Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

AVISOS

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

"ANPA O PIÑEIRO" CONVOCA A TODOS OS PAIS E NAIS CON RAPACES E RAPAZAS NAS SEGUINTES ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES A UNHA REUNIÓN DE CARÁCTER IMPORTANTE 10 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CLASE DESTA SEMANA.

- PAIS/NAIS CON FILLOS/AS EN XIMNASIA RÍTMICA: MÉRCORES 26 ÁS 17.50 HS.

- PAIS/NAIS CON FILLOS/AS EN LET'S PLAY: XOVES 27 ÁS 16.20 HS.

- PAIS/NAIS CON FILLOS/AS EN MULTIACTIVIDADE: XOVES 27 ÁS 17.50 HS.

ROGAMOS A VOSA PRESENCIA.

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas por fillo a cargo de 360 euros que se poderá solicitar desde mañá

A prestación da Consellería de Traballo e Benestar consiste nun pagamento único por cada un dos fillos menores de 3 anos

A petición formalizarase no formulario normalizado que está dispoñible na sede electrónica da Xunta no enderezo https://sede.xunta.es

O prazo de presentación das solicitudes, segundo publica hoxe o DOG, será de corenta días naturais contados desde mañá

A resolución destas axudas, que o ano pasado beneficiaron a preto de 3.000 persoas, será nun prazo de cinco meses

Esta medida forma parte do Plan de Dinamización Demográfica de Galicia que inclúe este ano, como novidade, un incremento dos incentivos fiscais 

Santiago, 17 de marzo de 2014.- A prestación por fillo a cargo da Consellería de Traballo e Benestar poderá solicitarse desde mañá, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). A axuda consiste nun pagamento único de 360 euros por cada un dos fillos menores de 3 anos.

Esta prestación diríxese a aquelas persoas que, con data do 1 de xaneiro deste ano, tiveran ao seu cargo fillos o fillas menores de tres anos (nacidos entre o 2 de xaneiro de 2011 e 1 de xaneiro de 2014), sempre que durante o ano 2012 non estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda, nin a presentasen de xeito voluntario.

No caso de fillos ou fillas adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Para solicitar a axuda é necesario que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia e que os nenos convivan coa persoa solicitante. A petición formalizarase no formulario normalizado que está dispoñible na sede electrónica da Xunta no enderezo https://sede.xunta.es.

O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais contados desde mañá. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, si ben tamén se poden presentar en papel.

A resolución destas axudas, que o ano pasado beneficiaron a preto de 3.000 persoas, será nun prazo de seis meses desde o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. A Consellería de Traballo e Benestar adiantou este ano a convocatoria destas axudas, que noutros exercicios saía publicada no DOG a partir do mes de abril.

Esta medida forma parte do primeiro Plan de Dinamización Demográfica de Galicia que foi aprobado o ano pasado no Parlamento galego. Contén 69 medidas e, entre as máis novidosas, figura este ano o incremento dos incentivos fiscais. A dedución por nacemento ou adopción dun fillo elévase este exercicio de 300 a 360 euros. Outras axudas que inclúe este plan é a exención dos prezos públicos a partir do segundo fillo nas escolas infantís, a posta en marcha das casas-niño no rural ou o servizo de axuda no fogar á infancia.

Fuente:www.xunta.es

 

 

Cesta de Entroido

Cesta de Entroido

AGRADECEMENTOS PATROCINADORES CESTA ENTROIDO

AGRADECEMENTOS PATROCINADORES CESTA ENTROIDO

COORDINADORA DE ANPAS VILAGARCÍA

Queremos compartir convosco que hoxe pola mañá acudimos a unha reunión de representantes das ANPAs dos CEIPs de Vilagarcía para tratar a problemática en términos de carencias e necesidades urxentes das que adolecen os nosos centros educativos, a maioría referentes a desperfectos, deterioro, falta de limpeza, etc. nos edificios. Como consecuencia da falta de interés e efectividade por parte dos organismos públicos competentes, cando, individualmente por parte de cada centro afectado se lles reclamou algunha solución, acordamos a creación dunha Coordinadora de ANPAs a nivel Vilagarcía, da que nós,a ANPA do colexio O Piñeiriño, imos formar parte xunto coas de A Lomba, o Anexo, o Arealonga, A Escardia, Rubiáns, Vagalume, Carril e Vilaxoán. Agardamos acadar maior éxito actuando de forma conxunta, así como levar a cabo accións e actividades en beneficio de tódolos rapaces dos nosos centros. Manterémosvos informados.

