Facebook Twitter Google +1     Admin

INFORMACIÓN ANPA CURSO 2014-2015

20140915215700-1.jpg

Á cuota de socio, mantemos o prezo de 15€ anuais por familia. Será obrigatorio ser socio para acceder ás actividades extraescolares. Este pago poderá facerse efectivo en persoa no colexio (no porche de entrada de Ed.Infantil) entre os días 22 e 26 de setembro de 9.30 a 10 hs. e de 14 a 14.30 hs. ou na conta de Abanca 20805542273040000100 ESPECIFICANDO O NOME D@S NEN@S E O CURSO.

 

En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ofertadas este curso pola nosa ANPA van dirixidas tanto ao alumnado de Ed. Infantil como o de Primaria, comezan o 1 de outubro e son as seguintes:

 

LUNS, 16.30 HS: ANDAMOS NA BICI? Actividade que ten como principal obxectivo aprender a andar na bici sen rodíns. A través duns circuitos básicos para dominar a bici con rodíns, @s nen@s aprenderán a manter o equilibro, frear, xirar, etc. ata conseguir quitalos. Prezo: 15€. 1 hora e media semanal.

MARTES, 16.30 HS: INTELIXENCIA EMOCIONAL E CREATIVA. Cun formato lúdico e baseada na neuroeducación e a pedagoxía de vangarda, fomenta aprender a pensar, mellora o rendemento académico, favorece a adaptación e as relacións sociais e mellora a autoestima e o autoconcepto. Prezo: 13€. 1 hora semanal.

MÉRCORES, 16.30 HS: COCIÑA E REPOSTERÍA JUNIOR. A través dunha receta diaria que @s alumn@s elaborarán coa axuda da monitora, persegue, entre outros obxectivos, aprender a elaborar recetas sinxelas, coñecer e probar os diferentes tipos de alimentos, valorar a importancia dunha alimentación sá, interiorizar hábitos de orde, limpeza e hixiene, colaborar e traballar en equipo para conseguir un fin común e valorar o concepto de equidade de xéneros á hora de cociñar e de realizar as tarefas domésticas. Prezo: 15€ (MATERIAIS E INGREDIENTES INCLUIDOS). 2€ de desconto aos segundos irmáns. 1 hora semanal.

MÉRCORES, 17.30 HS: CAPOEIRA. É un compendio de artes marciais, danza, xogo, performance acrobática e rescate histórico-cultural que traballa a coordinación motora, a resistencia, o equilibro, a lateralidade, a responsabilidade e a disciplina. Prezo: 12€. 1 hora semanal.

XOVES, 16.30 HS: PINTURA. Actividade na que os rapaces e rapazas, ademáis de coñecer e por en práctica diversas técnicas, darán renda solta á súa creatividade. Prezo: 15€ (MATERIAIS APARTE). 1 hora e media.

VENRES, 16.30 HS: NATACIÓN. Actividade a realizar nas dependencias da Piscina Municipal de Vilagarcía (Fontecarmoa). Temos 10 prazas reservadas para a quenda das 16.30 hs. e outras 10 para a das 17.15 hs. Prezo: 38,72€ por cuatrimestre. 45 minutos semanais. Por esixencias da empresa que xestiona a piscina municipal, o pago faráse efectivo directamente aos membros da ANPA e serán estes os que fagan o ingreso conxunto na conta da empresa. Non aceptan pagos soltos. Por iso, os interesados deberán abonar o importe do primeiro cuatrimestre (outubro,novembro, decembro e xaneiro) aos membros da ANPA que estarán recaudando as cuotas de socios nas mesmas datas e horarios (22 a 26 setembro á entrada e á saída).

PLAN MADRUGA: Horario: dende as 8.30 hs. Prezo: se se xuntan ata 10 nen@s, 30€. mensuais. Se hai máis de 10, 25€. En ambos casos faise desconto de 5€ aos segundos irmáns. Días soltos: 2,50€. O servizo comeza o luns 15 de setembro (o mes de setembro se cobrará o importe correspondente a medio mes) e accédese a el polo portal de arriba.

 

Pregamos que depositedes o seguinte impreso de inscripción na urna que atoparedes na entrada do colexio ata o mércores 24.

Recibide un cordial saúdo.

Xunta directiva da ANPA O Piñeiro do CEIP O Piñeiriño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOME DO/A ALUMNO/A: CURSO:

TELÉFONO DE CONTACTO: E-MAIL:

PLAN MADRUGA: SÍ NO

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ELIXIDAS: 

 

 

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.