Facebook Twitter Google +1     Admin

Xa estamos de volta!

20150910090341-1.jpg

Dende a ANPA O Piñeiro queremos convocarvos á Asamblea Xeral ordinaria que levaremos a cabo no Salón de actos do cole o vindeiro xoves 17 de setembro ás 17:00 hs. en única convocatoria. A orde do día será a seguinte:

1. Lectura e aprobación da acta da Asamblea Xeral extraordinaria anterior.

2. Memoria de actividades organizadas pola ANPA O Piñeiro no derradeiro curso 2014-2015.

3. Estado actual das contas.

4. Actividades previstas para o curso 2014-2015. Actividades extraescolares.

5. Renovación e posibles incorporacións á Xunta directiva da ANPA.

6. Rogos e preguntas.

 

En relación á cuota de soci@, mantemos o prezo de 15€ anuais por familia. Será obrigatorio ser soci@ para acceder ás actividades extraescolares. Este pago poderá facerse efectivo en persoa no colexio (no porche de entrada de Ed.Infantil) entre os días 28de setembro e o 2 de outubro de 9.30 a 10 hs. e de 14 a 14.30 hs. ou na conta de Abanca 20805542273040000100 ESPECIFICANDO O NOME D@S NEN@S E O CURSO.

 

En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ofertadas este curso pola nosa ANPA, comezan o 1 de outubro. O pago das cuotas xestiónanse directamente cos monitores das mesmas, agás o da actividade de Piscina, que se fai a través da ANPA. Son as seguintes:

 

LUNS, 16.30 A 18 HS.: BAILE MODERNO. Prezo: 12€. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

MARTES, 16.30 A 17.30 HS: MINI TENIS. Alumnado de Ed.Infantil. Prezo: 12€

MARTES, 17.30 A 18.30 HS: TENIS. Alumnado de Ed. Primaria. Prezo: 12€

MÉRCORES, 16.30 A 17.30 HS: COCIÑA E REPOSTERÍA INFANTIL. Prezo: 15€ (MATERIAIS E INGREDIENTES INCLUIDOS). Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

MÉRCORES, 17.30 A 18.30 HS: INTELIXENCIA EMOCIONAL. Prezo: 15€. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria.

XOVES, 16.30 A 18 HS: TEATRO. Prezo: 12€. Alumnado de Ed. Primaria

VENRES, 16.30 HS: NATACIÓN. Actividade a realizar nas dependencias da Piscina Municipal de Vilagarcía (Fontecarmoa). Temos 10 prazas reservadas para a quenda das 16.30 hs. e outras 10 para a das 17.15 hs. Prezo: 38,72€ por cuatrimestre. 45 minutos semanais. Por esixencias da empresa que xestiona a piscina municipal, o pago faráse efectivo directamente aos membros da ANPA e serán estes os que fagan o ingreso conxunto na conta da empresa. Non aceptan pagos soltos. Por iso, os interesados deberán abonar o importe do primeiro cuatrimestre (outubro,novembro, decembro e xaneiro) aos membros da ANPA que estarán recaudando as cuotas de socios nas mesmas datas e horarios (28 setembro ao 2 outubro á entrada e á saída).

PLAN MADRUGA: Desenrólase no ximnasio e débese acceder a el a través do portal de arriba entre as 8.30 hs. e as 9.05 hs., hora na que se pecha o portal. O servizo comeza o luns 14 de setembro (o mes de setembro se cobrará o importe correspondente a medio mes).

Prezos: (o importe abonaráse á monitora dentro dos 3 primeiros días de cada mes)

- No caso de que se xunten máis de 10 nen@s:

Mes completo: 25€

Medio mes (por exemplo, semanas alternas): 15€

- No caso de que se reúnan menos de 10 nen@s:

Mes completo: 30€

Medio mes: 18€

- Días soltos: 2,50€. O importe abonaráse no mesmo momento de deixar @ nen@. Non fai falla avisar con antelación.

 

Se estades interesad@s nalgunha actividade, pregamos que depositedes o seguinte impreso de inscripción na urna que atoparedes na entrada do colexio ata o venres 25 de setembro. O luns 28 avisaremos no taboleiro da entrada do colexio e vía Facebook (Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño) daquelas actividades das que se acadou grupo.

Recibide un cordial saúdo.

Xunta directiva da ANPA O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOME DO/A ALUMNO/A: CURSO:

TELÉFONO DE CONTACTO: E-MAIL:

PLAN MADRUGA: SÍ NO

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ELIXIDAS:

SE ELIXIDES “PISCINA”, ESPECIFICAR QUE HORARIO VOS INTERESA PREFERENTEMENTE:

 

 

 

 

 

 

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.