VOLTAMOS O 9 DE XANEIRO-FELICES VACACIÓNS

VOLTAMOS O 9 DE XANEIRO-FELICES VACACIÓNS

Dende aquí queremos felicitar a toda a comunidade educativa do C.E.I.P O Piñeiriño. Qué pasedes todos unhas felices vacacións! e non esquencer que o día 09 de xaneiro do ano que ven voltamos.

 

FESTIVAL,CABALGATA E BOLECHAS

FESTIVAL,CABALGATA E BOLECHAS

Lembramos que os/as nenos/as que van actuar no festival do auditorio o sábado 21, deberán estar alí ás 16 hs, vestidos e maquillados tal e como foron ao festival do cole. Recollerémolos na entrada lateral.O festival comeza ás 17 hs e podedes asistir todos os que queirades (pais, irmáns, avós, tíos, amigos...). Ao remate do mesmo,  irán saindo  pola mesma porta, comezando polos máis pequenos e rematando polos maiores.   

Os que se apuntaron para a Cabalgata do día 5 de xaneiro, teñen que estar en Vistalegre, polas inmediacións do colexio das Filipenses ás 18 hs, para ser recibidos polas SSMM os Reis Magos antes do comezo da mesma. Os traxes tedes que devolvelos o primeiro día de colexio, despois das vacacións.

Lembrade que o sábado 21 os rapaces que participamos na cabalgata temos a oportunidade de ver o espectáculo dos Bolechas ! Ás 12:15 no Auditorio estaremos esperándovos.


¡Que pasedes unhas Boas Festas!

           A Xunta directiva da ANPA O Piñeiro

REUNIÓN PAIS E NAIS COLABORADORES FESTIVAL

REUNIÓN PAIS E NAIS COLABORADORES FESTIVAL

Mañán as 09:30 quedamos na entrada do colexio para falar acerca do festival, os pais que se ofreceron como colaboradores.

Graciñas a todos. Xa queda menos para o gran día.Temos que encher o auditorio.

NOTA ACLARACIÓN DO FESTIVAL DO AUDITORIO

NOTA ACLARACIÓN DO FESTIVAL DO AUDITORIO

Dado que, según parece, puideron surxir dúbidas con respecto á participación no
festival de Nadal no Auditorio, queremos aclarar que: O FESTIVAL É PARA TÓDOLOS ALUMNOS DO COLEXIO O PIÑEIRIÑO, SEXAN OU NON, SOCIOS DA ANPA. Necesitamos que os rapaces e rapazas que queiran formar parte del, se apunten para dispoñer de toda a información para organizalo da mellor forma posible.

Podedes facelo das seguintes formas:


1) Engadindo o nome e curso do/a neno/a na lista que hai durante estes días no taboleiro de anuncios itinerante da entrada.


2) Comunicándollo a calquera membro da Xunta Directiva da ANPA en persoa.

3) Por mensaxe privada na nosa páxina de facebook Anpa Piñeiro do CEIP Piñeiriño.


4) Por correo electrónico á seguinte dirección: anpa.opineiro@nontedurmas.org

¡ANÍTMATE E PARTICÍPA!

** Tamén podedes deixar as vosas consultas se tedes algunha dúbida debaixo deste post a través dun comentario **


Aproveitamos para comunicarvos que as persoas que se apuntaron para participar na Cabalgata de Reis, deberán recoller os seus traxes o próximo martes día 17 de decembro na entrada do colexio, en horario de 9.30 hs. a 10 hs. ou de 14 hs. a 14.30 hs.

