tamén a máis familias.

Para atender os gustos dos rapaces de 8 a 16 anos, o departamento que dirixe Sandra garcía optou por organizar unha actividade con moito atractivo. Trátase dun obradoiro de maxia que impartirán o Mago Xacobe e Pedro Bugarín, ilusionistas profesionales con ampla traxectoria e especialistas en docencia máxica infantil. Nel os rapaces achegaranse e coñecerán de primeira man sinxelos segredos de maxia que poderán poñer en práctica de inmediato e compartir cos seus amigos e familiares. 
Pedro Bugarín é un coñecido mago galego especialista en docencia máxica e en espectáculos familiares. Con tan só 23 anos posúe unha gran experiencia no campo das actividades infantiles e no mundo dos espectáculos de maxia para eventos e celebracións.

O Mago Xacobe é un dos ilusionistas galegos máis recoñecidos gracias ás súas intervencións en programas de televisión como Luar, Supermartes, Pasarela de Estrelas, Tardes con Ana, Pequeno Gran Show ou Desexos Cumpridos. 

A actividade organizada por Xuventude impartirase os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril pola mañá, en horario de 10.30 a 13.30 horas no Auditorio Municipal. Disponse de 24 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. A participación é de balde e os interesados deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello do 17 ao 24 de marzo en horario de 8.30 a 14.30 h. e de 17.00 a 20.00 h de luns a venres e os sábados de 10.00 a 13.00 h.

 

Formularios inscripción:

 http://www.vilagarcia.es/fotos/inscripcion%20obradoiros%20de%20maxia.pdf

Fuente:Concello Vilagarcía.

La piscina municipal acogerá un campus de Semana Santa para niños de entre 4 y 12 años

La piscina municipal acogerá un campus de Semana Santa para niños de entre 4 y 12 años

Además de cursos de natación se realizarán talleres de manualidades y actividades dirigidas

La piscina municipal de Vilagarcía continúa en su afán de seguir ofertando actividades para deportistas de todas las edades. La última iniciativa a poner en práctica es la celebración de un Campus de Semana Santa para todos aquellos niños y niñas de entre 4 y 12 años que quieran realizar deporte en esas fechas de vacaciones escolares.

Entre las actividades a desarrollar, habrá cursos de natación adaptados a los niveles de cada alumnos y también habrá actividades no acuáticas como talleres de manualidades o diversas actividades dirigidas. Todos los interesados pueden dirigirse al teléfono 986 512 716 o al correo vilagarcia@serviocio.es.

De la misma manera, el centro deportivo de Fontecarmoa ofrecerá a lo largo del mes de marzo diversas jornadas de actividades coincidiendo con fechas señaladas en las próximas semanas. El sábado 8 de marzo se celebrará el Día de la Mujer, fecha en la que se podrá participar en diversas ofertas como una sesión de ciclo, un circuito acuático de crossfitness y también de la zona de relax con el spa. Todas las mujeres que tomen parte de esta iniciativa entrarán además en el sorteo de dos tratamientos de belleza.

También se celebrará el 16 de marzo el Día del Padre. Para ello, se invita a todos los padres a acceder a la instalación en compañía de sus hijos y asistir a los cursos de piscina en los que participan. Asimismo, los niños que disfrutan de actividades en la piscina tomarán parte esos días previos de diversos talleres para elaborar un detalle para sus padres.

Ya el domingo 22 de marzo, y coincidiendo con el Día Mundial del Agua, todos los usuarios de la piscina podrán invitar de manera gratuita a otra persona para disfrutar de la instalación.

Además de las actividades dirigidas, los usuarios de la piscina podrán participar en otras iniciativas como la presencia en diferentes pruebas atléticas de la comarca como la Interrruning de Porriño el 15 de marzo, o la Media Maratón Vig-Bay el 22 del presente mes. Incluso está programada la asistencia a una prueba de BTT en Pontevedra para todos aquellos aficionados al deporte de las dos ruedas.

Faro de Vigo

 

Campamentos A Lanzada 2015

Campamentos A Lanzada 2015

Los campamentos de verano en el Centro de Vacaciones de A Lanzada son un proyecto lúdico y educativo que incluye la programación y el desarrollo de actividades relacionadas con la naturaleza, artísticas, deportes y juegos, entre otras.

A estos campamentos se pueden anotar los menores nacidos entre los años 2002 y 2007, ambos incluidos, que tengan su domicilio habitual en cualquiera de los ayuntamientos de la provincia de Pontevedra.

 

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL-EDICIÓN 2015

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL-EDICIÓN 2015

Da ciencia á ficción

Do 27 de febreiro ao 28 de marzo

Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 . 

"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.

As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.

Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa.

