Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

ACERA ACCESO COLEGIO PIÑEIRIÑO

 

A ANPA “O PIÑEIRO” do CEIP O PIÑEIRIÑO de Vilagarcía de Arousa ven dende hai máis de 6 meses solicitando ao Concello de Vilagarcía a urxente reparación da marquesina e a acera contigua a saída do colexio, que vai desde a confluencia das rúas Adolfo Pedrido Morla ate o fin da Rúa Afredo Brañas, un treito que non chega os cen metros.

É tal o estado de abandono desta acera, onde está situada a parada do autobús (a marquesina está aprox. a 25 mts de distancia,algo ilóxico) que é imposible andar por ela debido a acumulación de escombros do muro, pola altura das herbas que medran nela e porque para o noso maior asombro a empresa que está a facer as obras de sustitución de todas as aceras da Urbanización do Piñeiriño, agás a nosa, claro está, puxo a súa caseta de obra enriba da acera,o que supón ter que baixar e transitar pola carretera.

 

Para mostra as imaxes....

¿non merecemos que se arranxe está situación?

 

0 comentarios