Facebook Twitter Google +1     Admin

Andaina Marismas e Salinas de Ulló

20161006204836-53909556.jpg


    Dende a ANPA “O Piñeiro” convidámosvos a visitar xuntos as marismas e as Salinas de Ulló no concello de Vilaboa, o domingo 16 de outubro. Alí levaremos a cabo unha visita guiada, onde nos ensinarán os restos arquitectónicos e naturais que se conservan da actividade de explotación de ditas salinas entre os séculos XVII e XIX.     Os que saibades onde queda, podedes aparecer alí directamente ás 11.15 hs. Os que non, xuntarémonos no colexio O Piñeiriño (cada cal no seu coche particular) para saír puntualmente ás 10.30 hs.    Como a actividade guiada, ainda que é de balde, ten un límite de 50 prazas, precisamos que vos apuntedes, única e exclusivamente, enviando un correo electrónico á nosa dirección: anpa.opineiro@nontedurmas.org onde se faga constar nome e número de teléfono da persoa solicitante, número de adultos e de nenos que participan.          Confirmaremos a admisión respostando ao mesmo e-mail, xa que a adxudicación de praza farase por orde de inscrición.    Agardamos os vosos mails.    Xunta directiva da ANPA.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.