 

O CATÁLOGO DO SALÓN

Podes ver o novo catálogo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 1999-2014, que foi presentado na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL 2014.

Pincha AQUÍ para velo en issuu.com

 

XIII Xornada de nais e pais. Educando en igualdade.

XIII Xornada de nais e pais. Educando en igualdade.

Baixo o título“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones” o vindeiro sábado día 21 de febreiro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a décimo terceira edición da Xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela

21 de febreiro de 2015

Inscrición ata o 19 de febreiroxornadas.igualdade@xunta.es

tlf: 981 520 090

A xornada consta de sesións informativas para nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico adaptados á idade de referencia entre 9 e 13 anos dos nenos e nenas. As familias poderán xogar de forma conxunta a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, compartindo baixo parámetros de igualdade, dende cada perspectiva, a súa experiencia e coñecemento acerca da tecnoloxías, os seus retos e as súas oportunidades con especial énfase na prevención do seu uso abusivo.

A capacidade é limitada polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.

Xunta.es

Xuventude organiza unha Ludoteca de Nadal gratuíta para nenos de entre 3 a 7 anos

Xuventude organiza unha Ludoteca de Nadal gratuíta para nenos de entre 3 a 7 anos

A Concellería de Xuventude organiza unha actividade de ocio e conciliación de cara ás vacacións escolares de Nadal. Trátase dunha ludoteca de carácter gratuíto destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Ofértanse 30 prazas e o prazo de solicitude ábrese o luns, 1 de decembro.

 A ludoteca desenvolverase polas mañás no Auditorio Municipal os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e os 2 e 5 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas. As actividades a desenvolver inclúen obradoiros artístico-creativos, manualidades, xogos guiados e libres. Os asistentes realizarán manualidades e adornos de Nadal, un belén, asistirán a contacontos e farán teatro, realizarán xogos predeportivos, practicarán a expresión musical e corporal mediante a interpretación de panxoliñas e música e xogos tradicionais. Tamén confeccionarán agasallos de Nadal, escribirán as súas cartas a Papa Noel e aos Reis magos, pintarán e participarán nas festas de Fin de Ano e de Reis.

Para o desenvolvemento das actividades, a ludoteca organizarase en tres grupos en función das idades dos participantes. Un grupo de 3 anos, outro con nenos e 4 e 5 e outro cos de 6 e 7 anos.

As familias interesadas poden consultar as bases da Ludoteca de Nadal no taboleiro de anuncios da web municipal, dende onde tamén poderán imprimir a solicitude de inscrición. Esta deberá presentarse do 1 ao 13 de decembro no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentada e coa documentación que se especifica nas bases. O horario de Rexistro é de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas e de 17 a 20 horas; e os sábados de 10 a 13 horas.

A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición e a listaxe de admitidos publicarase o 18 de decembro, ao igual que a lista de agarda de habela.

 Descargar PDF

 

Fuente:Concello Vilagarcía

INFORMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

INFORMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

- A ACTIVIDADE "COCIÑA E REPOSTERÍA JUNIOR" COMEZARÁ ESTE MÉRCORES DÍA 1 DE OUTUBRO ÁS 16.30 HS.

- A ACTIVIDADE “CAPOEIRA” EMPEZARÁ ESTE MÉRCORES 1 DE OUTUBRO ÁS 17.30 HS.

- A ACTIVIDADE “BAILE MODERNO” COMEZARÁ O LUNS 6 DE OUTUBRO ÁS 16:30 HS.

- ESTAMOS PENDIENTES DE CONFIRMAR SE A ACTIVIDADE DE “LET’S PLAY IN ENGLISH”ACADA O MÍNIMO DE ALUMN@S ESIXIDOS POLA EMPRESA QUE A IMPARTE.

- C@S INTERESAD@S NA ACTIVIDADE “INTELIXENCIA EMOCIONAL” PORÁSE EN CONTACTO TELEFÓNICO A EMPRESA IMNOVA PARA CHEGAR A UN POSIBLE ACORDO PARA FACER GRUPO, XA QUE AINDA QUE NON CONSEGUIU O MÍNIMO DE PARTICIPANTES, PODE ATOPARSE ALTERNATIVA.

- AS ACTIVIDADES “PINTURA” E “ANDAMOS NA BICI?”NON ACADARON O MÍNIMO DE APUNTAD@S, POLO QUE NON SE LEVARÁN A CABO.

- CON RESPECTO A “NATACIÓN ESCOLAR”, TOD@S @S PREINSCRIT@S ESTÁN ADMITID@S. COMEZA ESTE VENRES 3 DE OUTUBRO E SE PODE CONSULTAR EN QUE HORARIO ESTÁ ENCADRADO CADA NEN@ NO TABLÓN DA ANPA NA ENTRADA DE ED.INFANTIL E NO DE CORCHO DA ENTRADA DE PRIMARIA (ARRIBA).

