Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

CABALGATA REIS 2015

CABALGATA REIS 2015

Poñémonos en contacto con vós para participar unha vez máis na Cabalgata de Reis que se celebrará o luns 5 de xaneiro de 2015 ás 19 hs. polas rúas de Vilagarcía. O camiño faráse a pé. Para elo contamos cos traxes de pastorciñ@s utilizados noutros anos.

. É imprescindible que os nenos menores de 7 anos (Ed. Infantil e 1º de Primaria) vaian acompañados durante todo o percorrido por un adulto. Aos máis pequenos poderedes levalos na silla se considerades que non van aguantar todo o camiño andando.  Os pais dos nenos de 7 anos en diante tamén poden ir ao seu carón, se así o desexan. Temos traxes de adultos para deixarvos se queredes ir disfrazados.

      Dende o Concello ainda non confirmaron se a saída do percorrido será o Auditorio Municipal ou Vista Alegre como o ano pasado. O que si temos é o seu compromiso de que os Reis Magos recibirán aos nen@s que vaian participar na Cabalgata antes de que dea comezo nunha zona que se habilitará única e exclusivamente para eles. En próxima comunicación concretaremos cómo organizaremos o préstamo dos traxes, así como o lugar e a hora na que teredes que estar c@s pequen@s o propio día do evento.

      Pregamos aos que esteades interesad@s en participar que depositedes a ficha adxunta cuberta cos datos que se vos solicitan na urna que atoparedes no lugar de costume (a mesa que está a carón de secretaría) ata o mércores 3 de decembro. Tamén podedes anotarvos a través do correo electrónico anpa.opineiro@nontedurmas.org ou por mensaxe privada ao noso Facebook: Anpa Piñeiro do Ceip Piñeiriño aportando os datos que pedimos na ficha.

      Recibide un saúdo da Xunta Directiva da ANPA "O Piñeiro"

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                             Inscrición na Cabalgata de Reis 2015

Nome, apelidos e curso (coa letra do grupo. P.ex: 4ºB ou 3 anos A) d@ s nen@s:

 

 

Teléfono de contacto:

Necesitades traxe de adulto? (arrodeade a opción que elixides):

NON          Sí, feminino          Sí, masculino        Sí, masculino e feminino

0 comentarios