Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

“Os Axóuxeres” regresan ao Auditorio cun espectáculo para nenos de ata 6 anos a cargo de Caramuxo Teatro

“Os Axóuxeres” regresan ao Auditorio cun espectáculo para nenos de ata 6 anos a cargo de Caramuxo Teatro

“Os Axóuxeres” regresa en decembro a Vilagarcía para divertir e introducir na lingua galega aos máis pequenos da casa co espectáculo “A festa da música, dos xogos e das palabras” que porá en escena a compañía Teatro do Caramuxo. A actuación será o domingo, 1 de decembro na sala de conferencias do Auditorio e a entrada é libre e de balde previa inscrición chamando ao teléfono 610 641 570 de luns a venres e en horario de 10 a 14 horas.

 Os Axóuxeres é un programa promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que pon en marcha a través da Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello de Vilagarcía. Trátase dun programa lúdico educativo que pretende fomentar o uso do galego na vida cotiá dende a máis tenra infancia. Por iso os seus espectáculos están pensado para nenos pequenos e as súas familias. 

Caramuxo teatro presenta para o programa “os Axóuxeres” un espectáculo para nenos e nenas de ata 6 anos de idade e para as súas familias. Durante 35 minutos cóntanse historias adaptadas aos máis pequenos, mesturadas con apoio musical e con cancións especificamente creadas para a montaxe que implican directamente a participación das familias.
O espectáculo ten unha duración de 35 minutos e preséntase como un espazo onde gozar xuntos e abrirse ao descubrimento do mundo en galego

“A Festa da música, dos xogos e das palabras” fala das casas, das aldeas, das cidades. De como as cosas cambian, medran, evolucionan, en con elas a forma de relacionarse as persoas tamén mudan. Partindo dunha casa de madeira construída nunha aldea que logo converteuse en cidade, os seus habitantes contan como antes non tiñan veciños e agora contan cunha recua deles, todos diferentes, todos interesantes e dos que todos se aprenden.

Fuente:concello Vilagarcía

0 comentarios