SENDERISMO POLO ENCORO DO RIO DO CON

SENDERISMO POLO ENCORO DO RIO DO CON

Aquí os dejamos la próxima actividad a la que os invitamos desde la Coordinadora de ANPAs de Vilagarcía, de la que el ANPA del Piñeiriño forma parte. Quien esté interesado deberá inscribirse depositando un papel con el nombre del niño/s, edad y teléfono de contacto en la urna que encontraréis en la entrada del cole. Fecha tope de inscripción: el viernes 13 de junio.

GIMNASIA RÍTMICA 2013-2014

Actuación final curso 2013-2014 de nuestras niñas de Gimnasia Rítmica.

Gracias profe Uxía,te echaremos mucho de menos.

Os nenos de 6 a 14 anos disporán en verán da Escola Multideportiva e de sesións de patinaxe e piragüismo

Os nenos de 6 a 14 anos disporán en verán da Escola Multideportiva e de sesións de patinaxe e piragüismo

Os nenos de 6 a 14 anos disporán en verán da Escola Multideportiva e de sesións de patinaxe e piragüismo
A Fundación de Deportes xa pechou o programa deportivo de verán para os nenos e nenas do municipio que poderán aproveitar as vacacións estivais practicando diversas actividades lúdico e físicas na praia e introducirse en novas modalidades deportivas. Durante os meses de xullo e agosto volverán a funcionar as Escolas Multideportivas de Verán, haberá piragüismo e tamén patinaxe en liña. O programa está dirixido a rapaces de 6 a 14 anos e desenvolveranse os meses de xullo e agosto. O prezo é de 12 euros por un mes e 18 polos dous e o prazo de inscrición ábrese o 26 de maio.

As actividades que se impartirán na Escola Multideportiva de Verán inclúen xogos de iniciación a deportes que se poden practicar na praia, como fútbol ou volei; xogos con implementos, como palas ou béisbol; xogos con material alternativo como pode ser freesbes ou indiakas; xogos cooperativos con paracaídas e ata xogos acuáticos con porterías e canastras. Tamén se impartirán sesións de iniciación ao piragüismo.

Todas estas actividades desenvolveranse nas praia da concha Compostela de luns a venres en horario de mañá. Habilitaranse dous grupos ao día en función das idades dos participantes comezando as actividades polos máis maiores, de 10 a 11.30 horas para seguir cos máis pequenos, que terán o seu tempo de 11:30 a 13:00 horas. Todas as actividades estarán dirixidas e supervisadas polos técnicos deportivos da Fundación.
En caso de choiva, as actividades das Escolas Multideportivas trasladaranse ao pavillón municipal de Guillán.

A actividade de patinaxe en liña desenvolverase nas pistas do Parque do Cavadelo e en caso de choiva no pavillón de deportes do colexio Arealonga. Celebrarase de luns a venres con dúas sesións de hora e media de duración cada xornada. A primeira comezará ás 10 e a segunda as 11:30 horas. Un técnico deportivo especializado nesta disciplina será o encargado de impartir a actividade.


As Escolas Multideportivas e as outras actividades deportivas de verán dan continuidade ao programa de deporte para nenos e nenas que desenvolve ao longo do curso escolar a Fundación de Deportes co obxecto de promover a práctica de actividade física e os hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil, así como para facilitarlles un primeiro contacto cos diversas modalidades deportivas para que cada neno e nena poida elixir entre a que máis lle guste.

Os interesados en participar nestas actividades deberán inscribirse entre o 26 de maio e o 13 de xuño nas oficinas da Fundación de Deportes, sitas nas dependencias de Fexdega, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Á folla de inscrición debidamente cumprimentada deberán aportar copia do DNI do neno ou nena ou da folla do libro de familia onde figura, así como o resgardo do ingreso da cota que se deberá realizar na conta da Fundación de Deportes de Nova Galicia Banco. 

Fuente: Concello Vilagarcía

O Dragón Comemedo

Resume do obradoiro celebrado onte na escola municipal de música,aproveitando o día das Letras Galegas,coa colaboración do escritor vilagarcián Antón Romero, centrado no seu libro "O Dragón comemedo".

I MERCADIÑO DE TROCO DE OBXECTOS INFANTÍS

I MERCADIÑO DE TROCO DE OBXECTOS INFANTÍS

O venres 9 de maio ás 18 hs. no patio de Ed. Infantil do  noso colexio e consistirá nun MERCADIÑO DE TROCO DE OBXECTOS INFANTÍS. A idea é que os/as nosos/as fillos/as recopilen e acheguen ao evento aqueles xoguetes, contos, roupa, etc. (en boas condicións) que xa non utilicen e que estean dispostos a desprenderse deles. A cambio poderán escoller outras cousas que os/as demáis nenos/as poñan a disposición. 