RESULTADOS DE LA ENCUESTA

RESULTADOS DE LA ENCUESTA


1) ¿Es tu flia. socia del ANPA?
    SÍ: 63,79%
    No: 27,59%
    No contestó: 8,62%
  
2) Medios a través de los cuales recibes información habitualmente:
   Sólo circular: 51,72%
   Circular y comentarios informales: 7%
   Circular y Facebook: 6,97%
   Circular y blog : 5,16%
   Circular y otros (whatsapp reenviando informac. del blog): 5,16%
   Circular, blog y Facebook: 3,44%
   Sólo otros: 3,44%
   No contestó: 3,44%
   Sólo blog: 1,72%
   Sólo Facebook: 1,72%
   Circular, blog y comentarios informales: 1,72%
   Circular, Facebook y comentarios informales: 1,72%
   Sólo otros: 0%
 
3) ¿En qué medida te consideras informado?
   1: 6,97%
   2: 18,92%
   3: 37,84%
   4: 22,36%
   5: 13,76%
 
4) ¿Sabes q el ANPA tiene representación en el Consejo Escolar?
   1: 10,32%
   2: 8,62%
   3: 12,04%
   4: 24,08%
   5: 43%
   
 
5) La información que recibo acerca del trabajo gral. que realiza el ANPA es:
   1: 18,92%
   2: 25,80%
   3: 30,96%
   4: 17,2%
   5: 5,16%
   No contestó: 1,72%
 
6) Las actividades extraescolares del ANPA las valoraría:
   1: 10,32%
   2: 8,62%
   3: 25,8%
   4: 41,28%
   5: 13,76%
   
7) Plan Madruga: grado de satisfacción si eres usuario:
  1: 40%
  2: 20%
  3: 20%
  4: 20%
  5: 0
 
8) ¿Te gustaría q se hicieran pequeñas rutas de senderismo padres e hijos el fin de semana?
  1: 13,76%
  2: 1,72%
  3: 18,92%
  4: 30,96%
  5: 32,68%
  No contestó: 1,72%
  
 9) Valora las fiestas del ANPA:
  1: 8,62%
  2: 6,97%
  3: 27,59%
  4: 37,84%
  5: 13,76%
  No contestó: 5,16%
  
 
10) ¿Te gustaría que la fiesta de fin de curso se repitiera este año?
  1: 8,62%
  2: 1,72%
  3: 12,04%
  4: 20,64%
  5: 49,88%
  No contestó: 6,97%
 
11)Coincidiendo con el fin del curso escolar, se realiza siempre una excursión a la Illa de Ons. ¿Te gustaría q se siguiese realizando?
  
  Sí: 24% 
  La opción NO pero sin dar alternativas:5 %
  No contestó: 8%
  Alternativas:
  - A otros lugares: 
  - Marcelle Natureza (Outeiro de Rei)
  - Cíes
  - Sálvora
  - Parque acuático Cerceda
  - Zoo Vigo
  - Acuario A Coruña
  - Acuario O Grove
  - Parques
  - Manzaneda
  - Cortegada
  - Corrubedo
  - Outro lugar con Praia e monte
 
12) ¿Te parece sencillo hacer sugerencias?
  1: 20,64%
  2: 20,64%
  3: 29,24%
  4: 10,32%
  5: 13,76%
  No contestó: 5,16%
   
13) ¿Se llevan a cabo las sugerencias que realizas?
  1: 18,92%
  2: 15,48%
  3: 27,59%
  4: 1,72%
  5: 3,44%
  No contestó: 32,68%
 
14) ¿Recibes contestación cuando realizas una sugerencia?
  1: 24,08%
  2: 8,62%
  3: 24,08%
  4: 8,62%
  5: 5,16%
  No contestó: 29,24%
  

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 11 DECEMBRO

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 11 DECEMBRO

 Queridas familias:

                                   Convocámosvos á próxima Asamblea Xeral Extraordinaria que se celebrará no salón de actos do colexio o vindeiro mércores 11 de decembro ás 17:00 h.

