Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

RUTA DE SENDERISMO ALDEA DE PEDRA

RUTA DE SENDERISMO ALDEA DE PEDRA

O vindeiro domingo 18 de maio, levaremos a cabo unha ruta de senderismo dende o Monasterio de Armenteira ata a Aldea de Pedra, incluida na Ruta da Pedra e da Auga. O obxectivo da mesma é compartir entre as familias do noso cole (socias da ANPA ou non) unha xornada en contacto coa natureza. Para elo, organizarémonos da seguinte maneira:

 

  9.30 hs.: Xuntarémonos no colexio O Piñeiriño. Cada un irá no seu medio de transporte particular.

  9.45 hs.: Saída.

10.15 hs.: Chegada á Armenteira. Deixamos aparcados os nosos coches.

10.30 hs.: Comenzamos  a ruta a pé.

12-12.30 hs.:Chegamos ao noso destino, onde compartiremos un rato de xogos populares. Mentres, faránse viaxes nalgúns vehículos particulares para ir buscar aqueles que quedaran aparcados e achegalos á Aldea de Pedra.

13.30 hs. (aprox.): Xantar. Cada un levará a súa comida e bebida.

Non hai establecida unha hora de regreso, cada un voltará cando estime oportuno.

 

           Aqueles que non queiran facer a ruta pero lles apeteza acudir a xantar con todos, poden unirse chegando directamente á Aldea de Pedra, tendo en conta o horario aproximado no que temos previsto chegar alí.

           Para mellor previsión por parte da organización, agradeceriamos nos confirmedes a vosa participación depositando o seguinte impreso cuberto na nosa urna que atoparedes a tal efecto na entrada do colexio ata o martes 13 de maio.  En caso de xurdir algunha novidade en relación coa saída poríamos en contacto con vós, polo que pregamos que nos facilitedes algún tipo de contacto.

          ¡Agardamos que vos animedes!

          Un saúdo.

          Xunta Directiva da ANPA O Piñeiro.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRIPCIÓN NA RUTA DE SENDERISMO.

Nome dun responsable da familia:

Nº adultos que acudirán:

Nº nenos/as que acudirán:

Tfno. de contacto:

Correo electrónico:

 

0 comentarios