1 de Maio Exhibición Ximnasia Rítmica

1 de Maio Exhibición Ximnasia Rítmica

A Concellería organiza unha nova edición dos Campamentos Urbanos de Verán para favorecer a conciliación de 100 familias

A Concellería organiza unha nova edición dos Campamentos Urbanos de Verán para favorecer a conciliación de 100 familias

A Concellería de Xuventude volve a poñer en marcha este verán os Campamentos Urbanos co obxectivo de promover a conciliación da vida laboral e persoal das familias e proporcionar alternativas socio educativas e de lecer aos nenos e nenas de 4 a 7 anos de idade durante as vacacións estivais. O departamento que dirixe Sandra García oferta 100 prazas que se distribuirán nos campamentos que se establecerán nos colexios da Lomba e O Piñeiriño e que funcionará en horario de mañá do 1 de xullo ao 29 de agosto.

Os Campamentos Urbanos están dirixidos a nenos e nenas empadroados en Vilagarcía e nados entre os anos 2007 e 2010. O programa de actividades a desenvolver durante os dous meses que dura o programa inclúe obradoiros artísticos, creativos, manualidades, xogos guiados e libres e outro tipo de actividades atractivas e divertidas para os cativos e coas que tamén se pretende fomentar a educación en valores, a convivencia e as relacións sociais.

Como xa se fixo o pasado ano coa finalidade de que as familias poidan adaptarse do mellor xeito posible ás súas necesidades e aos períodos de vacacións dos pais, Xuventude oferta a posibilidade de inscribir aos nenos os dous meses, un só mes ou en diferentes quincenas do período. A cota depende da duración do período elixido e establécense diversas bonificacións. A cota xeral polos dous meses é de 100 euros, 60 por asistir un só mes e 30 euros por quincena.

Bonificacións e gratuidade
Non obstante, establécense reducións do 50% para o segundo irmán inscrito no servizo. As familias numerosas tamén aboarán soamente o 50 por cento das cotas. Ademais, Xuventude reserva 20 prazas dos Campamentos Urbanos para ser adxudicadas en base aos criterios dos Servizos Sociais Municipais entre as familias usuarias que poderán estar exentas do pago das cotas en base ao informe dos técnicos do departamento e á situación socioeconómica da unidade familiar.

As familias interesadas deben presentar as súas solicitudes no rexistro Xeral do Concello o 22 de abril e o 2 de maio, de luns a venres entre en horario 8:30 a 14:30 horas e os sábados de 10 a 13 horas. Tamén se poderán rexistrar os escritos de luns a venres polas tardes, de 17 a 20 horas, aínda que neste caso o prazo de presentación será do 22 ao 30 de abril.

Os formularios de solicitude, así como as bases nas que figura a documentación que se debe achegar, así como os criterios de baremación e procedemento da adxudicación de prazas, pódense obter nas dependencias da Concellería de Xuventude ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipalhttp://www.vilagarcia.es .

Acción de Verán 2014

Acción de Verán 2014

Acción de verán

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre.

Para favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, a consellería convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2014 que ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.


Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e as demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.


Con base nestes criterios, tanto a Secretaría Xeral de Política Social como a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado acordan integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de xeito que neste ano 2014 as mozas e mozos galegas/os con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das mozas e mozos con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Acción de verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

 

CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta pola natureza, actividades de multiaventura....

Só tes que animarte a participar!

Consulta aquí o PDF

 

CAMPOS DE TRABALLO

  • Campos de traballo en Galicia.
  • Campos de traballo noutras comunidades autónomas.
  • Campos de traballo no estranxeiro
  • Condicións xerais
  • Información e teléfonos
  • Documentación a entregar

 

 ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.

Consulta aquí o PDF

 

OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)

A Consellería de Traballo e Benestar é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2014.

A través da Oferta Concertada, a Consellería de Traballo e Benestar oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 30 de setembro.

Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí 

Información xeral

Fuente:http://xuventude.xunta.es/

 

Campamentos A Lanzada 2014

Campamentos A Lanzada 2014

Los campamentos de verano en el Centro de Vacaciones de A Lanzada son un proyecto lúdico y educativo que incluye la programación y el desarrollo de actividades relacionadas con la naturaleza, artísticas, deportes y juegos, entre otros.

A estos campamentos se pueden anotar los menores nacidos entre los años 2001 y 2006, ambos incluidos, que tengan su domicilio habitual en cualquiera de los ayuntamientos de la provincia de Pontevedra.

 

 

Fuente:www.depo.es