Nela se seguirá a seguinte orde do día:

-          Lectura e aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.

-          Lectura das contas e o estado económico actuais.

-          Festival de Nadal no Auditorio.

-          Participación na Cabalgata de Reis.

-          Seguro Escolar.

-          Resultados e valoracións das enquisas.

-          Rogos e preguntas.

    Dada a importancia dos temas a falar, pregamos a máxima concurrencia posible para que todas as dúbidas que teñades podan ser solucionadas no momento.

    ********Aproveitamos para lembrarvos que é moi importante que confirmedes a sistencia dos/as vosos/as fillos/as ao festival do día 21 no Auditorio, introducindo o resgardo da pasada circular na urna que se atopa no vestíbulo do colexio ata o luns día 9 de decembro*********

    Un saúdo da Xunta Directiva da ANPA OPiñeiro.

FESTIVAL DE NADAL DO COLE NO AUDITORIO

FESTIVAL DE NADAL DO COLE NO AUDITORIO

  Aprezadas familias:

                    Dirixímonos a vós para contarvos que este ano os pais e nais do noso cole, imos poder presenciar o festival de Nadal dos nosos fillos. ¿Cómo? Pois da seguinte maneira:

  No colexio van representar como sempre o seu festival dirixido aos propios alumnos os días 19 e 20 de decembro, pero o 21, por iniciativa da ANPA, os nenos/as realizarán as mesmas actuacións ¡NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA!

  Para que isto se poida levar a cabo, a Xunta Directiva non pode facelo soa, así que, por motivos de organización,  imos necesitar dous ou tres pais ou nais por cada clase para que se fagan cargo dela o día do espectáculo. Contamos co apoio dos mestres e do equipo directivo, consentindo que un pai ou nai por aula asista a presenciar o festival do cole para coñecer de primeira man o que o seu grupo vai representar (qué van cantar, cómo se van colocar, cómo irán vestidos, etc.) para logo dirixilos e acompañalos no Auditorio, xa que os docentes ese día non se farán cargo dos rapaces, ainda que dende aquí os invitamos a que asistan como espectadores, se o desexan.

  Recalcamos que SÓ PODERÁ ACUDIR A VER A ACTUACIÓN NO COLEXIO, AQUELA PERSOA QUE SE VAI FACER CARGO DA ACTUACIÓN DA SÚA CLASE O DÍA DA REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO.

  Por parte do colexio nos proporcionarán a música, o programa, e todo o que faga falla para extrapolar ao Auditorio a actuación que fagan no centro.

  O evento terá lugar o sábado 21 de decembro ás 17 hs, ainda que os meniños e meniñas deberán estar no propio  Auditorio ás 16 hs, completamente preparados para a actuación (vestidos e maquillados, se é o caso).

  Por todo elo, pedimos a vosa colaboración para que cubrades o resgardo que atoparedes abaixo, confirmando a presencia do/s voso/s fillo/s.

  Asimesmo, precisamos que nos comuniquedes se desexades ser un dos pais e nais que se encarguen dunha clase e se queredes ser o que asista ao festival do cole para logo axudar ao voso grupo no Auditorio. Neste senso, aclaramos que en caso de recibir máis dunha petición para unha mesma clase, a elección faráse por sorteo diante de vós, na Asamblea Xeral de socios do día 11 de decembro, para a cal enviarémosvos a pertinente convocatoria.

  Podedes depositar o resgardo cuberto na furna que atoparedes no vestíbulo do colexio ata o 9 de decembro.

  Podedes facernos chegar as vosas dúbidas a través do noso e-mail ( anpa.opineiro@nontedurmas.org), blog (http://anpaopineiro.blogia.com/), facebook (Anpa Piñeiro do CEIP Piñeiriño) ou en persoa a calquera membro da Xunta Directiva da ANPA.

