Facebook Twitter Google +1     Admin

II FESTIVAL NADAL E CABALGATA REIS-Avisos

20141215200423-1.jpg

 Avisamos a tod@s @s que vaian participar no festival de Nadal do Auditorio (que terá lugar o venres 19 ás 20 hs.), que @s nen@s deberán estar no citado sitio ás 19.30 hs., vestid@s e maquillad@s (se é o caso) tal e como teñen que ir ao do colexio. Neste senso rogamos máxima puntualidade. Os voluntarios de organización e @s pais/nais encargad@s de cada clase, recollerémol@s e acomodarémol@s dentro. As familias accederán á sá 5 minutos antes do comezo. Á saída vol@s iremos entregando por orde de idades de menor a maior, sendo @s primeir@s en saír @s de 3 anos e @s derradeir@s @s de 6º de Primaria.

Aqueles que aínda non se apuntaron e desexen participar, poden facelo anotándose directamente na listaxe colgada no tablón da entrada, ou depositando un papeliño co nome d@ nen@ e o curso na urna, ou ben a través dun correo electrónico a: anpa.opineiro@nontedurmas.org ou nunha mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro Do Ceip Piñeiriño. Destas maneiras tamén podedes apuntarvos engadindo o voso número de teléfono, os pais/nais que queirades exercer de guía dalgún grupo, xa que hai varios que non teñen, como as clases de 3 anos B, 4 anos A, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 6ºA e 6ºB.

2) Entre o luns e o martes, @s rapaces/zas apuntad@s á Cabalgata de Reis levarán os traxes de pastor@s nunha bolsa . Éstes terán que estar de volta o primeiro día de clase, o xoves 8 de xaneiro. Alguén da xunta directiva da ANPA estará recolléndoos ou llos deixades a Lolo, o conserxe. Dentro da bolsa poñede un papeliño co nome d@ alumn@ para saber que o devolveu.

O luns 5 de xaneiro haberá que estar nas inmediacións do portal do colexio Filipenses (en Vista Alegre) ás 17.45 hs para que os nen@s sexan recibidos polas SS.MM. Os Reis Magos de Oriente. Por orde dos organizadores, @s pais/nais non poderán pasar á recepción por falta de espazo, sendo só algúns membros da ANPA os encargados de acompañálos.

3) Aprobeitamos para informarvos que, como cada ano, a ANPA repartirá chocolatinas a todo o alumnado o derradeiro día de clase antes das vacacións.

Bó Nadal a tod@s!

Xunta Directiva da ANPA "O Piñeiro"

 

 

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.