Facebook Twitter Google +1     Admin

Nenos e nenas de entre 4 e 8 anos poderán participar nun obradoiro "Canta música"

20110414100227-1.jpg

No marco do programa de dinamización lingüística ‘Bocaberta’ o Auditorio de Vilagarcía acollerá o sábado dúas sesións do obradoiro infantil ‘Canta música!’. A primeira terá lugar ás 17.30 horas e a segunda ás 19.00 horas. Os nenos e nenas interesados en participar neste obradoiro deberán anotarse con anterioridade na Escola de Música Bernardo del Río, ben acudindo persoalmente ou chamando por teléfono ao 986 510 770.

O horario de inscrición é o xoves de 10 a 14 horas, e o venres de 10 a 14 e de 16 A 20 horas. O número de prazas está limitado a 40 nenos por sesión e respectarase por rigurosa orde de inscrición.

Canto, música e xogos
‘Canta música!’ é un obradoiro de canto, música e xogos en lingua galega dirixido a nenos e nenas cunha idade comprendida entre os 4 e os 8 anos. Ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís e xogos relacionados con estas cancións e coa fala (como adiviñas, trabalinguas ou rimas), así como algunha melodía cantada acompañada dos ritmos básicos da nosa cultura musical, acompañada de pandeiretas, cunchas, castañolas, outras percusións menores e guitarra, acordeón ou clarinete.
No obradoiro interprétanse tamén algunhas das cancións do libro-disco de Pablo Díaz, “Tic Tac”.

Os obradoiros serán impartidos por Pablo Díaz e Olga Kirk, dúas persoas cunha prolongada traxectoria no eido da música tradicional galega e o ensino da mesma.

Entre os obxectivos deste obradoiro está a promoción e posta en valor da canción e da música en lingua galega, así como a creación e dinamización de espazos de lecer na nosa lingua.

Fuente: ivilagarcia.com

Comentarios » Ir a formulario

anpaopineiro

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.