  Recibide unha agarimosa aperta da Xunta Directiva da ANPA O Piñeiro -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ASISTENCIA AO FESTIVAL DO AUDITORIO DO DÍA SÁBADO 21 DE DECEMBRO DE 2013

NOME DO NENO E CURSO (especifica a letra da clase: A ou B):

CUBRE OS SEGUINTES DATOS SE QUERES COLABORAR NA ORGANIZACIÓN DUN GRUPO NO AUDITORIO:

O TEU NOME E Nº DE TELÉFONO:

CLASE Á QUE PREFERENTEMENTE DESEXAS ACOMPAÑAR:

¿QUERES ENCARGARTE DA ACTUACIÓN DESA CLASE, E POLO TANTO, IR AO FESTIVAL DO COLEXIO?  SÍ    NON   

******* MOI IMPORTANTE CONFIRMAR ASISTENCIA************

DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS

DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS
 

Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de infantil e primaria. Os nenos/as terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida.

Os nenos poden participar a través de dúas vías:

desde o cole

O profesor de cada aula deberá entrar na sección Participo desde o cole e seguir as instrucións, é moi doado! Poden participar todas as clases que o desexen.

O colexio poderá gañar...

Un gran premio de 3.000 euros(ingresado nunha conta de Novagalicia Banco). Ademais todos os colexios teñen un agasallo seguro só por participar: un lote de cadernos de actividades dos Bolechas cheos de xogos e diversión.


Caderno de actividades dos Bolechas

 

desde a casa

Se o seu fillo/a xa participou co seu colexio recibirá unha folla informativa coas indicacións para optar aos premios individuais.

Aínda que o seu fillo non participase co seu colexio pode facer un debuxo para participar no sorteo dos premios individuais. Entre na sección Participo desde a casa e siga as instrucións.

Poderá gañar...

Unha das 60 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (12 tomos+mulecha), un dos30 premios de 60 euros ou un dos 30 premios de 30 euros (os premios económicos serán ingresados nunhaconta Netclub de Novagalicia Banco).

Biblioteca Básica Os Bolechas + Mulecha                              20131127154745-prazo.png    

“Os Axóuxeres” regresan ao Auditorio cun espectáculo para nenos de ata 6 anos a cargo de Caramuxo Teatro

“Os Axóuxeres” regresan ao Auditorio cun espectáculo para nenos de ata 6 anos a cargo de Caramuxo Teatro

“Os Axóuxeres” regresa en decembro a Vilagarcía para divertir e introducir na lingua galega aos máis pequenos da casa co espectáculo “A festa da música, dos xogos e das palabras” que porá en escena a compañía Teatro do Caramuxo. A actuación será o domingo, 1 de decembro na sala de conferencias do Auditorio e a entrada é libre e de balde previa inscrición chamando ao teléfono 610 641 570 de luns a venres e en horario de 10 a 14 horas.

 Os Axóuxeres é un programa promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que pon en marcha a través da Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello de Vilagarcía. Trátase dun programa lúdico educativo que pretende fomentar o uso do galego na vida cotiá dende a máis tenra infancia. Por iso os seus espectáculos están pensado para nenos pequenos e as súas familias. 

Caramuxo teatro presenta para o programa “os Axóuxeres” un espectáculo para nenos e nenas de ata 6 anos de idade e para as súas familias. Durante 35 minutos cóntanse historias adaptadas aos máis pequenos, mesturadas con apoio musical e con cancións especificamente creadas para a montaxe que implican directamente a participación das familias.
O espectáculo ten unha duración de 35 minutos e preséntase como un espazo onde gozar xuntos e abrirse ao descubrimento do mundo en galego

“A Festa da música, dos xogos e das palabras” fala das casas, das aldeas, das cidades. De como as cosas cambian, medran, evolucionan, en con elas a forma de relacionarse as persoas tamén mudan. Partindo dunha casa de madeira construída nunha aldea que logo converteuse en cidade, os seus habitantes contan como antes non tiñan veciños e agora contan cunha recua deles, todos diferentes, todos interesantes e dos que todos se aprenden.

