Blogia
ANPA O PIÑEIRO - Do C.E.I.P O Piñeiriño

EXCURSIÓNS ANPA 2019 - PARQUE ACUÁTICO AMARANTE E ONS

EXCURSIÓNS ANPA 2019 - PARQUE ACUÁTICO AMARANTE E ONS

 

     Este fin de curso temos dúas excursións programadas. As dúas son gratuitas para SOCIOS (nenos, irmáns e pais), mais é necesario que se apunten (só os socios) depositando a ficha correspondente no buzón da Anpa ANTES DO  MÉRCORES 15 DE MAIO, xa que ambas teñen prazas limitadas. As prazas se cubrirán por orde de recepción de solicitudes.

 

    Se quedan prazas sen cubrir, procederáse a sacalas á venda aos NON SOCIOS, avisando delo vía Facebook e nos tablóns de anuncios do cole.  A data de cobro para eles será o luns 20 DE MAIO de 9:30 a 10 hs por orde de chegada ata completar aforo. Deben aportar nome, apelidos, número de DNI e data de nacemento de cada un, por esixencia das administracións correspondentes.

 

    Pedímosvos que unha vez anotados, se por algún imprevisto non podedes acudir, avisedes a calquera membro da directiva, ou ben vía correo electrónico a anpa.opineiro@nontedurmas.org , ou por privado ao noso Facebook Anpa Piñeiro do CEIP Piñeiriño, por se houbese lista de espera.

    Todos os nenos irán acompañados por algún adulto que se responsabilice deles!!!

 

1) Domingo 9 de xuño: Excursión á Illa de Ons. A travesía dura uns 45 minutos.

    SAÍDA: ás 10 hs. do peirao de PORTONOVO.  Hai que estar presentes 15 minutos antes.

    REGRESO: saída de Ons ás 19:30 hs.

 

    No caso de que sobren prazas para NON SOCIOS, o prezo para eles será de 5€ os nenos (ata 12 anos) e de 10€ os adultos (de 13 anos en diante). 

    A excursión inclúe o traslado en catamarán Portonovo-Ons-Portonovo. En caso de mal tempo, a excursión poderá ser anulada, xa que non nos garantizan outra data para aplazala.

 

2) Sábado 15 de xuño: Excursión ao Parque acuático de Amarante (Portugal).

    SAÍDA DO COLEXIO ás 10 hs. Hai que estar presentes 15 minutos antes. A viaxe dura dúas horas e media aproximadamente.

    REGRESO: sáese do parque ás 20 hs. (hora española). 

 

    No caso de que sobren prazas para NON SOCIOS, o prezo para eles será de 7€ os nenos (ata 11 anos) e de 15€ os adultos (a partir de 12 anos). 

    A excursión inclúe o desprazamento en autobús e a entrada ao parque acuático.

    Para comer, o recinto conta con bares de comida rápida e zona verde para pic-nic se preferides levar a comida. As normas do parque non permiten a entrada de coitelos metálicos nin envases ou vasos de vidro, así como de sombrillas,  cortaventos, colchonetas, balóns ou cadeiras. Proporcionan a posibilidade de alugar sombrillas e tumbonas a 2€.

    En caso de mal tempo, a excursión poderá ser aplazada. Avisaríamos da nova data polos cauces habituias. 

    Un saúdo.

    A xunta directiva da ANPA.

 

---------------------------------------------------------  RECORTAR    --------------------------------------------------------

 

NENO/S SOCIO/S

Nome e apelidos:                                                        Data nacemento:                  Curso/clase:

Nome e apelidos:                                                        Data nacemento:                  Curso/clase:

 

ACOMPAÑANTES

Nome/apelidos:                                                      DNI:                Data nac.:             Parentesco:

Nome/apelidos:                                                      DNI:                Data nac.:             Parentesco:

Nome/apelidos:                                                      DNI:                Data nac.:             Parentesco:

 

TELÉFONOS DE CONTACTO:____________________________ 

 

(Marcar a/s excursión/s á/s que se apuntan)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

0 comentarios