Fuente:concello Vilagarcía

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN  CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS

                           
MARTES 26 DE NOVEMBRO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS
e para tratar o seguinte tema:

Panel sobre prevención de toxicomanías e outras dependencias.

Dita Escola está especialmente dirixida aos pais/nais nun acto aberto a toda a Comunidade Educativa. Estará coordinada porXermán Manoel Torres, orientador do noso centro e contará coa participación de Ánxeles Bravo, da área de prevención do SPAD de Vilagarcía e de Francisco Fernández, director de Cáritas de Arousa.
Información:http://pineirinoorienta.blogspot.com.es

SOBRE O SEGURO ESCOLAR DA ANPA

SOBRE O SEGURO ESCOLAR DA ANPA

Despois do interese dos pais polo seguro escolar da ANPA e revisadas as condicións de dito seguro, informamos:

 

            O centro CEIP O Piñeiriño carece de seguro escolar, sendo o seguro de cada neno (privado ou Seguridade Social), o que se faga cargo de calquera necesidade sanitaria derivada dun accidente no centro ou actividades escolares. Por este motivo, despois de consultar a compañía do seguro; a ANPA decidiu aumentar a póliza de dito seguro para os NON SOCIOS.

            Tarifas do seguro de asistencia sanitaria en caso de accidentes:

 

Socios ANPA--------------------6  Euros /neno

            Non socios ANPA:    1 NENO--------15 Euros

                                         2 NENOS------20 Euros

                          3 NENOS OU MAIS--- 6Euros/neno

 

Garantías contratadas

Suma asegurada

Franquicia

Edad máxima

Muerte por accidente

6.000 €

 

75

Incapacidad permanente según baremo por accidente

6.000 €

 

75

Asistencia sanitaria Libre elección por accidente

600 €

 

75

Asistencia sanitaria en Centros recomendados por accidente

Incluida

 

75

Muerte por infarto de miocardio

6.000 €

 

65

Orfandad

6.000 €

 

75

Muerte por agresión

6.000 €

 

75

Gastos de tramitación y sepelio

1.500 €

 

75

Gastos de repatriación por fallecimiento en el extranjero

3.000 €

 

75

Rotura de gafas

150

75

 

Material de prótesis

(ortopedia, aparatos acústicos, etc.) y gastos para la odontología por accidente

1.200

 

 

Operaciones de Salvamento o búsqueda y transporte de accidentado

1.200 €

 

 

Asistencia de viaje básica

Incluida

 

 


¡TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS!

¡TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS!

 

    Queridas familias:

                                 ¡TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS!

    A primeira delas é que queremos estar máis preto de vós, pais e nais, e para iso o primeiro venres de cada mes (ou o segundo, se o primeiro caese en festivo) algún membro da xunta directiva do ANPA estará en persoa na entrada do cole en horario de 9.30 a 10 hs. para que a través del poidades solucionar dúbidas, facernos chegar suxestións, queixas, comentarios… calquera cousa que nos queirades transmitir.

                                    MAGOSTO

     Asimesmo, queremos convidarvos a que nos acompañedes na celebración dun Magosto que terá lugar no patio de abaixo do colexio (o de Ed. Infantil), este venres 15 de novembro de 16.30 a 19.30 hs.

    Trátase de pasar unha tarde xuntos compartindo castañas asadas, bailes e xogos populares. A quen non lle gusten as castañas que non se preocupe que algunha  outra cousiña haberá para picar e beber.

    Ademáis das familias, tamén invitamos aos mestres e ó equipo directivo do centro a que estean connosco nesta festa.

 

     CABALGATA DE REIS

     Por outra banda comunicámosvos que o ANPA O Piñeiro quere participar na Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro de 2014 ás 19 hs. polas rúas de Vilagarcía. O camiño faráse a pé. Para elo contamos cos traxes de pastorciño e pastorciña utilizados noutros anos.

É imprescindible que os nenos menores de 7 anos (Ed. Infantil e primeiro de Primaria) vaian acompañados durante todo o percorrido por un adulto. Aos máis pequenos poderedes levalos na silla se considerades que non van aguantar todo o camiño andando.  Os pais dos nenos de 7 anos en diante tamén poden ir ó seu carón, se así o desexan. Temos traxes de maiores por se queredes ir disfrazados. Se estades interesados anotádevos cubrindo e recortando o seguinte cupón e depositándoo na furna que estará na entrada do colexio para tal fin.

 

Lembrámosvos que ata o venres 15 de novembro en horarios de 9.30 a 10 hs. e de 14 a 14.30 hs. algúns de nós estaremos presencialmente no centro cobrando o seguro escolar, a cuota da ANPA  e para escoitar e atender calquera cousa que nos requirades.

 

Recibide unha agarimosa aperta da Xunta Directiva do ANPA O Piñeiro

 

 

                                     PARTICIPACIÓN NA CABALGATA DE REIS

 

     NOME DO/S NENO/S E CURSO:

 

 

     Dinos se necesitas disfrace de adulto:  SÍ , feminino      SÍ, masculino         NON

O concurso de carteis da Cabalgata de Reis ábrese a todos os nenos e nenas do municipio de 7 a 11 anos

O concurso de carteis da Cabalgata de Reis ábrese a todos os nenos e nenas do municipio de 7 a 11 anos

A elección do cartel da Cabalgata de Reis deste Nadal chega con novidades. Como sempre, será un neno ou nena do municipio o autor da imaxe coa que se anunciará o esperado evento, e tamén como sempre a elección farase polo sistema de concurso. O cambio é que en lugar de realizar unha convocatoria a través dos centros educativos, a Concellería de Cultura optou por abrir o certame a toda a poboación infantil de xeito que calquera neno que o desexe poida presentar o seu debuxo.

Con este cambio preténdese que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de que o seu debuxo serva de invitación aso actos que presidirán os Reis Magos en Vilagarcía, algo que a todos os nenos lles fai moita ilusión e que co sistema anterior de concurso escolar esta posibilidade se vía limitada a que o centro decidise participar e ao cursos que cada un dos colexios determinase.

Agora, poderán participar a título individual nenos e nenas de 7 a 11 anos de idade aque estena empadroados no municipio. Non poderán presentarse traballos en grupo, pero cada participante poderá presentar o número de debuxos que queira. Os únicos requisitos son que os carteis deben elaborarse en formato DIN A 4, incluír na composición o texto “Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 hora” e presentarse na Concellería de Cultura (no Auditorio) de martes a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas ata o 11 de decembro incluído. O prazo ábrese hoxe.

Segundo as bases, que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web, os debuxos non poderán ir firmados nin levar o nome. Estes datos deberán poñerse no reverso do cartel, facendo constar no e apelidos, enderezo e número de teléfono.

Un xurado elixirá o cartel gañador e o seu autor recibirá un premio consistente nun pack de pintura. Ademais do recoñecemento público, o cartel anunciador da Cabalgata incluirá unha breve reseña do autor do debuxo.

Fuente:Concello Vilagarcía

ENQUISA ANPA O PIÑEIRO

ENQUISA ANPA O PIÑEIRO

Recordade que aínda podedes entregar a enquisa. Animamos a todos a que participedes, a vosa opinión é moi importante.

¿Aínda non eres socio? Achégate xunto calquera membro da xunta directiva, que está estos días na entrada do colexio ou ben podes facelo no número de conta que ten a Anpa en Novagalicia-Banco nº 20805542273040000100.Cuota anual 15 €/ familia.Seguro socios 6€/niño

12ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: ?Cidadanía e convivencia dixital?

12ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: ?Cidadanía e convivencia dixital?

O vindeiro 16 de novembro celebrarase, nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a 12ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: ?Cidadanía e convivencia dixital?, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta .

 

Neste enlace tedes toda a información:

 http://igualdade.xunta.es/gl/eventos/xii-xornada-de-nais-e-pais-educando-en-igualdade-cidadania-e-convivencia-dixital